Multiculturalismo

O multiculturalismo, termo suxeito a diversas interpretacións, pode designar a coexistencia e cohesión social de diferentes culturas (étnicas, relixiosas etcétera) no seo dun mesmo conxunto (unha nación, por exemplo)[1] ou aludir á variedade que presentan as culturas das distintas sociedades. A nivel territorial, o multiculturalismo propón a conversión dos estados en comunidades multiculturais, pois comprende a diversidade racial, étnica e, en definitiva, cultural, como un factor positivo con vistas ao desenvolvemento social[2].

Monumento ao multiculturalismo en Toronto, Canadá.

Por outra parte, o multiculturalismo é tamén unha teoría que busca comprender os fundamentos culturais de cada unha das nacións.

Notas editar

  1. Multiculturalismo. El reconocimiento de la diferencia como mecanismo de marginación social, apéndice "La mistificación de la diferencia cultural. ¿El multiculturalismo es un espacio para la diversidad cultural o una estrategia de marginación social?", artigo de José Luis Rodríguez Regueira na Gazeta de Antropología, 17 (2001) da Universidade de Granada (en castelán).
  2. Multiculturalismo y educación Arquivado 26 de xullo de 2017 en Wayback Machine., no xornal La Nación o 28 de febreiro de 2009 (en castelán).

 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.