Estados Unidos de América

país de América do Norte
(Redirección desde «EE. UU.»)

Os Estados Unidos de América[1] (abreviado EUA[2] e EEUU[3][4]; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional[5][6] composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico. O país tamén posúe cinco territorios poboados e nove non poboados no Pacífico e no Caribe. Con 9,85 millóns de km2[7] e 318 millóns de persoas, os Estados Unidos son o terceiro ou cuarto meirande país por área total e o terceiro país por poboación. É un dos países máis multiculturais e diversos etnicamente do mundo, debido á inmigración de moitos países.[8] A xeografía e o clima son moi diversos, e o país é tamén o fogar dunha variada vida salvaxe.

Modelo:Xeografía políticaEstados Unidos de América
United States of America (en)
Estados Unidos de América (es)
Wááshindoon Bikéyah Ałhidadiidzooígíí (nv)
Iunaite Sitete o Amerika (sm)
Estados Unidus (ch)
ᏌᏊᎢᏳᎾᎵᏍᏔᏅᏍᎦᏚᎩ ᎾᎿ ᎠᎺᏰᏟ (chr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoThe Star-Spangled Banner (3 de marzo de 1931) Editar o valor en Wikidata

Lema«In God We Trust» (1956–) Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialÁguia-de-cabeça-branca (pt) Traducir (paxaro nacional) Editar o valor en Wikidata
EpónimoAmérica Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°49′41″N 98°34′46″O / 39.828175, -98.5795
CapitalWashington, D.C. (1800–sen valor) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Alabama (1819–)
Alasca (1959–)
Arcansas (1836–) Editar o valor en Wikidata../... 56+
Poboación
Poboación332.278.200 (2021) Editar o valor en Wikidata (33,81 hab./km²)
Número de fogares122.354.219 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa (De facto) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie9.826.675 km² Editar o valor en Wikidata
Lonxitude da costa153.646 km Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Ártico, Océano Pacífico e Océano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoDenali (6.190 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoBacía Badwater (−86 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
México, sur
Canadá, norte (1867–) Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación 12 de maio de 1784:  (Tratado de París) Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Mormon Trail (pt) Traducir
Apollo 11
2 de agosto de 1776Lista dos congressistas signatários da Declaração da Independência dos Estados Unidos (pt) Traducir
30 de abril de 1803Compra de Luisiana
18 de xuño de 1812Guerra anglo-americana de 1812
1820Compromisso do Missouri (pt) Traducir
1 de novembro de 1838Guerra Mórmon (pt) Traducir
década de 1840Intervención norteamericana en México
16 de setembro de 1846Battle of Nauvoo (en) Traducir
1854Bleeding Kansas (pt) Traducir
xullo de 1858Guerra de Utah (pt) Traducir
12 de abril de 1861Guerra civil estadounidense
15 de abril de 1865assassinato de Abraham Lincoln (pt) Traducir
30 de marzo de 1867Compra do Alasca (pt) Traducir
1896Corrida do Ouro de Klondike (pt) Traducir
1898Guerra Hispano-Estadounidense
11 de novembro de 1918Primeira guerra mundial
24 de outubro de 1929Great Depression in the United States (en) Traducir
7 de decembro de 1941Ataque a Pearl Harbor
6 de agosto de 1945bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki
2 de setembro de 1945segunda guerra mundial
27 de xullo de 1953Guerra de Corea
1955Guerra do Vietnam
1962Crise dos mísiles de Cuba
22 de novembro de 1963Asasinato de John F. Kennedy
17 de xuño de 1972Watergate
19 de outubro de 1987Segunda-feira negra (pt) Traducir
2 de agosto de 1990Guerra do Golfo
29 de abril de 1992Distúrbios de Los Angeles em 1992 (pt) Traducir
28 de marzo de 1995Operação das Nações Unidas na Somália II (pt) Traducir
10 de xuño de 1999Intervenção militar na Iugoslávia em 1999 (pt) Traducir
década de 2000Crise económica de 2008-2011
11 de setembro de 2001Ataques do 11 de setembro de 2001
7 de outubro de 2001Guerra de Afganistán
20 de marzo de 2003Guerra de Iraq
23 de agosto de 2005Furacán Katrina
2007crise das hipotecas subprime
2007crise financeira de 2007-2008
31 de outubro de 2011Intervenção militar na Líbia em 2011 (pt) Traducir
22 de setembro de 2014Intervenção militar na Síria e no Iraque (pt) Traducir
21 de xaneiro de 2020pandemia de COVID-19 nos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernopresidencialismo (1788–)
república federal
república Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno federal dos Estados Unidos Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataJoe Biden (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCongreso dos Estados Unidos de América , (Escano: 535) Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal Supremo dos Estados Unidos Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal23.315.080.560.000 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedadólar estadounidense Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.us, .mil (pt) Traducir e .gov (mul) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+1 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia911 Editar o valor en Wikidata
Código de paísUS Editar o valor en Wikidata

Páxina webusa.gov Editar o valor en Wikidata
Facebook: USAGov Twitter: usagov Instagram: usagov Youtube: UCcS5Ar_-1AWByLfBmJOG8Xg Pinterest: USAGovArchived BNE: XX4575366 Editar o valor en Wikidata

