Abrir o menú principal

Godexisilo (359 - 406) foi rei dos Vándalos Asdingos. Baixo o seu mando, os vándalos, empuxados polo avance dos hunos, abandonaron Panonia sobre o 400. Morreu o 31 de decembro do 406 en Tréveris, durante a batalla na que vándalos, suevos e alanos derrotaron aos francos ripuarios, defensores da fronteira do Rin en substitución das tropas romanas mobilizadas a Italia.

Godexisilo
Nacemento359
Falecemento406
 Tréveris
CausaMorto en combate
NacionalidadeVándalos
Ocupaciónmonarca e político
FillosXenserico e Gunderico
editar datos en Wikidata ]

A Godexisilo sucedeuno o máis vello dos seus fillos vivos, Gunderico, nado do matrimonio de Godexisilo cunha nobre de orixe vándala chamada Flora, quen conduciu ao seu pobo a través da Galia e, posteriormente, ata Hispania. Outro fillo seu, Xenserico, tido cunha serva, sucedeu a Gunderico o ano 428 e reinou durante 49 anos, establecendo un poderoso Reino vándalo no norte de África.

Reino dos vándalos

Segue a:
-
Godexisilo
Precede a:
Gunderico
-