Antolín López Peláez
Antolín López Peláez, nado en Manzanal del Puerto (Villagatón, provincia de León) o 31 de agosto de 1866 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1918, foi un bispo e escritor español.
Antolín López Peláez | |
---|---|
![]() | |
Arcebispo da Igrexa católica latina | |
Biografía | |
Nacemento | 31 de agosto de 1866 en Manzanal del Puerto, Villagatón, provincia de León |
Pasamento | 22 de decembro de 1918, en Madrid |
Arcebispo de Tarragona | |
1913 - 1918 | |
Predecesor | Tomàs Costa i Fornaguera |
Sucesor | Francisco Vidal Barraquer |
TraxectoriaEditar
O pai era garda civil destinado en Manzanal del Puerto. Toda a súa familia paterna era de Noceda del Bierzo, onde viviu de neno algúns anos e foi á escola. Gañou unha bolsa para estudar no seminario de Astorga e fixo a carreira eclesiástica. Ordenado sacerdote, foi nomeado ecónomo de Mombuey e, posteriormente Maiordomo do seminario de Astorga. En 1890, con 23 anos, foi Cóengo Maxistral de Lugo, onde ademais de dedicarse ao profesorado, foi polemista na prensa católica. Colaborou en Revista Gallega. Permaneceu en Lugo seis anos e foi despois Doutor da Metropolitana de Burgos. En 1905 foi nomeado bispo de Jaca e elixido senador pola súa provincia eclesiástica ata ser elixido arcebispo de Tarragona en 1913.
Investigador e historiador da igrexa de Lugo, pertenceu ás Reais Academias da Lingua, da Historia, de Belas Artes, e das Ciencias Morais e Políticas.
ObrasEditar
- Las aras de la catedral de Lugo.
- La exposición continua del Santísimo en la santa iglesia catedral de Lugo, 1892.
- El darwinismo y la ciencia.
- El Pontificado y el actual pontifice: libro escrito con motivo del jubileo episcopal de León XIII, 1893.[1]
- Historia del culto eucarístico en Lugo.
- El monasterio de Samos, 1894.
- Historia de la enseñanza en Lugo.
- Los benedictinos de Monforte, 1895.
- El gran gallego (Fr. Martín Sarmiento), 1895, Biblioteca Gallega.
- El señorío temporal de los obispos de Lugo.
- Las poesías de Feijoo, sacadas á luz con un prólogo de Antolín López Peláez, 1899.[2]
- Los escritos de Sarmiento y el siglo de Feijoo, 1901, Biblioteca Gallega.[3]
- El Derecho español en sus relaciones con la Iglesia, 1902.
- Los daños del libro, 1905.
- La importancia de la prensa, 1907.
- El gran rotativo católico, 1911.
- Vida póstuma de un santo (el culto de San Froilán), 1911.
- Museos diocésanos. Discurso en la inauguración del de Tarragona, 1914.
- La lucha contra la usura, 1917.
Predecesor: - |
Bispo de Jaca 1905 – 1913 |
Sucesor: - |
Predecesor: Tomàs Costa i Fornaguera |
Arcebispo de Tarragona 1913 – 1918 |
Sucesor: Francisco Vidal Barraquer |
NotasEditar
- ↑ El Pontificado y el actual pontifice en Galiciana.
- ↑ Las poesías de Feijoo Arquivado 22 de outubro de 2016 en Wayback Machine. en Galiciana.
- ↑ Los escritos de Sarmiento y el siglo de Feijoo en Archive.org
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antolín López Peláez |
BibliografíaEditar
- López Valcárcel, Amador (2005). "López Peláez, Antolín". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.