Galicia (Francisco Fernández del Riego)

obra literaria de Francisco Fernández del Riego

Galicia é un libro de viaxes por Galicia, de 158 páxinas, do escritor Francisco Fernández del Riego, publicado en edición non venal, por Xerais para o Concello de Vigo en 1994. Ilustrado con fotografías, debuxos e mapas en cor e branco e negro, anexaba unha carta do, daquela, alcalde de Vigo, Carlos Príncipe.

Galicia
Autor/aFrancisco Fernández del Riego
Ilustrador/aIrene Fra Gálvez
OrixeEspaña
Lingualingua galega
Xénero(s)libro de viaxes
EditorialEdicións Xerais de Galicia e Concello de Vigo
Data de pub.1994
Páxinas158
ISBNISBN 84-7507-787-0
EditorFran Alonso
editar datos en Wikidata ]

En 2002 integrouse, co número 91, na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia, incluíndo unicamente o texto, sen as imaxes que levaba a primeira edición. Reeditouse no ano 2023 co gallo de dedicárselle ao autor o Día das Letras Galegas.

Contido editar

Ramón Sanfiz (álter ego do autor) guía por Galicia ao matrimonio de Jean e Marguerite Mauron e ao historiador Pierre Mansour, os tres procedentes da Bretaña.

Galicia de Francisco Fernández del Riego é sen dúbida un dos mellores exemplos deste labor divulgativa que, baixo o pretesto de mostrar o país a tres intelectuais bretóns, disecciona maxistralmente a nosa realidade paisaxística, antropolóxica, social e cultural.[sic]

Pousa, Xosé Ramón, "Con don Paco por Galicia". Crítica e autores. p. 519.

Capítulos [sic] editar

Vai adiantando o Renault deica a ría de Ortigueira, que interna as súas augas entre as penínsulas montañosas da Faladoira e a Capelada. A ría péchase ao oeste co cabo Ortegal, cun faro que alaga de luz as noites. E pola outra banda coa Estaca de Bares, gran xigante de pedra derrubada desde a Capelada ao océano. Forman as augas da ría dos seos: un interior, o de Cariño; outro exterior, o de Santa Marta. Ramón Sanfiz ilustra aos seus acompañantes sobre a figura de Federico Maciñeira, estampa familiar en libros e revistas de arqueoloxía prehistórica.

— , "Da cidade mindoniense, pola beiramar, a Ferrol".[1]

Notas editar

  1. Fragmento de Galicia, de Francisco Fernández del Riego (7/1/2014). brigantium.org. Blog da S.C.D. Palaestra de animación á lectura e á cultura. A Coruña.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Arias, Juan (2002). "Polas sendas da vella tradición galeguista". Crítica e autores. BG120 II. La Voz de Galicia. pp. 520–521. ISBN 84-9757-098-7. 
  • Pousa, Xosé Ramón (2002). "Con don Paco por Galicia". Crítica e autores. BG120 II. La Voz de Galicia. pp. 519–520. ISBN 84-9757-098-7. 
  • Ramírez, Cristóbal (2002). "Itinerarios de autor". Crítica e autores. BG120 II. La Voz de Galicia. pp. 521–522. ISBN 84-9757-098-7. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar