Illa Jarvis
Coordenadas: 0°22′S 160°01′O / -0.367, -160.017
Jarvis | |
---|---|
Vista da illa | |
![]() | |
Datos | |
Capital | |
País | Estados Unidos de América |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | Illas da Liña |
Linguas | |
Poboación (2009) | Deshabitada |
Superficie | 4´5 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 0°22′S 160°01′O / -0.367, -160.017, |
Maior Altura | 7 m. |
Localización | |
Jarvis é unha illa deshabitada de 4,5 km² localizada a 0°22' a Sur e 160°03' a Oeste, no sur do Océano Pacífico, aproximadamente na metade do camiño entre o Hawai e as Illas Cook. É un territorio dependente dos Estados Unidos, administrado de Washington pola United States Fish and Wildlife Service, que é parte da United States Department of the Interior, controlada polo sistema da National Wildlife Refuge.
A illa foi descuberta en 21 de agosto de 1821 polo navío británico Eliza Francis, e foi nomeada polo seu comandante, Capitán Brown. Ela foi anexada polos Estados Unidos en 1858, mais abandonada en 1879 despois que toneladas de guano foran xa quitadas. A Gran Bretaña anexou a illa en 1889, mais nunca realizou planos de exploración. Os depósitos de guano foron minerados ata o final do século XIX. Os EUA ocuparon e reclamaron a illa en 1935.
O poboado de Millersville, na parte oeste da illa, foi utilizado como unha estación meteorolóxica de 1935 ata o inicio da segunda guerra mundial, cando foi entón abandonado; só foi reocupado en 1957 por científicos, durante o Ano Internacional da Xeofísica, porén novamente abandonado en 1958.
A visita pública á Illa Jarvis require unha licenza especial da U.S. Fish and Wildlife Service, e é xeralmente restrinxido a científicos e educadores. A illa é visitada anualmente pola U.S. Fish and Wildlife Service e pola Garda Costeira Americana.
Non hai portos nin peiraos na illa, mais hai puntos de ancoradoiro próximos á costa. Só hai área de desembarque de barcos no medio da costa oeste e outro preto da parte suroeste da illa. Un faro diúrno érguese no medio da costa oeste.
O clima é tropical, con escasas choivas, ventos constantes e sol forte. Variando do nivel do mar a 7 metros de altura, o terreo é areoso, e a illa de corais é circundada por unha estreita orla de arrecifes. Os seus pequenos gramados, as súas viñas, e os seus arbustos son, principalmente, un hábitat para aniñaren e alimentárense paxaros mariños, costeiros, e a vida mariña. Non hai auga mineral na illa.
Ligazóns externasEditar
- República de Howland, Baker e Jarvis[Ligazón morta] : A realidade das micronacións (En inglés).
- Jarvis Island Home Page : Site con fotos, clima e máis (En inglés).