Vermudo III

Rei de Galiza
(Redirixido desde «Bermudo III»)

Vermudo III[1] foi rei da Galicia altomedieval[a] e do Reino de León[b] entre os anos 1028 e 1037.

Vermudo III
Rei de Galicia
Rei de León
Bermudo III de León (Ayuntamiento de León).jpg
Retrato imaxinario do rei Bermudo III.

Reinado1028 - 1037
Nacemento1017
Falecemento4 de setembro de 1037
Batalla de Tamarón
SepulturaPanteón de Reis de San Isidoro de León
  • Mosteiro de Santa María la Real de Nájera
PredecesorAfonso V o Nobre
SucesorFernando I de León
DescendenciaAfonso (1030-1030)
ProxenitoresAfonso V o Nobre

Vermudo III of León signature.svg
Na rede
WikiTree: León-818

TraxectoriaEditar

Fillo do rei Afonso V o Nobre e a aristócrata galega Elvira Meendiz, casou con Ximena, filla de Sancho García, conde de Castela, e irmá da esposa de Sancho III O Maior de Navarra.

Herdou o goberno de Galicia (León), con apenas 17 anos de idade, sendo recoñecido como imperator in Gallecia", é dicir, "emperador en Galicia"[2], desde a cidade de León -entón capital do reino- tivo que facer fronte ás reclamacións territoriais que o reino de Navarra mantiña sobre o condado de Castela.

Tentou por esta razón propiciar un matrimonio entre a súa irmá, Sancha co conde castelán García Sánchez de Castela. Ao ser asasinado o conde castelán nas vésperas da voda pola familia rival (a familia Vela), herda o condado de Castela o rei navarro Sancho III O Maior que o cede ó seu fillo Fernando quen remata por casar con Dona Sancha. O feito de que o xove Vermudo III encabezase a primeira liña da carga de cabalería e morrera dunha lanzada, permitiu aos navarros e casteláns vencer na batalla de Tamarón. Coa morte de Vermudo III, o trono galego recae na súa irmá, Sancha, que sería coroada como raíña. Finalmente, o casamento de Fernando propiciará que este sexa considerado "rei consorte" de Galicia (León).

NotasEditar

  1. Segundo a historiografía galega.
  2. segundo a historiografía tradicional castelá.
Referencias
  1. "Vermudo". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2158. 
  2. Documento do ano 1029. San Juan de la Peña. [1][Ligazón morta].

Véxase taménEditar

  Os reis e as raíñas da Galiza.
  Vermudo III. Un rei galego de principio a fin.
(Nós Diario, 06.10.2022)

Outros artigosEditar

Reino de Galiza

Segue a:
Afonso V
Vermudo III
Precede a:
Sancha I
Dinastía dos Ordoñez (910-1037)