Pinchi

futbolista español
(Redirección desde «Óscar Pinchi»)

Óscar Francisco García Quintela, coñecido como Pinchi, nado na Coruña o 17 de xaneiro de 1996,[1][2] é un futbolista galego, que xoga de centrocampista no Racing de Ferrol, da Segunda División, cedido polo Çaykur Rizespor turco.

Pinchi
Información persoal
Nome Óscar Francisco García Quintela
Nacemento 17 de xuño de 1996 (27 anos)
Lugar de nacemento A Coruña
Altura 1,71 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Racing de Ferrol
Número 3
Carreira xuvenil
2005–2013 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2018 Deportivo B 96 (49)
2015–2017 Deportivo da Coruña 1 (0)
2018–2019 Atlético de Madrid B 35 (10)
2019–2021 Extremadura UD 38 (5)
2020–2021 Fuenlabrada 27 (3)
2021–2023 Las Palmas 16 (0)
2022–2023 Mirandés 38 (3)
2023– Çaykur Rizespor 13 (0)
2024– Racing de Ferrol 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 14 de febreiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Deportivo da Coruña editar

Entrou na canteira do Deportivo da Coruña en 2005, aos nove anos. Pasou polas diferentes categorías do club e na tempada 2013/14 debutou co Fabril en Terceira División, disputando 17 encontros e marcando o seu primeiro gol, contra o Rápido de Bouzas. Seguiu alternando o equipo xuvenil co filial na 2014/15 e xa para a tempada 2015/16 pasou a ser xogador do Fabril a todos os efectos. Marcou 19 goles na liga regular esa tempada, formando unha gran dupla goleadora co colombiano Juan Ferney Otero, e fixo outro gol máis na fase de ascenso a Segunda B, na que o equipo de Manuel Mosquera caeu eliminado contra o Navalcarnero.

Esa mesma campaña debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, adestrado por Víctor Sánchez. Foi o 16 de decembro de 2015, nun partido de Copa do Rei fronte á UE Llagostera que rematou en empate (1–1). Comezou a tempada 2016/17 da Terceira División marcándolle cinco goles ao Compostela na primeira xornada e rematou a competición como o segundo máximo goleador do Grupo I, só por detrás do seu futuro compañeiro de equipo Uxío, por aquel entón no Cerceda. O Fabril proclamouse campión do seu grupo e logrou o ascenso á categoría de bronce despois de derrotar ao Cacereño.[3]

Ademais, o 20 de xaneiro de 2017 debutou na Primeira División, nun encontro contra a UD Las Palmas a domicilio que rematou en empate (1–1), e no que o adestrador Gaizka Garitano lle deu entrada case ao final do partido como substituto de Joselu.[4] Na tempada 2017/18 disputou 28 encontros e marcou 6 goles co Fabril na Segunda B, na que foi a mellor campaña da historia do club, rematando na segunda posición e xogando a promoción de ascenso a Segunda contra o Extremadura.[5]

Atlético de Madrid B editar

O 27 de xuño de 2018, deixou o Dépor despois de 13 anos na disciplina do club, e uniuse ao Atlético de Madrid B.[6] No equipo de Óscar Fernández foi titular en case todos os partidos, marcando 10 goles e xogando unha nova fase de ascenso a Segunda.

Extremadura editar

O 19 de xullo de 2019, o Extremadura UD, de Segunda División, anunciou a fichaxe de Pinchi por tres tempadas.[7] O 8 de febreiro de 2020 anotou o seu primeiro gol como profesional, na derrota por 2-4 fronte ao Tenerife.[8] Xogou 38 partidos ao longo da tempada e marcou 5 goles. Os seus últimos dous tantos anotounos, co equipo estremeño xa descendido, na 40ª xornada fronte ao Deportivo da Coruña, e serviron para remontar o partido e lograr unha vitoria por 2-3 que deixou ao seu antigo equipo ao bordo do descenso, do que non conseguiu fuxir.[9] En setembro de 2020 marchou cedido ao Fuenlabrada, onde xogou 29 partidos, aínda que só 9 deles como titular, facendo tres goles.[10]

Las Palmas editar

En xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe pola UD Las Palmas, onde asinou por tres tempadas.[11] Chegou ao equipo como unha petición do adestrador Pepe Mel, pero contou con pouca participación no conxunto amarelo, situación que empeorou trala chegada ao banco de García Pimienta.[12] Disputou un total de 18 partidos, a gran maioría deles como suplente, sumando menos de 700 minutos de xogo. No verán de 2022 a directiva do club, encabezada polo galego Luis Helguera, decidiu buscarlle unha saída, polo que foi cedido ao Mirandés, da mesma categoría.[13] En Miranda de Ebro, ás ordes de Joseba Etxeberria, o xogador coruñés converteuse nunha das pezas máis destacadas do equipo, que conseguiu o obxectivo da permanencia. Disputou 39 partidos, 33 deles como titular, e marcou 6 goles.[12]

Çaykur Rizespor editar

En agosto de 2023 anunciouse o seu traspaso ao Çaykur Rizespor, da Süper Lig turca.[14] Debutou co seu novo equipo na primeira xornada de liga, diante do Adana Demirspor, converténdose no terceiro futbolista galego en xogar no campionato turco, despois do vilagarcián Dani Abalo e do coristanqués Angeliño. A súa estrea no campionato de liga produciuse nun partido ante o Adana Demirspor e sumou 13 partidos de liga e dous da Copa de Turquía, ata que no mercado invernal anunciouse a súa cesión ao Racing de Ferrol, da Segunda División.[15]

Notas editar

  1. "Club Atlético de Madrid · Web oficial - Óscar ‘Pinchi’: “Estamos con muchas ganas de que llegue el domingo”". www.atleticodemadrid.com. Consultado o 2020-04-10. 
  2. "Óscar Pinchi - Extremadura UD  - Estadísticas - palmarés". www.footballdatabase.eu. Consultado o 2020-04-10. 
  3. "O Fabril golea ao Compostela con Óscar en estado de graza". Deportivo da Coruña. 21 de agosto de 2016. Consultado o 21 de xullo de 2021. 
  4. "LaLiga, Las Palmas-Deportivo: Florin Andone 'aguó' a los canarios (1-1)" (en castelán). 20 de xaneiro de 2017. Consultado o 21 de xullo de 2021. 
  5. "El Extremadura se clasifica para semifinales con un gol en la prórroga ante el Deportivo Fabril". Sport (en castelán). 26 de maio de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2021. 
  6. "El Atlético B ficha a Pinchi, del Deportivo". Mundo Deportivo (en castelán). 1 de xullo de 2018. Consultado o 21 de xullo de 2021. 
  7. "‘PINCHI’, DINAMITA Y EXPLOSIVIDAD EN AZULGRANA" (en castelán). 19 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  8. "Dani Gómez héroe en Almendralejo". Marca (en castelán). 8 de febreiro de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  9. Barreiros, Pedro (12 de xullo de 2020). "El Dépor vuelve a la pesadilla tras caer con estrépito ante el Extremadura". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2023. 
  10. "El coruñés Óscar Pinchi ficha por el Fuenlabrada" (en castelán). 10 de setembro de 2020. Consultado o 27 de outubro de 2020. 
  11. "Pinchi, ex del Dépor, ficha por la UD Las Palmas donde se reencontrará con Pepe Mel" (en castelán). 20 de xullo de 2021. Consultado o 21 de xullo de 2021. 
  12. 12,0 12,1 Fontecha, Kevin (31 de maio de 2023). "Dudas con Pinchi: Pimienta quiere verle" (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2023. 
  13. "Pretemporada UD Las Palmas: La lista negra de Pimienta: Veiga, Pinchi, Ferigra, Clau y Ale Díez" (en castelán). 15 de xullo de 2022. Consultado o 24 de novembro de 2023. 
  14. "El coruñés Pinchi ya es jugador del Caykur Rizespor". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de agosto de 2023. Consultado o 24 de novembro de 2023. 
  15. Codesido, Juanma (1 de febreiro de 2024). "Oficial: Óscar Pinchi refuerza el ataque del Racing de Ferrol". As (en castelán). Consultado o 14 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar