Unha hoste era en España durante a Idade Media, a reunión de homes armados formando un exército tras o chamamento de prelados ou rico-homes, co obxectivo de realizar expedicións ou acudir á guerra. Formábano mesnadas de vasalos, cabaleiros, ordes militares e príncipes estranxeiros.

Xunto a elas combatían en ocasións outros homes armados con relacións de vasalaxe puramente bélicas, co obxectivo de conseguir beneficios sociais ou económicos das súas vitorias.

Nun principio toda a poboación estaba obrigada a formar parte das hostes, sendo máis selectivos co paso do tempo, segundo mellorábanse as técnicas de combate.

Creación do termoEditar

Ao comezo da Idade Media, non existía unha palabra concreta para denominar estes grupos de persoas con obxectivos militares. No galego medieval vacilaba entre as formas oste e hoste e xa aparece con ese significado nas Cantigas de Santa María[1].

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar