Nitixio

bispo de Lugo

Nitixisio, Nitixesio ou Nitixio foi un eclesiástico suevo, bispo católico de Lugo a finais do século VI.

Infotaula de personaNitixio
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor em Wikidata
MorteDespois de 585 Editar o valor em Wikidata
Bispo diocese de Lugo
570 – 585
← AgrestioBecila → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade561 Editar o valor em Wikidata - 585 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi nomeado bispo de Lugo con posterioridade ao ano 561, no que se celebrou o concilio de Braga ao que asistiu un bispo de nome descoñecido; por aquelas datas o reino suevo, tras varios anos de profesar o arianismo, practicaba o catolicismo, establecido oficialmente por disposición dos reis Carriarico ou Teodomiro e do bispo Martín de Braga. Do mesmo xeito que todas as do reino suevo, a diocese lucense foi sufragánea da de Braga ata que no concilio de Lugo celebrado o 569 determinouse que fose elevada á categoría de sé metropolitana, tendo como sufragáneas a Astorga, Britonia, Iria, Ourense e Tui. Tamén consta a asistencia de Nitixisio ao concilio bracarense do 572, en que se estableceron varios puntos sobre disciplina eclesiástica.

No ano 585 o rei visigodo Leovixildo conquistou o reino suevo e impuxo o arianismo como relixión oficial; Nitixisio foi desterrado e a diocese, novamente dependente de Braga, foi ocupada polo ariano Becila. Esta nova situación durou pouco, pois ao ano seguinte Leovixildo morreu, e o seu fillo Recaredo, de confesión católica, convocou no 589 o III Concilio de Toledo, no que se restaurou o catolicismo en todo o reino. Nitixisio, restituído na súa sede, non asistiu ao concilio, previsiblemente debido á súa avanzada idade, aínda que estivo representado no mesmo polo metropolitano de Braga Pantardo.

Suponse que Becila, que neste mesmo concilio abxurou do arianismo, sucedeulle tras a súa morte, aínda que non hai constancia diso.[1]

Notas editar

  1. Manuel Risco: España sagrada, vol.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar