Camiño real
páxina de homónimos de Wikimedia
(Redirixido desde "Camiño Real")
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de camiño |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de real |
Na antigüidade, un camiño real era unha vía de comunicación de grande importancia construído pola coroa ou a igrexa.
En Galicia existían os seguintes camiños reais:
- Camiño e Plantío Real (século XVIII), camiño de roda arborado que uniu Pontevedra e A Coruña con Santiago de Compostela, a partir da rede viaria romana e os camiños castrexos. Nas súas beiras atopábanse fontes, reloxos de sol e zonas de descanso. A súa construción incluíu a de varias pontes coma a Ponte Barosa, Ponte do Cárcere, Ponte Malvar e a Ponte Vedra[1] e foi ordenada polo Arcebispo Malvar[2]. Este vial evolucionaría posteriormente na estrada N-550[3][4]
- Camiño Real da Coruña (1761), unía Madrid co porto da Coruña.[5] Ata entón todo o transporte entre Galicia e Castela facíase a pé (o cal deu lugar á profesión do arrieiro) ou na parte traseira dunha mula por camiños de ferradura, ao contrario que os camiños de roda que permitían circular carros e carretas.[6] Percorríase entre 8 e 9 días con bo tempo e entre 16 e 20 días con climatoloxía adversa.[6][7] Posteriormente converteríase na estrada xeral nº7[8]. Estaba sinalizado con fitos miriamétricos cada 10 quilómetros.[9]
- Camiño Real entre Tui e Baiona[10]
Como topónimo, Camiño Real pode referirse a:
- Camiño Real, lugar da parroquia de Bermés, no concello de Lalín;
- O Camiño Real, lugar da parroquia de Aro, no concello de Negreira;
- O Camiño Real, lugar da parroquia de San Martiño de Pacios, no concello de Begonte;
- O Camiño Real, lugar da parroquia de Belesar, no concello de Vilalba.
NotasEditar
- ↑ "El puente de Cerponzóns". Diario de Pontevedra. 28/10/2015.
- ↑ "A historia do Arcebispo Malvar e as súas raíces de Cerponzóns". Roque de Cerponzóns. 15/10/2016.
- ↑ "A carretera N-550". O Roque de Cerponzóns.
- ↑ "Cerponzóns: o Camiño Real do século XVIII pasa por Cerponzóns". 28/09/2014.
- ↑ "Camino real o carretero". La Voz de Galicia. 12/02/2005.
- ↑ 6,0 6,1 "Nacional VI, la carretera de Vigo". La Voz de Galicia. 02/12/2012.
- ↑ https://www.docutren.com/HistoriaFerroviaria/PalmaMallorca2009/pdf/050107_Lindoso.pdf
- ↑ http://elferial49.blogspot.com/2014/09/benavente-cruce-de-caminos-2.html
- ↑ http://patrimoniogalego.net/index.php/94255/
- ↑ http://ferruxo.blogspot.com/2014/06/caminos-medievales-desde-tui-2-parte.html