Germán Lux

futbolista arxentino

Germán Darío Lux, nado en Carcarañá (Santa Fe) o 7 de xuño de 1982, é un exfutbolista arxentino, que xogaba de porteiro. Comezou a súa carreira en River Plate, club no que ingresou con 15 anos e co que gañou tres veces o Torneo Clausura, entre 2002 e 2004. A continuación xogou durante unha década no fútbol español; primeiro catro anos no Mallorca, da Primeira División, e logo seis anos no Deportivo da Coruña, catro deles na máxima categoría e outros dous na Segunda, logrando senllos ascensos a Primeira. Pechou a súa carreira en River Plate, club ao que regresou en 2017 e no que militou durante catro anos antes da súa retirada en 2021.

Modelo:BiografíaGermán Lux

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Germán Darío Lux Editar o valor en Wikidata
7 de xuño de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Carcarañá, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade10 de febreiro de 2002 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaArxentina Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo1 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2007 CA River Plate 61(0)
2007–2011   RCD Mallorca 44(0)
2011–2017   Deportivo da Coruña 114(0)
2017–2021 CA River Plate 29(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2001   Arxentina sub-20 5(0)
2004–2004   Arxentina sub-23 6(0)
2005–2005   Arxentina 6(0)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2022– CA River Plate (segundo adestrador) Editar o valor en Wikidata
Participou en
2004Xogos Olímpicos de 2004 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 181451 Editar o valor en Wikidata

Foi internacional coa selección arxentina en seis ocasións, despois de pasar polas súas categorías inferiores e de gañar a Copa do Mundo sub-20 en 2001. Nox Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas gañou a medalla de ouro despois de deixar a súa portería invicta durante todo o torneo.

É irmán do tamén exfutbolista Javier Lux.

Traxectoria

editar

River Plate (1ª etapa)

editar

Entrou na canteira de River Plate aos 15 anos e debutou co primeiro equipo na Primeira división arxentina o 10 de febreiro de 2002, nunha vitoria por 3-1 contra Talleres no estadio Monumental.[1][2] Dous meses despois xogou o seu primeiro partido na Copa Libertadores, tamén contra Talleres, no estadio Mario Alberto Kempes de Córdoba, nun encontro que rematou con empate a un gol. Comezou a ser máis habitual nas aliñacións do equipo durante a tempada 2003/04, na que disputou 15 partidos do campionato arxentino e 7 da Libertadores. Entre 2002 e 2004 gañou tres Torneos Clausura consecutivos.

O 2006 foi un ano difícil para el xa que sufriu a perda do seu irmán, que se suicidou no principio do ano e, ademais, non foi convocado para o Mundial de Alemaña onde, nun principio, se especulaba que sería o segundo ou primeiro porteiro. No Torneo Apertura de 2006 perdeu o posto de titular fronte a Juan Pablo Carrizo. Logo, a finais de ano, o técnico Daniel Passarella comunicoulle que non o tería en conta para o Torneo Clausura 2007.

RCD Mallorca

editar

En 2007 foi transferido ao Mallorca do fútbol español, onde chegou unha vez vencido o contrato que o unía a River Plate, o 30 de xuño dese ano. Debutou na Primeira División española o 31 de outubro de 2007, nun empate 1-1 contra o Deportivo da Coruña en Riazor, encaixando un gol que lle marcou Andrés Guardado, co que anos despois compartiría equipo no club coruñés.

Xogou en Mallorca durante catro tempadas, pelexando pola titularidade con Moyá primeiro e con Aouate despois. Con todo, nas súas dúas últimas tempadas no club balear disputou só cinco partidos de liga, sendo titular o israelí.

Deportivo da Coruña

editar

O 23 de xullo de 2011 anunciouse a súa incorporación ao Deportivo da Coruña, adestrado por José Luis Oltra.[3] Suplente de Aranzubía nas súas dúas primeiras tempadas, debutou co club coruñés na Copa do Rei 2011–12, nun partido de segunda rolda fronte ao Girona. Xogou tamén os partidos de Copa contra Alcoyano e Levante e, debido a unha tendinite de Aranzubía, disputou catro partidos de liga na parte final da tempada, na que o Deportivo se proclamou campión da Segunda División con récord de puntos. Na tempada 2012/13 os seus números foron semellantes, xogando só seis partidos entre liga e Copa, e cun descenso a Segunda ao remate da liga.

Trala marcha de Aranzubía ao Atlético de Madrid en 2013, fíxose coa titularidade no cadro coruñés, disputando 37 partidos de liga durante a tempada 2013–14, na que o Deportivo logrou un novo ascenso a Primeira. As súas boas actuacións fixeron que recibise o galardón a "Mellor Porteiro da Liga Adelante 2013-14" na gala dos Premios LFP 2014, superando na votación a Xabi Irureta (SD Eibar) e a Jordi Masip (FC Barcelona B).[4]

Xogou tres tempadas máis co club branquiazul en Primeira, perdendo a titularidade na campaña 2014/15 ante Fabricio, pero recuperándoa nas dúas seguintes, por diante de Manu Fernández, Pletikosa, Tytoń e Roef. Deixou o Deportivo en 2017, despois de 114 partidos oficiais en seis tempadas.

River Plate (2ª etapa)

editar

En xuño de 2017 regresou á Arxentina para fichar de novo por River Plate.[5] No club "millonario" apenas dispuxo de minutos durante os seguintes anos, sendo a titularidade na portería para Augusto Batalla primeiro e para Franco Armani dende 2018. Con todo, conquistou varios títulos, entre eles un campionato de Primeira División e a Copa Libertadores de 2018. En decembro de 2021 anunciou a súa retirada do fútbol, con 39 anos de idade.[6]

Selección arxentina

editar

En 2001 disputou a Copa do Mundo sub-20 coa selección arxentina desa categoría, xogando todos os partidos e proclamándose campión tras gañar na final a Ghana. No 2004 foi convocado por Marcelo Bielsa para disputar os Xogos Olímpicos de Atenas. Foi o gardameta titular do seu equipo na capital grega, mantendo a súa portería invicta en todo o certame e gañando a medalla de ouro despois de derrotar na final a Paraguai.[7]

O 10 de marzo de 2005 debutou coa selección arxentina absoluta nun partido amigable contra México e uns meses despois dispoutou en Alemaña a Copa Confederacións, onde foi titular nos cinco encontros. Xogou un total de seis partidos coa selección arxentina.

Vida persoal

editar

O seu irmán máis vello Javier foi tamén futbolista. Xogaba como centrocampista e destacou sobre todo no Racing Club de Avellaneda.[8]

Palmarés

editar
River Plate
Deportivo
Selección arxentina
  1. "De cadetes a millonarios" (en castelán). 10 de febreiro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2021. 
  2. "Lux: "La gente me puso en el arco de River y por eso tengo que rendir un doble examen"" (en castelán). 10 de setembro de 2005. Consultado o 23 de decembro de 2021. 
  3. "El Deportivo completa la portería con German Lux" (en castelán). 23 de xullo de 2011. Consultado o 23 de decembro de 2021. 
  4. "Germán Lux, 'Mejor Portero de la Liga Adelante 2013-14'" (en castelán). 27 de outubro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2021. 
  5. "OFICIAL. Germán Lux ficha por River Plate" (en castelán). 27 de xuño de 2017. Consultado o 23 de decembro de 2021. 
  6. "Germán Lux anuncia su retirada del fútbol" (en castelán). 21 de decembro de 2021. Consultado o 23 de decembro de 2021. 
  7. "Final do torneo olímpico de 2004". FIFA (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2021. 
  8. "Javier Alejandro Lux, el “hijo” de Tita" (en castelán). 10 de xullo de 2019. Consultado o 23 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar