Vanguardia Gallega
Vanguardia Gallega foi un diario vespertino editado en Lugo entre 1931 e 1933.
Vanguardia Gallega | |
---|---|
Fundación | 1931 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Lugo |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Diario de la República, apareceu o 6 de outubro de 1931. Fundado polos irmáns Juan Antonio e Evaristo Correa Calderón, estaba dirixido por Juan Antonio Correa Calderón. Foi un dos poucos periódicos verdadeiramente republicanos, liberais e laicos e situábase politicamente nunha posición de centro, próximo ao Partido Galeguista. Contou entre os seus colaboradores con Alexandre Bóveda, Víctor Casas, Ramón Otero Pedrayo, Valentín Paz-Andrade, Luís Pimentel, Juan Rof Codina, Castelao e Ramón Suárez Picallo. Concedeulle bastante espazo aos temas culturais e educativos e aos problemas económicos do campo galego. Cesou a súa publicación o 28 de maio de 1933.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Vanguardia Gallega". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Pérez Pais, Carmen (2005). "Vanguardia Gallega". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 609. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.