Asterio (comes Hispaniarum)

Asterio, tamén coñecido como Asturio ou Astirio, foi un xeneral romano que ostentou o título de comes Hispaniarum e que como tal participou nunha importante expedición militar contra os vándalos establecidos no norte de Gallaecia. Tamén conseguiu derrotar ao usurpador Máximo que se refuxiara entre os bárbaros. Ante estas vitorias foi gratificado co título de patricio no 422.

Infotaula de personaAsterio
Biografía
Nacementoséculo IV Editar o valor em Wikidata
Madrid Editar o valor em Wikidata
Mortedécada de 420 Editar o valor em Wikidata
Hispania romana, Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Comes Hispaniarum (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata

Campañas en Hispania editar

Trala vitoria de Walia sobre os bárbaros nas campañas entre 416 e 418, os derrotados alanos e silingos refuxiáronse entre os asdingos establecidos na franxa costeira de Gallaecia ao norte do río Miño. Os vándalos, fortalecidos e con necesidade de novos territorios para abastecer aos novos continxentes de poboación, expandíronse cara ao sur e bloquearon aos seus veciños nos montes Nervasos (419).

No 419, Asterio foi enviado como comes Hispaniarum cun poderoso exército romano para terminar de recuperar os territorios ocupados polos bárbaros en Hispania e acabar coa segunda sublevación de Máximo.

Entre o 419 e o 420, o presbítero Frontón acusou de priscilianismo a varios familiares próximos de Asterio polo que, este, tivo que acudir a Tarraco a defendelos da acusación.[1] No 420, achábase en Tarraco, onde establecera o seu pretorio e concentrara as súas tropas antes de principia-la campaña de Gallaecia.[2] Posteriormente, ante o seu avance, os vándalos víronse obrigados a retirarse cara ao sur,[3] onde foron interceptados en Bracara Augusta polo vicarius Maurocellus, que comandaba outro exército enviado para a ocasión. Asterio, obrigou aos vándalos asdingos a levanta-lo bloqueo co que estaban a someter ao exército suevo nos montes Nervasos,[4] aínda que non puido evitar que a maioría deles fuxisen cara a Bética sen poder matalos.

No 421, foi chamado a Rávena despois do nomeamento de Constancio III como Augusto, en febreiro, para asumi-lo título de patricio e mailo cargo de magister militum,[5][6] até setembro dese ano en que morreu Constancio.

Consecuencia editar

Vista a campaña en perspectiva, foi un desastre, pois empurrou os vándalos a migrar dende unha provincia periférica ás ricas terras do corazón de Hispania, fortalecendo o seu poder e permitíndolles ameazar os intereses imperiais na Bética. A situación obrigou á corte imperial a reaccionar enviando, no 422, o comes domesticorum Castino a Hispania para solucionar o problema vándalo.

Notas editar

  1. Segundo recolle a Epístola 11 de Consencio a Agustín.
  2. Consencio, Epístola XI, 4:7
  3. Chronicon de Hidacio, p. 74
  4. Ou as montañas Erbasias tradicionalmente localizadas a carón do río Sil. Tamén existe unha teoría que os localiza no occidente do Sistema Central, na provincia de Ávila.
  5. Arce (2004), p. 112
  6. Gil Egea (2000), p. 83

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arce, Javier (2007). Bárbaros y romanos en Hispania, 400-507 A.D (en castelán). Marcial Pons Historia. ISBN 84-96467-57-0. 
  • Gil Egea, María Elvira (2000). ""Barbari ad pacem incundam conversi" el año 411 en Hispania". Polis. revista de ideas y formas políticas de la Antigüedad (en castelán) (Alcalá de Henares: Editorial Universidad de Alcalá) (12): 73–83. ISSN 1130-0728. 
  • Inglebert, Hervé (2009). Atlas de Rome et des Barbares: IIIe-VIe siècle, la fin de l'Empire romain en Occident (en francés). París: Autrement. ISBN 978-2-7467-1267-6. 
  • Jones, Arnold Hugh Martin; Martindale, J.R., J.R.; Morris, J. (1980). The Prosopography of the Late Roman Empire, Vol. 2, AD 395-527 (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 9780521201599. 
  • Merrills, Andy; Miles, Richard (2010). The Vandals (en inglés). Nova Jersey: Wiley-Blackwell. ISBN 978-1-4051-6068-1. 


Predecesor:
Flavio Constancio (Constancio III)
 Magister militum

do exército romano occidental 
420 - 422

Sucesor:
Flavio Castino