Gunderico
Gunderico, nado no 379 e finado no 428, foi rei dos vándalos entre o 407 e o 428 e dos alanos no período que vai do 419 ao 428.
Gunderico | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 379 |
Lugar de nacemento | Xermania Magna |
Falecemento | 428 |
Lugar de falecemento | Sevilla |
Nacionalidade | Vándalos |
Etnia | Vándalos |
Relixión | paganismo e Arianismo |
Ocupación | rei |
Pai | Godexisilo |
Irmáns | Xenserico |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Godexisilo, rei dos vándalos asdingos, e da súa esposa Flora. Sucedeu ao seu pai, morto no último día do ano 406 combatendo contra os francos ripuarios, que defendían, como foederati do Imperio Romano, a fronteira do Rin.
Cos seus aliados suevos e a cabalaría pesada proporcionada por varios clans alanos, Gunderico derrota unha forza de 3.000 francos e forza o paso á Galia, que recorre saqueando, entre outras, cidades como Maguncia ou Amiens. Con todo, ante a presión conxunta dos francos e das tropas britano-romanas do usurpador Constantino III, vese empuxado cara o sur, cruzando os Pireneos o 409.
Dous anos despois, en 411, un tratado con Roma establecerá aos vándalos asdingos na Gallaecia Asturicensis, aos suevos en Lugo e Braga, aos alanos en Lusitania e a Cartaginensis, e aos vándalos silingos na Bética. Esta situación, porén, ha durar pouco, debido á intervención dos visigodos que, dirixidos por Walia e en calidade de "foederati" de Roma, interveñen en Hispania. O ano 417 Walia penetra na Cartaginensis e derrota aos vándalos silingos na Bética, capturando ao seu rei Fredebaldo. O 418 chégalle a vez aos alanos, cuxo rei Adax morre a mans dos visigodos. Como consecuencia de todo isto, Gunderico acabará asumindo en 419 o título de “Rex Wandalorum et Alanorum” (Rei de vándalos e alanos) e instalando ao seu pobo na Bética como "foederati".
En 422, Gunderico derrota a un exército romano que, ao mando de Castino, pretendía recuperar a Bética. Cartagena é devastada e numerosos portos do Mediterráneo caen en poder dos vándalos, que desenvolven unha frota coa que realizan incursións en Baleares e o norte de África. En 426 logran tomar Hispalis (Sevilla), onde Gunderico ha morrer dous anos despois en escuras circunstancias, sendo sucedido polo seu irmán ilexítimo Xenserico.
Reino dos vándalos | ||
---|---|---|
Segue a: Godexisilo |
Gunderico | Precede a: Xenserico |
- |