Tempada 2015/16 do Deportivo da Coruña

Durante a tempada 2015–16 o Deportivo da Coruña competiu na Primeira División (afrontando a súa 44ª campaña na máxima categoría), logrando o 15.º posto na clasificación. Tamén competiu na Copa do Rei, alcanzando os oitavos de final.

Deportivo da Coruña
Tempada 2015–16
PresidenteConstantino Fernández
AdestradorVíctor Sánchez del Amo
EstadioRiazor
Primeira División15.º
Copa do Rei1/8 de final
GoleadorLucas Pérez (17 goles)
Na casa
Fóra
Alternativa

Resumo da tempada editar

Xuño editar

O 3 de xuño o club anunciou a renovación de Manu Sotelo por catro tempadas, adestrador de porteiros desde a campaña 2013–14.[1] Ese mesmo día anunciouse que o equipo realizará a concentración de pretempada, entre o 6 e o 17 de xullo, nas instalacións do Hotel Golf Balneario de Guitiriz.[2]

O 4 de xuño anunciouse que o club e Meliá Hotels renovaban a súa vinculación unha campaña máis, con descontos para o club e os socios.[3] Horas máis tarde anunciouse que a lista de convocados por Víctor Sánchez para iniciar a pretempada o 2 de xullo son: Germán Lux, Álex Bergantiños, Pablo Insua, Haris Medunjanin, Juan Domínguez, Fabricio, Laure, Luisinho, Albert Lopo, Diego Seoane, Saúl e Luis Fernández.[4]

O 19 de xuño o club anunciou a fichaxe do defensa Fernando Navarro por dúas tempadas, con opción a outra terceira, logo de desvincularse do Sevilla FC.[5]

O 20 de xuño anunciouse a renovación de Albert Lopo por un ano máis, con opción a dous segundo obxectivos.[6]

O 26 de xuño anunciouse a fichaxe do defensa central Alejandro Arribas, procedente do Sevilla FC, firmando por tres tempadas, con opción a catro.[7]

O 30 de xuño o club anunciou a reincorporación do dianteiro catalán Oriol Riera (logo da cesión de xaneiro a xuño), procedente do Wigan Athletic FC, firmando por tres campañas en propiedade polo Deportivo.[8]

Xullo editar

O 6 de xullo anunciouse a incorporación do centrocampista Luis Alberto Romero, cedido por unha tempada polo Liverpool FC, converténdose na terceira fichaxe do club coruñés.[9]

O 16 de xullo anunciouse unha nova cesión do lateral Juanfran Moreno, esta vez procedente do seu novo club, o Watford FC. Chega cedido por unha tempada.[10]

O 22 de xullo o club anunciou un acordo co Benfica para unha nova cesión de Sidnei, por unha campaña.[11]

O 23 de xullo o club deu a coñecer un novo acordo para o financiamento de toda a súa débeda, quedando fixada coas entidades bancarias nun importe total de 14 millóns de euros, cuxo vencemento final queda fixado na tempada 2031–32. Engade que, en total, a débeda privilexiada reduciuse nos últimos 18 meses nun total de 12,2 millóns de euros.[12]

O 24 de xullo anunciouse a fichaxe do centrocampista Cani, firmando por unha temporada, logo de desvincularse do Villarreal CF.[13]

O 27 de xullo firmou por 4 tempadas o centrocampista coruñés Pedro Mosquera, logo de desvincularse do Elche CF.[14]

Agosto editar

O 2 de agosto o club presentou o seu Código Ético, que recolle as obrigas que deben ter as persoas que representan o club. Artéllase nunha serie de protocolos internos.[15]

O 3 de agosto anunciouse a fichaxe do centrocampista arxentino Fede Cartabia, cedido por unha campaña polo Valencia CF.[16]

O 6 de agosto o club anunciou a contratación do centrocampista francés Fayçal Fajr, cedido por un ano polo Elche CF, con dous anos máis no suposto de que o club ilicitano non retorne a Primeira División.[17]

O 7 de agosto anunciouse unha nova cesión para o dianteiro burelao Luis Fernández, marchando durante unha tempada ao SD Huesca.[18]

O 8 de agosto anunciouse a cesión do xogador do filial Samuel Piette durante unha tempada ao Racing de Ferrol, de Segunda División B.[19] Horas máis tarde anunciouse a rescisión do contrato do mediocentro portugués, tamén do filial pero tendo debutado co primeiro equipo, Paulo Teles.[20]

O 12 de agosto, tras varias semanas de negociacións, anunciouse a contratación do mediocampista coruñés Lucas Pérez cun contrato por catro tempadas.[21] A súa fichaxe, en propiedade, supuxo un desembolso de 1.500.000 euros para o club branquiazul.[22]

O 15 de agosto o club anunciou a cesión do central arzuán Pablo Insua, por unha tempada, no CD Leganés, de Segunda División.[23]

O 23 de agosto anunciouse un novo amigábel para o 2 de setembro contra o CD Lugo, esta vez en Riazor, e con motivo Memorial Moncho Rivera (organizado polo club coruñés Victoria CF) en beneficio da Cociña Económica da cidade.[24]

O 24 de agosto anunciouse a contratación do porteiro asturiano Manu Fernández, volvendo de novo á disciplina deportivista logo de catro anos, fichando por unha tempada.[25] Horas máis tarde o club anunciou a contratación do atacante uruguaio Jonathan Rodríguez, cedido por unha tempada polo SL Benfica, que xa pasara recoñecemento médico días atrás.[26]

O 31 de agosto o club anunciou a cesión de Bicho, cedido a anterior campaña no FC Barcelona B, ao CD Leganés, de Segunda División. Igualmente, a entidade branquiazul anunciu a saída do tamén xogador do filial Álvaro Queijeiro, cedido por unha campaña ao Pontevedra CF, de Segunda División B.[27]

Setembro editar

O 1 de setembro o club anunciou que pagara toda a débeda prevista para a tempada 2015–16, unha cantidade que ascende a 3.169.861,80 euros máis 99.177,59 de xuros.[28]

O 2 de setembro disputouse o XVII Memorial Moncho Rivera (anunciado o 23 de agosto), que se saldou con vitoria deportivista fronte o CD Lugo nos penaltis, logo de empatar o partido (2–2). Co fin benéfico do encontro, lográronse recadar 27.215 euros para a Cociña Económica da Coruña.[29]

O 4 de setembro foi presentado o centrocampista arxentino Jonás Gutiérrez, que firmou por unha tempada polo club coruñés, logo de desvincularse do Newcastle United FC tras o mercado estival.[30] Horas máis tarde, o club anunciou a renovación de Álex Bergantiños e Laure Sanabria, até xuño de 2018.[31]

O 8 de setembro o club anunciou o falecemento de Madriles, porteiro branquiazul na década de 1950.[32]

O 27 de setembro o club anunciou un acordo de patrocinio cos comentaristas chineses "La Liga es divertida". Así, durante unha tempada, verase ese slogan nos pantalóns dos xogadores, en caracteres orientais. A presentación fíxose ao saltar o equipo ao terreo de xogo antes da xornada 6, incluíndose unha pancarta en chinés na que o club felicitou a festa nacional chinesa a todos os seareiros chineses que seguen a Liga.[33]

Outubro editar

O 7 de outubro o club deu a coñecer o programa "Destino Riazor", polo cal facilitará o desprazamento a Riazor de socios, peñistas, e seareiros en xeral desde distintos puntos da provincia e do territorio galego, mediante unha rede de rutas en autocar. Estas inícianse en Fisterra, Santiago de Compostela, Cedeira, Verín, Lugo e Pontevedra, con diversas paradas durante o traxecto.[34] Dous días máis tarde anunciarían dous traxectos máis (desde Muros e Ribadeo, respectivamente), facendo así un total de oito rutas.[35]

Novembro editar

O 11 de novembro o club anunciou un partido amigable en Melgaço contra o FC Paços de Ferreira o venres día 13, nunha fin de semana de parón ligueiro por partidos das seleccións nacionais.[36] O encontro rematou en empate (0–0).[37]

O 21 de novembro disputouse en Riazor o primeiro derbi galego da tempada, con victoria deportivista (2–0).[38] Durante o transcurso do partido, un seareiro faleceu tras sufrir un paro cardíaco.[39]

Decembro editar

O 2 de decembro anunciouse que a FIFA estimara as alegacións formuladas polo club á demanda presentada por Roderick Miranda, nas que esixía 213.750 euros netos dunha suposta débeda, inadmitindo así a pretensión do xogador.[40] Este mesmo día debutou o equipo na edición 2015–16 da Copa do Rei, nunha victoria a domicilio contra o UE Llagostera (1–2). Neste partido estreáronse esta campaña co equipo o meta Manu Fernández, o defensa Saúl García, o mediocampista Haris Medunjanin e os canteiráns Róber Suárez e Miguel Filipe Nunes Cardoso.

O 3 de decembro o club celebrou unha xunta xeral de accionistas, onde se deu a coñecer que a débeda da entidade elévase a 106 millóns de euros (dos cales 63 millóns son coa Axencia Tributaria). Conseguiuse reducir o déficit patrimonial en 7 millóns de euros (sendo este actualmente de 90 millóns), e sacando un beneficio de 6 millóns de euros tras a tempada 2014–15.[41] Con todo, as contas e o orzamento para a tempada 2015–16 foron aprobados por máis do 93% dos accionistas.[42] Ademais, anunciouse a creación, para a seguinte tempada, dun equipo feminino.[43]

O 4 de decembro o meta Fabricio Agosto foi operado con éxito no seu xeonllo esquedo, logo dunha recaída na súa lesión.[44] Estará de baixa uns seis ou sete meses.[45]

O 10 de decembro o club anunciou que a Audiencia Provincial da Coruña desestimou a reclamación do asesor xurídico do anterior Consello de Administración, Germán Rodríguez Conchado, na que demandaba a cantidade de 616.792,02 euros en concepto de honorarios correspondentes a procedementos xudiciais e administrativos durante o ano 2013.[46]

O 24 de decembro anunciouse a cesión do defensa Saúl García, sen minutos en liga, ao CD Tenerife até o final da temporada.[47]

Xaneiro editar

O 4 de xaneiro foi presentado o porteiro internacional croata Stipe Pletikosa como novo xogador do Deportivo. Xogará co dorsal número 13 (en substitución do mancado Fabricio) e firmou por unha campaña con opción a outra máis.[48]

O 7 de xaneiro o club informou da incorporación do centrocampista catalán Pol Calvet para reforzar o equipo filial, por unha tempada con opción a máis.[49]

O 8 de xaneiro, debido a un forte temporal, apareceron asolagadas diversas zonas do estadio de Riazor, ocasionando importantes estragos.[50]

O 20 de xaneiro o Comité de Competición decidiu anular a tarxeta amarela que recibira Pedro Mosquera, no partido fronte á Real Sociedad en Anoeta e que rematou en empate (1–1).[51]

O 29 de xaneiro o club anunciou un acordo con Haris Medunjanin para a rescisión do seu contrato.[52]

Marzo editar

O 2 de marzo produciuse o debut na portería do croata Stipe Pletikosa, cunha derrota a domicilio fronte o Athletic Club (4–1).[53]

Abril editar

O 6 de abril o club anunciou a renovación de Germán Lux (por unha tempada) e Celso Borges (por tres tempadas, con opción a unha máis).[54]

O 12 de abril o club lamentou o pasamento do ex xogador Guillermo Muñoz "Hallulla" (que militou entre 1973 e 1978 no Deportivo), finado en Chile o día anterior.[55]

Maio editar

O 8 de maio o equipo certificou a permanencia a falta dunha xornada, logo de vencer o Villarreal CF a domicilio (0–2), tras seis xornadas sen coñecer a victoria.[56]

O 9 de maio o club anunciou que imporá a súa máxima distinción, a insignia de ouro e brillantes, a Arsenio Iglesias nun acto que terá lugar no descanso do derradeiro partido de liga, fronte o Real Madrid en Riazor.[57]

O 12 de maio o representante de Luisinho ofreceu unha rolda de prensa onde acusou a Víctor Sánchez del Amo de "querer destruír" a carreira do xogador, logo de varias xornadas afastado do equipo por decisión técnica, alegando motivos persoais entre eles. Indicou que todo ocorreu tras unha liorta nun adestramento entre Lucas Pérez e Oriol Riera, na que se propiciou un enfrontamento entre Luisinho e Víctor. Ademais, engadiu que o adestrador manipulou o equipo de xogadores en contra do lateral.[58][59][60]

Nun ambiente moi turbado (onde tamén se afastou do grupo a Albert Lopo por decisión técnica), e con declaracións por parte de diversos xogadores do equipo, o 13 de maio Víctor Sánchez ofreceu unha extensa rolda de prensa na que informou que o xogador catalán fora afastado por "negarse a adestrar en dúas ocasións" e supoñéndolle un "comportamento bipolar" dependendo de se ibar xogar ou non. Centrándose no caso de Luisinho informou que, xa estando advertido polo club do seu "comportamento conflictivo", os problemas comezaron no segundo partido no que contou con el, na tempada 2014–15, repetíndose posteriorme en diversas ocasións. Lembrou o incidente deste con Alejandro Arribas durante un adestramento (e a posterior suspensión de catro días a Luisinho por parte do club) e louvou o seu bo comportamento a partir dese incidente. Porén, segundo empeza a non entrar nos cadros de xogadores indicou que a súa actitude cambia e que chegou a "ameazar o adestrador dicindo que tiña que xogar, e que senón, íalle crear moitos problemas". Tras o mencionado incidente entre Lucas e Oriol, a finais de abril, abríuselle un novo expediente por "faltar ao respecto ao adestrador, compañeiros e director deportivo". Finalmente, Víctor engadiu que "a estes xogadores déuselles moitas oportunidades de reaccionar, tanto que até o grupo sentiuse ofendido".[61][62]

O 16 de maio o equipo pechou a temporada cunha derrota fronte o Real Madrid en Riazor (0–2). No descanso, Arsenio Iglesias foi homenaxeado coa insignia de ouro e brillantes, máxima distinción do club, e foi nomeado "lenda branquiazul".[63]

O 19 de maio a Comisión Antiviolencia anunciou unha multa de 30.000 euros para o Deportivo por ter colaborado cos Riazor Blues na venda de entradas e facilitar o desprazamento desta peña no encontro contra o Celta de Vigo.[64] Horas máis tarde, o club lamentou o pasamento do ex xogador Manuel Quevedo "Pantaleón", ocorrido en Madrid o día anterior.[65]

Material deportivo editar

O equipamento do Deportivo foi proporcionado por Lotto e os patrocinadores foron Estrella Galicia e Abanca.

Mercado de fichaxes editar

Altas editar

Data Pos. Nome Procedencia Prezo
19 de xuño de 2015 DEF   Fernando Navarro   Sevilla Libre
26 de xuño de 2015 DEF   Alejandro Arribas   Sevilla Libre
30 de xuño de 2015 DIA   Oriol Riera   Wigan Athletic Libre
6 de xullo de 2015 MED   Luis Alberto Romero   Liverpool Cesión
16 de xullo de 2015 DEF   Juanfran Moreno   Watford Cesión
22 de xullo de 2015 DEF   Sidnei Rechel   Benfica Cesión
24 de xullo de 2015 MED   Cani   Villarreal Libre
27 de xullo de 2015 MED   Pedro Mosquera   Elche Libre
3 de agosto de 2015 MED   Fede Cartabia   Valencia Cesión
6 de agosto de 2015 MED   Fayçal Fajr   Elche Cesión
12 de agosto de 2015 MED   Lucas Pérez   PAOK 1.500.000 €
24 de agosto de 2015 POR   Manu Fernández   Alavés Libre
24 de agosto de 2015 DIA   Jonathan Rodríguez   Benfica Cesión
4 de setembro de 2015 MED   Jonás Gutiérrez   Newcastle United Libre
4 de xaneiro de 2016 POR   Stipe Pletikosa   Rostov Libre

Baixas editar

Data Pos. Nome Destino Prezo
20 de xullo de 2015 DEF   Diego Seoane   Ponferradina Libre
31 de xullo de 2015 DIA   Dani Iglesias   Alavés Libre
7 de agosto de 2015 DIA   Luis Fernández   Huesca Cesión
8 de agosto de 2015 MED   Samuel Piette   Racing de Ferrol Cesión
8 de agosto de 2015 MED   Paulo Teles Rescisión Libre
15 de agosto de 2015 DEF   Pablo Insua   Leganés Cesión
31 de agosto de 2015 MED   Bicho   Leganés Cesión
31 de agosto de 2015 MED   Álvaro Queijeiro   Pontevedra Cesión
24 de decembro de 2015 DEF   Saúl García   Tenerife Cesión
29 de xaneiro de 2016 MED   Haris Medunjanin   Maccabi Tel Aviv Libre

Xogadores editar

No. Pos. Nac. Nome Liga Copa Total Disciplina
Apps Goles Apps Goles Apps Goles      
1 POR   Germán Lux 29 0 0 0 29 0 5 1
2 DEF   Manuel Pablo 3 0 2 0 5 0
3 DEF   Fernando Navarro 35 0 0 0 35 0 5
4 MED   Álex Bergantiños 22 2 2 0 24 2 3
5 MED   Pedro Mosquera 37 0 3 0 40 0 10
6 MED   Cani 18 0 1 0 19 0 2
7 MED   Lucas Pérez 36 17 1 0 37 17 4
9 DIA   Oriol Riera 22 2 3 1 25 3 3
10 MED   Juan Domínguez 5 0 4 1 9 1
11 MED   Juanfran Moreno 35 1 0 0 35 1 4
12 DEF   Sidnei Rechel 33 0 0 0 33 0 2
13 POR   Stipe Pletikosa 2 0 0 0 2 0
14 DEF   Alejandro Arribas 31 2 0 0 31 2 9 1
15 DEF   Laure Sanabria 23 0 3 0 26 0 6
16 DEF   Luisinho Correia 20 0 3 0 23 0 5 2
17 MED   Federico Cartabia 26 3 3 1 29 4 5
19 MED   Fayçal Fajr 38 5 3 0 41 5 3
20 DIA   Jonathan Rodríguez 13 0 3 0 16 0 2
21 MED   Luis Alberto Romero 29 6 2 0 31 6 3
22 MED   Celso Borges 24 3 0 0 24 3 1 1
23 DEF   Albert Lopo 10 0 4 1 14 1 6
24 MED   Jonás Gutiérrez 15 0 2 0 17 0 2
25 POR   Manu Fernández 8 0 4 0 12 0 2
27 DEF   Róber Suárez 3 0 4 0 7 0
28 MED   Óscar Pinchi 0 0 1 0 1 0
30 MED   Miguel Filipe Nunes Cardoso 3 0 4 0 7 0 1

Deixaron o equipo editar

No. Pos. Nac. Nome Liga Copa Total Disciplina
Apps Goles Apps Goles Apps Goles      
13 POR   Fabricio Agosto 0 0 0 0 0 0
18 DEF   Saúl García 0 0 2 0 2 0
8 MED   Haris Medunjanin 0 0 2 0 2 0

Clasificación editar

Pos
Equipo
X
G
E
P
GF
GC
DG
Pts
Clasificación ou descenso
1 Barcelona (C) 38 29 4 5 112 29 +83 91 Clasificación para a fase de grupos da UEFA Champions League
2 Real Madrid 38 28 6 4 110 34 +76 90
3 Atlético de Madrid 38 28 4 6 63 18 +45 88
4 Villarreal 38 18 10 10 44 35 +9 64 Clasificación para a rolda previa da UEFA Champions League
5 Athletic Club 38 18 8 12 58 45 +13 62 Clasificación para a fase de grupos da UEFA Europa League
6 Celta de Vigo 38 17 9 12 50 58 −8 60
7 Sevilla 38 14 10 14 51 50 +1 52 Clasificación para a fase de grupos da UEFA Champions League
8 Málaga 38 12 12 14 38 35 +3 48
9 Real Sociedad 38 13 9 16 45 48 −3 48
10 Real Betis 38 11 12 15 34 52 −18 45
11 Las Palmas 38 12 8 18 45 53 −8 44
12 Valencia 38 11 11 16 46 48 −2 44
13 Espanyol 38 12 7 19 40 74 −34 43
14 Eibar 38 11 10 17 49 61 −12 43
15 Deportivo da Coruña 38 8 18 12 45 61 −16 42
16 Granada 38 10 9 19 46 69 −23 39
17 Sporting de Gijón 38 10 9 19 40 62 −22 39
18 Rayo Vallecano (D) 38 9 11 18 52 73 −21 38 Descenso a Segunda División
19 Getafe (D) 38 9 9 20 37 67 −30 36
20 Levante (D) 38 8 8 22 37 70 −33 32

Partidos editar

      Vitoria       Empate       Derrota       Aprazado

Pretempada e amigables editar

Primeira División editar

Copa do Rei editar

Artigo principal: Copa do Rei de fútbol 2015/16.

1/16 de final editar

1/8 de final editar

Notas editar

  1. "Manu Sotelo renueva como entrenador de porteros del Dépor". Deportivo da Coruña. 3 de xuño de 2015.  (en castelán)
  2. "El Dépor llevará a cabo la concentración de pretemporada en Guitiriz". Deportivo da Coruña. 3 de xuño de 2015.  (en castelán)
  3. "El Real Club Deportivo y Meliá Hoteles amplían su vinculación un año más". Deportivo da Coruña. 4 de xuño de 2015.  (en castelán)
  4. "O primeiro equipo arranca a pretemporada o próximo xoves 2 de xullo en Abegondo". Deportivo da Coruña. 4 de xuño de 2015. 
  5. "Fernando Navarro, nuevo jugador del Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 19 de xuño de 2015.  (en castelán)
  6. "Alberto Lopo amplía su vinculación con el RC Deportivo". Deportivo da Coruña. 20 de xuño de 2015.  (en castelán)
  7. "Alejandro Arribas, nuevo jugador del Deportivo". Deportivo da Coruña. 26 de xuño de 2015.  (en castelán)
  8. "Oficial: Oriol Riera firma tres años con el Deportivo". As. 30 de xuño de 2015.  (en castelán)
  9. "Luis Alberto, nuevo jugador del Deportivo". Deportivo da Coruña. 6 de xullo de 2015.  (en castelán)
  10. "El Club alcanza un acuerdo para que Juanfran refuerce al Dépor esta temporada". Deportivo da Coruña. 16 de xullo de 2015.  (en castelán)
  11. "El Dépor cierra la incorporación de Sidnei". Marca. 22 de xullo de 2015.  (en castelán)
  12. "El RC Deportivo firma un acuerdo trascendental con el que cierra la refinanciación de toda su deuda". Deportivo da Coruña. 23 de xullo de 2015.  (en castelán)
  13. "Cani, nuevo jugador del Deportivo". Deportivo da Coruña. 24 de xullo de 2015.  (en castelán)
  14. "Pedro Mosquera, nuevo jugador del Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 27 de xullo de 2015.  (en castelán)
  15. "Código Ético del Real Club Deportivo de La Coruña, SAD". Deportivo da Coruña. 2 de agosto de 2015.  (en castelán)
  16. "Fede Cartabia, nuevo jugador del Dépor". Deportivo da Coruña. 3 de agosto de 2015.  (en castelán)
  17. ""Quien no conozca al Dépor, no conoce el fútbol"". Marca. 6 de agosto de 2015.  (en castelán)
  18. "Luis Fernández, cedido una temporada a la SD Huesca". Deportivo da Coruña. 7 de agosto de 2015.  (en castelán)
  19. "Sam Piette, cedido esta temporada al Racing de Ferrol". Deportivo da Coruña. 8 de agosto de 2015.  (en castelán)
  20. "El Deportivo y Teles llegan a un acuerdo para la rescisión de su contrato". Deportivo da Coruña. 8 de agosto de 2015.  (en castelán)
  21. "Lucas Pérez, nuevo jugador del Dépor para las cuatro próximas temporadas". Deportivo da Coruña. 12 de agosto de 2015. 
  22. "Lucas Pérez vuelve al Dépor". Marca. 12 de agosto de 2015.  (en castelán)
  23. "Pablo Insua jugará cedido esta temporada en el Leganés". Deportivo da Coruña. 17 de agosto de 2015.  (en castelán)
  24. "Dépor y Lugo jugarán el XVII Memorial Moncho Rivera en Riazor a favor de la Cocina Económica". Deportivo da Coruña. 23 de agosto de 2015.  (en castelán)
  25. "Manu Fernández, nuevo portero del Dépor: Vengo a mi segunda casa". Deportivo da Coruña. 24 de agosto de 2015.  (en castelán)
  26. "Jonathan Rodríguez, nuevo jugador del Dépor". Deportivo da Coruña. 24 de agosto de 2015.  (en castelán)
  27. "Bicho, cedido al Leganés. Queijeiro, al Pontevedra". Deportivo da Coruña. 31 de agosto de 2015.  (en castelán)
  28. "El RC Deportivo liquida el pago de toda la deuda prevista para la Temporada '15-'16". Deportivo da Coruña. 1 de setembro de 2015.  (en castelán)
  29. "El Dépor gana el XVII Moncho Rivera en el que se recaudaron 27.215 euros para la Cocina Económica". Deportivo da Coruña. 2 de setembro de 2015.  (en castelán)
  30. "Jonás Gutiérrez subraya en su presentación que la fuerza del Dépor tiene que ser el grupo". Deportivo da Coruña. 4 de setembro de 2015.  (en castelán)
  31. "Laure y Álex Bergantiños serán blanquiazules por lo menos hasta junio de 2018". Deportivo da Coruña. 4 de setembro de 2015.  (en castelán)
  32. "Fallece Madriles, exportero del RC Deportivo". Deportivo da Coruña. 8 de setembro de 2015.  (en castelán)
  33. "El RC Deportivo estrena patrocinio: La Liga es divertida". Deportivo da Coruña. 27 de setembro de 2015.  (en castelán)
  34. "El Dépor invita a todos sus aficionados en Galicia a viajar con DESTINO RIAZOR". Deportivo da Coruña. 7 de outubro de 2015.  (en castelán)
  35. "O Dépor activa dúas novas rutas no proxecto DESTINO RIAZOR". Deportivo da Coruña. 9 de outubro de 2015. 
  36. "El Dépor disputará un amistoso en Melgaço este viernes a las 17.00 horas ante el Paços Ferreira". Deportivo da Coruña. 11 de novembro de 2015.  (en castelán)
  37. "Empate sin goles en Melgaço ante el Paços de Ferreira". Deportivo da Coruña. 13 de novembro de 2015.  (en castelán)
  38. "El Dépor triunfa en el derbi". Marca. 22 de novembro de 2015.  (en castelán)
  39. "Luto por el fallecimiento de un socio del Deportivo durante el partido". Deportivo da Coruña. 22 de novembro de 2015.  (en castelán)
  40. "La FIFA estima íntegramente las alegaciones del RC Deportivo a la demanda de Roderick Miranda". Deportivo da Coruña. 2 de decembro de 2015.  (en castelán)
  41. "El Dépor tiene 106 millones de deuda". Marca. 4 de decembro de 2015.  (en castelán)
  42. "La Junta de Accionistas aprueba por amplia mayoría la gestión del Consejo de Administración". Deportivo da Coruña. 4 de decembro de 2015.  (en castelán)
  43. "El Deportivo femenino se estrenará la próxima temporada". riazor.org. 4 de decembro de 2015.  (en castelán)
  44. "Fabricio fue operado con éxito esta tarde en Barcelona". Deportivo da Coruña. 4 de decembro de 2015.  (en castelán)
  45. "Fabricio será operado de una rotura del ligamento cruzado". Marca. 3 de decembro de 2015.  (en castelán)
  46. "La Audiencia Provincial da la razón al RCD y desestima la reclamación de Germán Rodríguez Conchado". Deportivo da Coruña. 10 de decembro de 2015.  (en castelán)
  47. "Saúl García, cedido al CD Tenerife hasta final de temporada". Deportivo da Coruña. 24 de decembro de 2015.  (en castelán)
  48. "El Fabril se refuerza con el ex barcelonista Pol Calvet". Deportivo da Coruña. 4 de xaneiro de 2016.  (en castelán)
  49. "Stipe Pletikosa, presentado esta mañana como nuevo jugador del Deportivo". Deportivo da Coruña. 7 de xaneiro de 2016.  (en castelán)
  50. "Inundaciones en el interior del estadio de Riazor". Deportivo da Coruña. 8 de xaneiro de 2016.  (en castelán)
  51. "El Comité de Competición retira la tarjeta amarilla a Pedro Mosquera". Deportivo da Coruña. 20 de xaneiro de 2016.  (en castelán)
  52. "El Real Club Deportivo y Haris Medunjanin acuerdan la rescisión del contrato que los vinculaba". Deportivo da Coruña. 29 de xaneiro de 2016.  (en castelán)
  53. "Pletikosa debuta en la Liga con 37 años y se lleva cuatro goles". La Opinión de A Coruña. 2 de marzo de 2016.  (en castelán)
  54. "Germán Lux y Celso Borges refuerzan su vinculación con el Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 6 de abril de 2016.  (en castelán)
  55. "Fallece en Chile el exdeportivista 'Hallulla' Muñoz". Deportivo da Coruña. 12 de abril de 2016.  (en castelán)
  56. "Hasta luego Lucas". Marca. 8 de maio de 2016.  (en castelán)
  57. "O Real Club Deportivo imporá a insignia de Ouro e Brillantes do Club a Arsenio Iglesias". Deportivo da Coruña. 9 de maio de 2016. 
  58. "“Víctor quiere destruir la carrera de Luisinho”". El Mundo Deportivo. 12 de maio de 2016. 
  59. "El agente de Luisinho dice que Víctor pretende "destruir" su carrera". Marca. 12 de maio de 2016. 
  60. "El agente de Luisinho acusa a Víctor de manipular a la plantilla en contra del lateral". La Voz de Galicia. 12 de maio de 2016. 
  61. "Víctor lo cuenta todo: "Luisinho llegó a amenazarme"". Marca. 13 de maio de 2016. 
  62. "Víctor Sánchez del Amo: “Luisinho ha llegado a amenazarme”". El Mundo Deportivo. 13 de maio de 2016. 
  63. "Arsenio recibe la insignia de Oro y Brillantes del Deportivo". Marca. 16 de maio de 2016. 
  64. "Antiviolencia multa al Depor por apoyar a Riazor Blues". Marca. 19 de maio de 2016. 
  65. "Fallece el ex deportivista Pantaleón II". Deportivo da Coruña. 19 de maio de 2016. 
  66. "Primera derrota de un Deportivo que hizo todo para ganar (2-3)". Deportivo da Coruña. 20 de setembro de 2015.  (en castelán)
  67. "El Dépor golea al Espanyol y vuelve a pisar la zona alta (3-0)". Deportivo da Coruña. 27 de setembro de 2015.  (en castelán)
  68. "Dos golazos de Lucas y Arribas salvan un punto in extremis para el Depor (2-2)". Deportivo da Coruña. 18 de outubro de 2015.  (en castelán)
  69. "Un Dépor de menos a más se queda con la miel en los labios (1-1)". Deportivo da Coruña. 30 de outubro de 2015.  (en castelán)
  70. "El Dépor vuelve a ganar en el mejor escenario: O Noso Derbi en Riazor (2-0)". Deportivo da Coruña. 22 de novembro de 2015.  (en castelán)
  71. "Lucas se estrena a balón parado para dar un punto más al Dépor (1-1)". Deportivo da Coruña. 6 de decembro de 2015.  (en castelán)
  72. "Lucas iguala el récord de Bebeto y el Dépor se asienta entre la nobleza (2-0)". Deportivo da Coruña. 20 de decembro de 2015.  (en castelán)
  73. "Un discutido penalti en el último segundo castiga al Dépor (1-2)". Deportivo da Coruña. 3 de xaneiro de 2016.  (en castelán)
  74. "Otro castigo para el Dépor en el tiempo añadido (1-1)". Deportivo da Coruña. 24 de xaneiro de 2016.  (en castelán)
  75. "Un golazo de Fayçal deja un punto en Riazor (2-2)". Deportivo da Coruña. 1 de febreiro de 2016.  (en castelán)
  76. "El Dépor se topó con un muro llamado Adán (2-2)". Deportivo da Coruña. 14 de febreiro de 2016.  (en castelán)
  77. "El Granada sigue ejerciendo de bestia negra del Deportivo (0-1)". Deportivo da Coruña. 28 de febreiro de 2016.  (en castelán)
  78. "El Dépor deja escapar dos puntos sobre la hora ante el Málaga (3-3)". Deportivo da Coruña. 6 de marzo de 2016.  (en castelán)
  79. "Tres puntos agónicos para acariciar la permanencia (2-1)". Deportivo da Coruña. 19 de marzo de 2016.  (en castelán)
  80. "O Celta mereceu máis nun intenso derbi galego que remata en táboas". Celta de Vigo. 3 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2016. Consultado o 03 de abril de 2016. 
  81. "Valerón se lleva una ovación y los tres puntos en su regreso a Riazor (1-3)". Celta de Vigo. 11 de abril de 2016. 
  82. "El Dépor acaricia la permanencia tras empatar con justicia en el Pizjuán (1-1)". Deportivo da Coruña. 17 de abril de 2016. 
  83. "El Dépor sucumbe ante un pletórico Luis Suárez (0-8)". Deportivo da Coruña. 20 de abril de 2016. 
  84. "La permanencia matemática vuelve a resistirse (0-2)". Deportivo da Coruña. 1 de maio de 2016. 
  85. "El Dépor certifica la permanencia en El Madrigal (0-2)". Deportivo da Coruña. 8 de maio de 2016. 
  86. "El Dépor puso fin a la Liga en Riazor". Deportivo da Coruña. 14 de maio de 2016. 
  87. "A octavos por primera vez en un lustro (1-1)". Deportivo da Coruña. 15 de decembro de 2015.  (en castelán)
  88. "Amarga despedida de la Copa del Rey (0-3)". Deportivo da Coruña. 12 de xaneiro de 2016.  (en castelán)