Os paleoindios migraron dende Eurasia ata os actuais Estados Unidos hai 15 000 anos,[9] e a colonización europea comezou no século XVI. Os Estados Unidos xurdiron das Trece Colonias Británicas localizadas na Costa Atlántica. As disputas entre o Reino de Gran Bretaña e as colonias levaron á Revolución Americana. O 4 de xullo de 1776, mentres as colonias estaban a loitar contra Gran Bretaña na guerra de independencia, os delegados das 13 colonias asinaron a Declaración de Independencia. A guerra rematou en 1783 co recoñecemento da independencia dos Estados Unidos dende o Reino de Gran Bretaña, e foi a primeira guerra de independencia con éxito contra un imperio colonial europeo.[10][11] A actual Constitución foi adoptada o 17 de setembro de 1787. As primeiras dez emendas, chamadas colectivamente Declaración de Dereitos, foron ratificadas en 1791 e deseñadas para garantir os dereitos e liberdades civís fundamentais.

De acordo coa doutrina do destino manifesto, os Estados Unidos embarcáronse nunha grande expansión en Norteamérica ó longo do século XIX.[12] Isto supuxo o desprazamento das tribos nativas, adquisicións de novos territorios e a admisión gradual de novos estados.[12] Durante a segunda metade do século XIX, a guerra civil estadounidense acabou coa escravitude legal no país.[13] No final dese século, os Estados Unidos estendéronse ata o océano Pacífico,[14] e a súa economía comezou a evolucionar.[15] A guerra hispano-estadounidense e a primeira guerra mundial confirmaron o status do país como potencia militar. Os Estados Unidos emerxeron da segunda guerra mundial como superpotencia mundial ó ser o primeiro país en desenvolver armas nucleares, o único en usalas en guerra, e como membro permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. A fin da guerra fría e a disolución da Unión Soviética permitiron que os Estados Unidos ficasen como a única superpotencia.[16]

Os Estados Unidos son un país desenvolvido e a meirande economía do mundo.[17] A economía aliméntase da abundancia de recursos naturais e a produtividade da man de obra.[18] Mentres a economía estadounidense está considerada como post-industrial, continúa a ser un dos manufactureiros máis importantes do mundo.[19] O 37% dos orzamentos do país corresponden a gasto militar,[20] sendo a primeira potencia económica e militar, unha gran forza cultural e política, e o líder en investigación científica e innovación tecnolóxica.[21]

Etimoloxía

editar

En 1507, o cartógrafo alemán Martin Waldseemüller elaborou un planisferio no que chamou ás terras do hemisferio occidental «América», en honor ao explorador e cartógrafo italiano Amerigo Vespucci (en latín: Americus Vespucius).[22] As antigas colonias británicas utilizaron por primeira vez o nome do país moderno na Declaración de Independencia, a "unánime declaración dos trece Estados Unidos de América" adoptada polos "representantes dos Estados Unidos de América" o 4 de xullo de 1776.

Historia

editar

Os actuais Estados Unidos de América orixináronse a partir das Trece Colonias británicas establecidas na costa atlántica da América do Norte desde o século XVII. En 1776, organizouse unha revolta da clase dirixente dos colonos e seguiu a Revolución Americana de 1776, guerra de independencia contra os colonizadores. En 1789, o país adoptou unha constitución e asumiu a forma dunha República federal, dando unha grande autonomía aos estados federados. Desde a súa independencia efectiva de Inglaterra, en 1783, e ata mediados do século XX fóronse incorporando novos territorios e estados, ampliando as fronteiras ata o océano Pacífico.

A ocupación humana do territorio dos Estados Unidos comezou coa migración de pobos da Asia, a través do estreito de Bering, nun período indeterminado (as estimacións varían de 10 a 40 mil anos antes).

Durante o século xvi e xvii, exploradores españois exploraron e colonizaron escasamente as rexións que constitúen actualmente o sur da Florida e da rexión sur dos Estados Unidos. O primeiro asentamento inglés con éxito foi Jamestown, no actual estado de Virxinia, fundada en 1607. Durante as seguintes dúas décadas, fundáronse varios asentamentos neerlandeses no que actualmente constitúe o Estado de Nova York, incluíndo a vila de Nova Ámsterdan, que é actualmente a cidade de Nova York, aínda que a extensiva colonización inglesa da costa leste dos Estados Unidos, quitou os neerlandeses da rexión na década de 1670.

Despois da guerra franco-indíxena, onde Francia perdeu as súas colonias en favor de Inglaterra (colonias que actualmente constitúen o leste do Canadá), esta comezou a impor impostos, sendo unha das principais razóns os custos financeiros da guerra. Estes impostos tornáronse extremadamente impopulares entre os colonos norteamericanos, que alén diso, non dispuñan de representación no Parlamento do Reino Unido. As tensións entre as 13 colonias inglesas e o Reino Unido medraron, e as 13 colonias rebeláronse contra os británicos, na Revolución Americana de 1776, entre 1775 a 1783. A estrutura política orixinal das 13 colonias era unha confederación, ratificada en 1781. En 1789, os Estados Unidos optaron por se converter nunha República federal.

 
O primeiro presidente dos Estados Unidos de América, George Washington.

Desde tempos coloniais, os Estados Unidos tiveron falta de man de obra. Daquela, as diferenzas socioeconómicas no país eran enormes, cun norte industrializado e un sur agrario. A falta de man de obra incentivou a inmigración europea no Norte e o uso do traballo escravo no Sur, que facía un uso extensivo de escravos comprados no continente africano. Os estados industrializados do norte eran contrarios á escravitude, mentres o sur consideraba a escravitude indispensábel para a súa agricultura. Estas diferenzas foron un dos moitos motivos de tensión política que desencadearon a formación dos Estados Confederados de América, e irromperon na guerra civil estadounidense, entre 1861 e 1865. A Confederación disolveuse ao fin da guerra, e o poder político dos suristas no goberno do país diminuíu drasticamente. A guerra civil estadounidense acabou efectivamente coa cuestión dos dereitos dun estado a saír da Unión. Despois da guerra, o goberno federal norteamericano tornouse efectivamente máis poderoso que os gobernos estatais.

Ao longo do século xix, engadíronse varios novos estados aos 13 orixinais, a medida que a nación se expandiu na América do Norte. O Destino Manifesto foi unha filosofía política dos Estados Unidos que animou á expansión rumbo ao Oeste. Conforme a poboación dos estados do leste medraba e un número cada vez maior de inmigrantes entraba no país, pasaron cada vez máis asentadores a habitar rexións máis ao Oeste. Mentres isto acontecía, os Estados Unidos acabaron efectivamente con todas as nacións indíxenas existentes no territorio norteamericano, e movendo forzadamente a poboación indíxena dos seus antigos territorios cara a reservas indíxenas. Esta migración forzada é aínda un asunto moi discutido nos Estados Unidos, con varias tribos indíxenas aínda reivindicando terras, e defendendo unha política separatista. Nalgunhas áreas, os indíxenas norteamericanos foron exterminados por doenzas infecciosas, descoñecidas por aqueles, das que se contaminaron a través do contacto con persoas de ascendencia europea, e os asentadores norteamericanos adquiriron despois estas terras de ninguén.

Os Estados Unidos non foron unha potencia colonial, aínda que, a través de varias vitorias militares, diplomacia e acordos externos, adquiriron un número de posesións ultramarinas, desde Cuba ata as Filipinas. Aínda que os Estados Unidos teñan aberto man destes territorios gradualmente, algunhas destas posesións continúan baixo o seu control, sexa na forma de territorios (como Porto Rico) ou de estados (como o Hawai).

No século xix, os Estados Unidos tornáronse unha potencia económica e militar mundial. No 1823 o Presidente James Monroe enunciou a Doutrina Monroe, sintentizada nunha frase: "América para os americanos". No 1846 o Presidente James Polk enunciou o Destino Manifesto como corpo teórico para a expansión territorial. Ambas doutrinas actuaron de alicerce para que ata hoxe os EEUU teñan intervido en numerosas ocasións no estranxeiro, en particular en América Latina.[23] O crecemento da súa influencia sobre o mundo continuou no século XX, un século por veces chamado "o século norteamericano", pola tremenda influencia norteamericana sobre o resto do mundo.

 
Sinatura do acordo de paz, en París, que puxo fin a guerra de Vietnam, 27 de xaneiro de 1973.

Esta influencia pode verse na Gran Depresión, un período de gran recesión económica entre 1929 e 1939, que non só abateu todo o país senón tamén o Canadá e os países europeos (especialmente Inglaterra e Alemaña). Os Estados Unidos adoptaban ata o comezo do século XX unha política isolacionista, procurando non se entremeters en conflitos internacionais. Porén, isto mudou coa entrada do país na primeira guerra mundial e na segunda guerra mundial. Despois do fin desta, os Estados Unidos emerxeron definitivamente como unha das superpotencias mundiais, xuntamente coa Unión Soviética - desencadeando a guerra fría. Entre 1945 e 1991, ano do fin da Unión Soviética e do fin da guerra fría, os Estados Unidos comprometéronse moito en asuntos exteriores, -especialmente na guerra ideolóxica contra o comunismo- participando activamente na guerra de Corea e na guerra do Vietnam. Co colapso da Unión Soviética, os Estados Unidos emerxeron como única superpotencia mundial. Participando na guerra do Golfo (1991), expulsando as tropas iraquianas que invadiran Kuwait.

En 2001, os Estados Unidos sufriron o peor ataque en terras soberanas da historia do país, nos atentados do 11 de setembro, onde morreron case 3 000 persoas. Este ataque terrorista, desencadeou a chamada guerra contra o terrorismo e, posteriormente, a controvertida guerra contra o Iraq.

Xeografía

editar
 
Mapa dos Estados Unidos de América.

Sendo a cuarta maior nación do mundo, a paisaxe dos Estados Unidos varía de rexión a rexión. O país posúe grandes forestas temperadas na costa leste e no noroeste, pantanos na Florida, as Grandes Chairas e o sistema fluvial do Mississippi-Missouri na rexión central, as Montañas Rochosas a oeste das chairas, desertos e zonas costeiras ao oeste das Montañas Rochosas e forestas húmidas temperadas no noroeste da costa do Pacífico. As rexións árticas de Alasca e as illas volcánicas de Hawai aumentan aínda a diversidade xeográfica e climática.

O mapa político dos Estados Unidos está dividido en tres distintas seccións: Alasca, conectada por terra co Canadá, ao leste; Hawai, un arquipélago localizado no medio do océano Pacífico, e o Estados Unidos Continental, que comprende os 48 estados localizados na América do Norte. A fronteira dos Estados Unidos Continental co Canadá é a máis longa fronteira non defendida do mundo.

Debido á súa grande extensión territorial, o clima varía moito de rexión á rexión. Florida posúe un clima tropical, mentres Alasca posúe un clima polar. Vastas porcións do país teñen un clima continental, con veráns tépedos e invernos fríos. Algunhas partes, en particular zonas de California, teñen un clima mediterráneo. No xeral, a maior parte dos Estados Unidos posúe un clima temperado ou subtropical, marcado por catro estacións, con mudanzas regulares de temperatura e precipitación.

A temperatura media anual varía de -13 °C graos en Barrow, Alasca, a 25,7 graos, no Val da Morte, California. A precipitación media anual varía entre 5 centímetros no Val da Morte ata 1,170 en Hawai.

Política

editar

Os Estados Unidos son unha República Federal. A nivel federal, o poder executivo pertence a un presidente electo por un colexio electoral, o poder lexislativo pertence ao Congreso. O Congreso está constituído pola Cámara dos Representantes e polo Senado. Cada estado ten dereito a elixir dous senadores e un número de congresistas proporcionais á súa poboación. O poder xudicial pertence aos tribunais. Cada estado elixe os membros do colexio electoral que, pola súa vez, elixe o presidente.

ver presidentes dos Estados Unidos de América

Subdivisións

editar
 
Mapa dos Estados Unidos de América mostrando as fronteiras entre os 50 estados e os diferentes condados do país.

Os Estados Unidos divídense en 50 estados e 1 distrito federal, o Distrito de Columbia. Cada estado, á súa vez, divídese en condados (con excepción da Luisiana, na que as subdivisións chámanse "parroquias", parishes, en inglés). Estados Unidos de América é unha República federal, que dá aos estados federados moitos poderes que na maioría dos outros países do mundo son exclusivos do goberno nacional.

Son os gobernos estatais os que posúen a maior influencia sobre o día a día da poboación norteamericana. Cada estado ten a súa propia Constitución e mailo poder de aprobar as súas propias regras e leis, referentes a certos asuntos como propiedade, crime, saúde e educación. O principal cargo dun estado é o Gobernador. Cada estado tamén posúe unha lexislatura bicameral. Os membros desta lexislatura son electos pola poboación do estado, excepto no estado de Nebrasca, onde cada condado ten dereito a certo número de membros na lexislatura. Destaca a lexislatura da Nova Hampshire, que é o terceiro maior poder lexislativo no mundo anglófono, e posúe un representante por cada 3 000 habitantes. Cada estado posúe o seu propio Poder xudicial.

A área, poboación e/ou produto interno bruto de varios dos estados dos Estados Unidos compáranse aos de varios países do mundo. A poboación de California, por exemplo, é maior cá do Canadá, e o seu produto interno bruto sería o oitavo maior do mundo, en caso de que o estado fose un país independente. A área de Alasca sería o décimo sétimo maior do mundo, en caso de que fose un país independente, cunha área comparábel á de Irán.

As institucións responsábeis do goberno rexional son tipicamente Consellos Municipais, que toman efecto en cidades (cities ou towns), vilas (village), municipalidades rexionais (towns, regional municipality, municipality, hamlet) e condados (counties). As municipalidades rexionais e condados son un agrupamento de cidades e vilas. Tales subdivisións rexionais aproban normas que teñen efecto nestas subdivisións en particular, referentes a asuntos como tránsito e venda de alcohol. Nas cidades, o maior cargo electo pola poboación é o prefecto. As cidades posúen o dereito de recadar impostos. Nalgúns estados, os condados ou municipalidades rexionais tamén teñen o dereito de redactar ordenanzas e cobrar impostos. Noutros estados, os condados ou municipalidades rexionais posúen pouco ou ningún poder.

Os Estados Unidos posúen varios territorios e posesións insulares ultramarinos. A maior delas é a illa de Porto Rico. Outros territorios ultramarinos de importancia son a Samoa Americana, Guam, Illas Marianas do Norte e as Illas Virxes Americanas. A Mariña norteamericana ocupa unha base militar na Baía de Guantánamo, dende 1898.

 AlabamaAlascaArizonaArcansasCaliforniaColoradoConnecticutDelawareFloridaHawaiIdahoIllinoisIndianaIowaKansasKentuckyLuisianaMaineMarylandMassachusettsMíchiganMinnesotaMississippiMissouriMontanaNebrascaNevadaNova HampshireNova JerseyNovo MéxicoNova YorkCarolina do NorteDacota do NorteOhioOklahomaOregónPensilvaniaRhode IslandCarolina do SurDacota do SurTennesseeTexasUtahVermontVirxiniaWashingtonVirxinia OccidentalWisconsinWyomingXeorxiaDelawareMarylandNova HampshireNova JerseyMassachusettsConnecticutVirxinia OccidentalVermontRhode Island

Dereitos humanos

editar
 
Edificio Sede da Organización das Nacións Unidas en Nova York.

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Estados Unidos de América firmou ou ratificou:

  Estados Unidos   Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[24]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[25] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[26] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[27] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[28]
Pertenza                                   
  Firmado e ratificado,   firmado pero non ratificado,   nin firmado nin ratificado,   sen información,   accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.


Economía

editar

A economía dos Estados Unidos organízase segundo o modelo capitalista e está xeralmente marcada por un crecemento constante, baixas taxas de desemprego e de inflación, un gran déficit comercial e rápidos avances tecnolóxicos. A súa economía pode ser vista como a máis importante do mundo. Varios países indexaron as súas moedas ao dólar, ou chegan mesmo a usar a moeda americana, e os mercados de capitais americanos son en xeral indicadores da economía mundial.

O país ten enormes recursos minerais, con grandes depósitos de ouro, petróleo, carbón e uranio. Na agricultura, está entre os maiores produtores mundiais de millo, trigo, azucre e tabaco, entre outras producións. A industria americana produce automóbiles, avións e produtos electrónicos. O maior sector económico, porén, é o dos servizos: preto de tres cuartos dos habitantes dos Estados Unidos traballan nese sector.

O maior socio comercial dos Estados Unidos é o seu veciño do norte, o Canadá. Outros grandes socios son México, a Unión Europea e nacións industrializadas na Asia, como o Xapón, a India e Corea do Sur. O comercio coa China tamén é significativo.

Demografía

editar

Etnias

editar
 
As principais ascendencias étnicas dos Estados Unidos.

Os Estados Unidos posúen unha das poboacións máis multiculturais do mundo, en termos de descendencia étnica e racial. Inicialmente estaban habitados por pobos indíxenas, como esquimós en Alasca e algonquinos, huróns e iroqueses no continente norteamericano.

Nos séculos XVII e XVIII, o territorio que actualmente constitúe os Estados Unidos foi colonizado por europeos a partir da costa leste. Os ingleses, que fuxían da persecución relixiosa en Europa, constituían a maioría dos colonos a instaláronse no Novo Mundo, mais tamén se instalaron colonos españois, franceses e neerlandeses. Os escravos foron levados do continente africano ao longo do séculos XVII, XVII e o inicio do XVIII para seren usados como man de obra barata, e actualmente, os seus descendentes, coñecidos como afro-americanos constitúen unha considerábel parcela da poboación norteamericana, formando o 12,9% da poboación dos Estados Unidos.

A partir de 1850, persoas de diversas partes do mundo inmigraron para os Estados Unidos. Ata o final do século XIX, a maioría dos inmigrantes chegaban dos países da Europa Occidental e Setentrional (Alemaña, Irlanda e países escandinavos). Italianos, poloneses, gregos, rusos e húngaros inmigraron en gran cantidade entre o final do século XIX e mediados do século XX (ata a década de 1970). Os maiores grupos étnicos europeos son alemáns (15,2% da poboación norteamericana), irlandeses (10,8%), ingleses (8,7%), italianos (5,6%), escandinavos (3,4%), polacos (3,2%) e franceses (3%). Os brancos constitúen o 75% da poboación total dos Estados Unidos.

Os asiáticos son unha importante minoría nos Estados Unidos, a partir da década de 1860, constituíndo o 4,2% da poboación do país.

Os hispanos constitúen unha considerábel parcela da poboación norteamericana, sendo actualmente a maior minoría étnica, con preto do 13,4% da poboación norteamericana. Dada a súa alta inmigración, boa parte da cal é ilegal, espérase un crecemento desta porcentaxe.

Urbanismo

editar
 
Nova York.

Estados Unidos é un país altamente urbanizado. Cerca do 91% da poboación norteamericana vive en cidades. Estas cobren apenas o 2,75% da área total do país. Existen dúas grandes megalópoles no país. Unha está localizada na rexión nordeste dos Estados Unidos, composta principalmente por Nova Jersey, Nova York, Buffalo, Filadelfia e Washington, DC. A outra está localizada na rexión suroeste do país, na costa pacífica, centralizada nas cidades dos Ánxeles, San Francisco e Sacramento.

Grandes suburbios arrodean moitas das cidades dos Estados Unidos. As cidades centrais e cidades veciñas forman áreas metropolitanas. Existen preto de 260 áreas metropolitanas no país, das cales as maiores son as de Nova York que posúe 21 millóns de habitantes; Os Ánxeles, con 17 millóns de habitantes, e Chicago, con 9 millóns. A poboación destes suburbios é considerábel, e moitas veces superior á poboación da cidade central. Washington, DC, por exemplo, posúe só preto de 535 000 habitantes, mentres a súa rexión metropolitana ten preto de 4 millóns. Desde 1970 viven máis norteamericanos nos suburbios ca no centro.

Maiores cidades

editar
Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.
 
Nova York
 
Os Ánxeles
 
Chicago
1 Nova York Nova York 8.622.698 11 Austin Texas 950.715
2 Os Ánxeles California 3.999.759 12 Jacksonville Florida 892.062
3 Chicago Illinois 2.716.450 13 San Francisco California 884.363
4 Houston Texas 2.312.717 14 Columbus Ohio 879.170
5 Phoenix Arizona 1.626.078 15 Fort Worth Texas 874.168
6 Filadelfia Pensilvania 1.580.863 16 Indianapolis Indiana 863.002
7 San Antonio Texas 1.511.946 17 Charlotte Carolina do Norte 859.035
8 San Diego California 1.419.516 18 Seattle Washington 724.745
9 Dallas Texas 1.341.075 19 Denver Colorado 704.621
10 San Jose California 1.035.317 20 Washington, D.C. Distrito de Columbia 693.972
Datos do censo de 2017.[29]


 
Washington DC, capital do país.

Lingua

editar

Os Estados Unidos nunca tiveron un idioma oficial, aínda que o inglés foi sempre o idioma predominante e é falado pola inmensa maioría, sendo de feito o idioma dos Estados Unidos. Vinte e sete estados norteamericanos adoptaron o inglés como idioma oficial. Destes estados, tres adoptan un segundo idioma oficial: o Hawai, que adopta a Lingua hawaiana como segundo idioma oficial; a Luisiana adopta o francés e Novo México, o castelán. Nos estados norteamericanos sen idioma oficial, o inglés é adoptado en tódolos servizos públicos. En áreas con gran poboación de inmigrantes estes servizos ofrécense noutros idiomas.

Moitos dos inmigrantes que chegan aos Estados Unidos teñen pouco ou ningún coñecemento do inglés. A maioría deles aprende o suficiente no país para se comunicar con outros norteamericanos. Os fillos destes inmigrantes, que estudan en escolas norteamericanas, aprenden primariamente inglés nas escolas. Así, a cada xeración, o idioma materno acaba cedendo, gradualmente, lugar ao inglés.

Actualmente, o español é o segundo idioma máis falado. Cerca do 10,8% da poboación norteamericana posúe o español como idioma materno. A maioría reside nos estados do oeste e do sur (especialmente en California, Novo México e Texas). Desde a década de 1950 inmigraron moitos hispanos de México, Cuba e outros países. Moitos deles aprenderon ou aprenden o inglés, mais outros falan só español.

Debido a que non existe un idioma oficial, o dominio do inglés non é de todo indispensábel, especialmente nos estados que posúen unha gran poboación de inmigrantes recentes, maiormente hispanos. Nas décadas de 1980 e 1990 varios estados crearon leis facendo do inglés o seu único idioma legal.

Educación

editar

A educación pública dos Estados Unidos é controlada por gobernos estatais e locais, regulada polo Departamento de Educación dos Estados Unidos a través de restricións nas subvencións federais. Na maioría dos estados os nenos acoden ao colexio desde os seis ou sete anos (xardín de infancia ou primeiro grao) ata que cumpren os dezaoito; algúns estados permiten aos estudantes abandonar o instituto aos dezaseis ou dezasete anos. Ao redor dun 12% dos mozos están matriculados en colexios privados. Só un 2% dos nenos están escolarizados nas súas propias casas. Os Estados Unidos teñen unha gran cantidade de institucións de educación superior públicas e privadas, así como colexios universitarios locais con políticas de admisión abertas. Dos estadounidenses maiores de 25 anos, o 84,6% graduáronse na escola secundaria, o 52,6 asistiron a algunha universidade, o 27,2% conseguiu un título de graduado e o 9,6% logrou un título de posgraduado. A taxa de alfabetización é aproximadamente do 99%. As Nacións Unidas asignaron aos Estados Unidos un índice de educación do 0,97 ficando no duodécimo posto do mundo.

Relixión

editar

A primeira emenda á constitución prohibe o establecemento dunha relixión oficial ou restricións na expresión relixiosa libre. Entre tanto, os Estados Unidos son de forma maioritaria cristiáns; un 80 por cento dos americanos son cristiáns de varias denominacións. As máis importantes son o catolicismo romano (un 26 por cento) e o bautismo (preto de 17 por cento). Os Estados Unidos posúe tamén a comunidade xudía maior do mundo, case o 2 por cento da poboación. Dos americanos restantes, o 15 por cento carece de relixión (segmento que cada vez aumenta máis) e outro 4 por cento pertencen a outras relixións, tales como o islam, hinduísmo e budismo. Entre as nacións desenvolvidas os Estados Unidos teñen un nivel relativamente alto de relixiosidade. Segundo unha enquisa de 2004 de Gallup, case un 44% de americanos atenden a servizos relixiosos polo menos unha vez por semana. Con todo esa taxa non é uniforme en todo o país; a atención regular e máis común dáse no coñecido como "cinto da Biblia", integrado en gran parte por estados meridionais e do Medio Oeste. Nos estados meridionais, os bautistas constitúen o grupo maior, seguido polos metodistas. O catolicismo romano é predominante no nordeste e en gran parte do Medio Oeste debido aos inmigrantes católicos de Europa, como alemáns, irlandeses, italianos, polacos, e hispanoamericanos. A Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días, máis coñecida como a igrexa dos mormóns, é a relixión predominante no estado de Utah.

Cultura

editar

A cultura dos Estados Unidos ten unha grande influencia no resto do mundo, e en especial no mundo occidental. A música estadounidense é ouvida en todo o mundo e os filmes e programas televisivos norteamericanos poden ser vistos case en todas as partes.

A maioría das grandes cidades ofrecen instalacións e actuacións de música clásica e popular, centros de investigación histórica, científica e artística e museos, actuacións de danza, musicais e pezas de teatro, alén de eventos ao ar libre e arquitectura de significado internacional. Este desenvolvemento é resultado de contribucións ben de filántropos privados, ben de fondos gobernamentais.

A maioría da poboación norteamericana posúe unha razoábel cantidade de tempo libre. Os deportes son os principais pasatempos da poboación. Millóns de norteamericanos pasan o seu tempo libre xogando deportes con amigos ou asistindo a xogos profesionais en estadios ou na televisión. Cerca de 95% da poboación norteamericana posúe unha televisión na casa. De media, a televisión fica acendida 7 horas por día.

Deportes

editar

Algúns deportes que foron creados ou desenvolvidos nos Estados Unidos tornáronse mundialmente famosos. Entre eles están o baloncesto, o béisbol e o fútbol americano. Poucos deportes estranxeiros conseguiron popularizarse no país. O deporte canadense hóckey sobre xeo é tamén razoabelmente famoso, especialmente como deporte de inverno. O fútbol é famoso como pasatempo, especialmente entre descendentes de europeos e latinoamericanos, mais as tentativas da creación dunha liga profesional fallaron ou pasaron por grandes dificultades, e o fútbol aínda non é un deporte recoñecido profesionalmente no país. Outros deportes famosos no país son o golf, o tenis, a natación e as carreiras automobilísticas.

Os Estados Unidos son sede de varias das principais competicións internacionais de deportes do mundo, como o Masters de golf, o US Open de tenis e o NASCAR e a Fórmula Indy. Os Estados Unidos foron sede da Copa do Mundo de fútbol en 1994, e por oito veces dos Xogos Olímpicos, máis ca calquera outro país. Os Estados Unidos xeralmente obteñen moi bos resultados nas Olimpíadas. En 2004 conseguiron un total de 103 medallas, das cales 35 eran de ouro.

Cinema

editar

O cinema dos Estados Unidos de América, alén dunha forma de expresión cultural específica dun pobo, é tamén unha das industrias de entretemento con máis éxito do mundo. A pesar de non todos os filmes dos Estados Unidos seren producidos en Hollywood, a localidade tornouse sinónimo desta industria nacional. A influencia do cinema norteamericano no resto do mundo é avasaladora e permanece, xeralmente, como unha referencia para o público.

Literatura

editar
 
Edgar Allan Poe, escritor e poeta pioneiro da literatura norteamericana.

A literatura dos Estados Unidos de América pode ser considerada como parte da Literatura inglesa ou como unha rama literaria distinta. A literatura norteamericana inicial debe moito ás formas e estilos orixinarios de Europa. Por exemplo, "Wieland" e outros romances de Charles Brockden Brown (1771-1810) inspíranse directamente nos romances góticos que entón eran escritos en Inglaterra. Mesmo as narracións impecabelmente urdidas por Washington Irving (1783-1859) - principalmente Rip Van Winkle e The Legend of Sleepy Hollow parecen claramente europeas a pesar da acción se desenvolver no Novo Mundo.

Teatro

editar

O teatro nos Estados Unidos de América é baseado na tradición occidental, na súa maioría emprestado dos estilos de performance que prevalecían en Europa na época da súa introdución no país. Hoxe en día, está fortemente interligado coa literatura, filmes, televisión e música norteamericana e non é pouco común unha mesma historia ser recontada en todas estas formas. As rexións con escenarios musicais significativos frecuentemente posúen tamén fortes tradicións teatrais e de comedia. O teatro musical pode ser a forma máis popular: é certamente unha forma máis viva de teatro e as coreografías de éxito nos palcos acaban chegando á televisión e o cine.

Festivos

editar
Data Nome en galego Nome local Observacións
1 de xaneiro Aninovo New Year's Day Inicio do novo ano civil
xaneiro, terceiro luns Día de Martin Luther King, Jr. Day Martin Luther King, Jr. Day En memoria do líder cívico polos dereitos das minorías
febreiro, terceiro luns Día do Presidente Presidents' Day En honra de antigos Presidentes, en especial Washington e Lincoln
maio, último luns Día da Memoria Memorial Day En honra dos que morreron en servizo da nación
4 de xullo Día da Independencia Independence Day Celebra a declaración da Independencia
setembro, primeiro luns Día do traballo Labor Day
outubro, segundo luns Día de Colón Columbus Day Sinala o descubrimento de América por Cristovo Colón
11 de novembro Día dos Veteranos Veteran's Day Tradicionalmente, ás 11 horas da mañá obsérvase un momento de silencio polos que loitaron pola paz
novembro, cuarto mércores Día de Acción de Grazas Thanksgiving
25 de decembro Nadal Christmas Nacemento de Xesús Cristo

Transportes e telecomunicacións

editar

O Estados Unidos posúen unha extensa rede de autoestradas, ferroviaria e hidroviaria. De feito, a quilometraxe destas redes son as maiores do mundo nas súas respectivas categorías. Existen preto de 75 000 km de autoestrada e vías de alta capacidade. Para cada 100 habitantes, existen preto de 75 coches. Mentres tanto, os camións transportan cerca da cuarta parte de toda a carga transportada no país.

Os ferrocarrís transportan preto do 35% de toda a carga no país, mentres que só o 1% dos pasaxeiros. O contrario acontece coas liñas aéreas americanas, que transportan o 18% dos pasaxeiros mais menos do 1% da carga no país. O mercado americano de pasaxeiros no sector aéreo é o maior do mundo. Chicago, Atlanta, Os Ánxeles, Dallas, Nova York, San Francisco e Orlando destacan como grandes centros aeroportuarios.

Cerca de 15% de toda a carga transportada no país é transportada vía hidrovías como ríos e lagos, alén de mares e océanos. Os Ánxeles, Nova York, Filadelfia, San Francisco, Nova Orleáns, Miami e Houston destacan como grandes centros portuarios. O porto con máis movemento do país por número de navíos atendido é o de Nova Orleáns, mentres o porto con maior tonelaxe de carga é o dos Ánxeles.

Son publicados diariamente nos Estados Unidos preto de 60 millóns de xornais. No país, son publicados millares de xornais diarios ou semanais. Existen tamén no país millares de estacións de radio e televisión. Practicamente toda residencia americana posúe unha radio, e a gran maioría posúe unha televisión.

  1. /es̺ˈtaðʊs̺‿uˈniðʊz̺ 'ðe̝ aˈmɛɾikɐ/ (pronuncia segundo o alfabeto fonético internacional).
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pensilvano.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guerra.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bostoniano.
  5. The New York Times Guide to Essential Knowledge, Second Edition: A Desk Reference for the Curious Mind. St. Martin's Press. 2007. p. 632. ISBN 978-0-312-37659-8. 
  6. Onuf, Peter S. (1983). The Origins of the Federal Republic: Jurisdictional Controversies in the United States, 1775–1787. Philadelphia: University of Pennsylvania Press. ISBN 978-0-8122-1167-2. 
  7. State and other areas”, U.S. Census Bureau, MAF/TIGER Arquivado 06 de novembro de 2014 en Wayback Machine. database as of August 2010, excluding the U.S. Minor Outlying Islands. Consultado o 22 de outubro de 2014.
  8. Adams, J.Q.; Strother-Adams, Pearlie (2001). Dealing with Diversity. Chicago: Kendall/Hunt. ISBN 0-7872-8145-X.
  9. Maugh II, Thomas H. (12 de xullo de 2012). "Who was first? New info on North America's earliest residents". Los Angeles Times (California: Los Angeles Times). Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  10. Greene, Jack P.; Pole, J.R., eds. (2008). A Companion to the American Revolution. pp. 352–361.
  11. Bender, Thomas (2006). A Nation Among Nations: America's Place in World History. Nova York: Hill & Wang. p. 61. ISBN 978-0-8090-7235-4. 
  12. 12,0 12,1 Carlisle, Rodney P.; Golson, J. Geoffrey (2007). Manifest Destiny and the Expansion of America. Turning Points in History Series. ABC-CLIO. p. 238. ISBN 978-1-85109-833-0. 
  13. "The Civil War and emancipation 1861–1865". Africans in America. Boston, MA: WGBH. Consultado o 26 de marzo de 2013. 
    Britannica Educational Publishing (2009). Wallenfeldt, Jeffrey H., ed. The American Civil War and Reconstruction: People, Politics, and Power. America at War. Rosen Publishing Group. p. 264. ISBN 978-1-61530-045-7. 
  14. White, Donald W. (1996). "1: The Frontiers". The American Century. Yale University Press. ISBN 0-300-05721-0. Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  15. Maddison, Angus (2006). "Historical Statistics for the World Economy". The Netherlands: The Groningen Growth and Development Centre, Economics Department of the University of Groningen. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2020. Consultado o 6 de novembro de 2008. 
  16. Tony Judt; Denis Lacorne (June 4, 2005). With Us Or Against Us: Studies in Global Anti-Americanism. Palgrave Macmillan. p. 61. ISBN 978-1-4039-8085-4. 
    Richard J. Samuels (21 de decembro de 2005). Encyclopedia of United States National Security. SAGE Publications. p. 666. ISBN 978-1-4522-6535-3. 
    Paul R. Pillar (1 de xaneiro de 2001). Terrorism and U.S. Foreign Policy. Brookings Institution Press. p. 57. ISBN 0-8157-0004-0. 
    Gabe T. Wang (1 de xaneiro de 2006). China and the Taiwan Issue: Impending War at Taiwan Strait. University Press of America. p. 179. ISBN 978-0-7618-3434-2. 
    Understanding the "Victory Disease," From the Little Bighorn to Mogadishu and Beyond. DIANE Publishing. p. 1. ISBN 978-1-4289-1052-2. 
    Akis Kalaitzidis; Gregory W. Streich (2011). U.S. Foreign Policy: A Documentary and Reference Guide. ABC-CLIO. p. 313. ISBN 978-0-313-38375-5. 
  17. "World Economic Outlook Database: United States". International Monetary Fund. outubro de 2014. Consultado o 2 de novembro de 2014. 
  18. "U.S. Workers World's Most Productive". CBS News. 11 de febreiro de 2009. Consultado o 23 de abril de 2013. 
  19. "Manufacturing, Jobs and the U.S. Economy". Alliance for American Manufacturing. 2013. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2012. Consultado o 07 de decembro de 2014. 
  20. "Trends in world military expenditure, 2013". Stockholm International Peace Research Institute. abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2015. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  21. Cohen, 2004: History and the Hyperpower
    BBC, April 2008: Country Profile: United States of America
    "Geographical trends of research output". Research Trends. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014. 
    "The top 20 countries for scientific output". Open Access Week. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014. 
    "Granted patents". European Patent Office. Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  22. "Cartographer Put 'America' on the Map 500 years Ago". USA Today.com (en inglés). 2007. Consultado o 23 de decembro do 2015. 
  23. Hernández-Echevarría, Carlos. "Invasiones, sobornos y golpes de Estado: historia de las intervenciones de EEUU en América Latina". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-02-10. 
  24. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013. 
  25. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  26. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014. 
  27. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  28. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014. 
  29. Annual Estimates of the Resident Population for Incorporated Places of 50,000 or More, Ranked by July 1, 2017

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar