Felipe Arias
Felipe Arias Vilas, nado en Lugo o 5 de xullo de 1949, é un arqueólogo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xullo de 1949 (75 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Romanización de Galicia |
Ocupación | funcionario, escritor, mestre, arqueólogo |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela Xunta de Galicia |
Membro de | |
Traxectoria
editarLicenciado en Filosofía e Letras (sección Xeografía e Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela (1971). Foi Premio Extraordinario de Licenciatura coa Tese sobre a Muralla Romana de Lugo. Foi profesor de Historia e Arqueoloxía e bolseiro de investigación na USC (1971-1974). Participou e dirixiu proxectos relacionados coa Prehistoria e a romanización en Galicia, centrando a súa investigación no Castro de Viladonga e no Lugo romano. Foi membro fundador do Museo do Pobo Galego, é xefe da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos (CSIC), e promotor do Consello Galego de Museos. Funcionario do Corpo Facultativo de Conservadores de Museos desde 1974, é director do Museo do Castro de Viladonga. Foi Director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.
Obras
editar- Las murallas romanas de Lugo, 1972.
- Museo Provincial de Lugo, 1981.
- Castro de Viladonga, 1985.
- Museo do Castro de Viladonga, 1996
- Dicionario de termos de arqueoloxía e prehistoria, 1995 (con Ana Romero Masiá).
Obras colectivas
editar- La romanización de Galicia, 1972, Cadernos do Seminario de Sargadelos.
- Inscriptions romaines de la province de Lugo, 1979.
- Galicia: da romanidade á xermanización. Problemas históricos e culturais, 1993, Museo do Pobo Galego.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.