Pobos iroqueses

(Redirección desde «Iroqueses»)

Os iroqueses[1] ou haudenosaunee son unha histórica e poderosa confederación nativa americana do nordeste do continente. Eran coñecidos durante a era colonial francesa como Liga iroquesa, e posteriormente como Confederación iroquesa, mentres que os colonos ingleses referíanse a eles como Cinco nacións (antes de 1722) e Seis nacións, comprendendo os pobos mohawk, onondaga, oneida, cayuga, seneca e tuscarora.

Pobos iroqueses
Poboación
Poboación total:
125 000 (2010)
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados Unidos80 000
Canadá45 000
Aspectos culturais
LinguaMohawk, oneida, onondaga, cayuga, seneca, tuscarora, inglés, francés
RelixiónKarihwiio, Kanoh'hon'io, Kahni'kwi'io, Cristianismo, Longhouse, Handsome Lake, outras relixións indíxenas
Grupos
relacionados
Pobo seneca, mohawk, oneida, cayuga, onondaga, tuscarora, outros pobos iroqueses

Os iroqueses absorveron numerosos pobos á súa cultura como resultado de guerras, a adopción de prisioneiros e a acollida de pobos desprazados.

Os pobos históricos erie, conestoga, wyandot (huróns) e iroqueses de San Lourenzo, todos pobos independentes, falan tamén linguas iroquesas. Dende o punto de vista lingüístico, son considerados tamén pobos iroqueses polas similitudes lingüísticas e culturais; porén, eran inimigos tradicionais da Liga Iroquesa.[2]

No 2010, máis de 45 000 iroqueses vivían no Canadá, e arredor de 80 000 nos Estados Unidos de América.

Notas editar

  1. Definición de iroqués, -esa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Daeg de Mott, D. K. (2009). Worldmark Encyclopedia of Cultures and Daily Life, Vol. 2 (2nd ed.). Detroit: Gale. pp. 304–310. ISBN 978-1414448909. Consultado o 12 de abril de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar