Daniel Aranzubia

futbolista español

Daniel Aranzubia Aguado, nado en Logroño o 18 de setembro de 1979, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española.

Daniel Aranzubia
Información persoal
Nome Daniel Aranzubia Aguado
Nacemento 18 de setembro de 1979 (44 anos)
Lugar de nacemento Logroño
Altura 1,84 m.
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
1993–1994 Loyola
1994–1997 Athletic Club
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1996–2000 Bilbao Athletic 70 (0)
1997–1998 Baskonia 31 (0)
2000–2008 Athletic Club 162 (0)
2008–2013 Deportivo da Coruña 178 (1)
2013–2014 Atlético de Madrid 1 (0)
Total 442 (1)
Selección nacional
1995–1996 España sub-16 3 (0)
1998–1999 España sub-20 9 (0)
1999–2001 España sub-21 17 (0)
2000 España sub-23 1 (0)
2004 España 1 (0)
Na rede
FIFA: 177830 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Aranzubia nun Athletic-Celta (29 de outubro de 2005)

Formado nas categorías inferiores do Athletic Club, no 2000 incorporouse ao primeiro equipo. Na súa primeira temporada xoga tan só dous partidos de liga. Debuta na Primeira división española o 10 de abril do 2001 nun partido Athletic 1-3 Real Sociedad. Ata a temporada 2006/07 (inclusive) xogou un total de 152 partidos de liga en Primeira división.

Durante o verán do 2007 estivo a piques de ser fichado polo Real Zaragoza, pero finalmente, decidiu quedar no Athletic.[1]

No 2008 decide rematar o seu ciclo co Athletic[2] e comezar un novo no Deportivo, baixo as ordes de Miguel Ángel Lotina. Aquí consegue facerse axiña coa titularidade do equipo encadeando unha serie de boas actuacións que lle fan recuperar o seu mellor nivel logo das últimas temporadas un tanto irregulares no Athletic de Bilbao.

O 20 de febreiro de 2011 anota contra o UD Almería o seu primeiro gol como profesional, ao rematar dentro das mallas un saque de esquina no minuto 94 de partido, significando o 1-1 definitivo, sendo este un gol histórico ao ser a primeira vez que un porteiro marca de cabeza na Primeira División Española.[3]

Selección nacional editar

Asiduo as categorías inferiores da Selección de España, foi campión do mundo Sub-20 de 1999 e medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000. Aranzubia foi o porteiro titular en ambas finais.

Coa selección absoluta de España disputou un encontro. Foi un partido amigable contra Andorra xogado o 5 de xuño do 2004, no que Aranzubia xogou a media hora final. Posteriormente, integrou o combinado español que participou na Eurocopa 2004 como porteiro suplente. Aranzubia non volveu ser convocado pola selección española tras a dimisión do seleccionador Iñaki Sáez, que fora o seu técnico nas categorías inferiores e quen lle fixo debutar coa absoluta.

Palmarés editar

Deportivo
Atlético de Madrid
España sub-20
España sub-23

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar