Unha mesnada era, en España durante a Idade Media, a reunión de homes armados pertencente a un ricohome, consello, parroquia ou distrito que formaba a unidade orgánica da hoste ou exército.

Esta voz era puramente orgánica e diferénciase da az, ou aaz, en que a mesnada, era un corpo, un anaco, unha división da hoste e a az, era unha unidade táctica no campo de batalla.

Véxase tamén editar

Organización dos Irmandiños

Notas editar

  • Jose Almirante - Diccionario militar, 1869, Madrid.