Estadio Municipal de Anduva
O Estadio Municipal de Anduva é un estadio de fútbol situado na cidade de Miranda de Ebro, España. Foi inaugurado o 22 de xaneiro de 1950, é de propiedade municipal e é utilizado polo Club Deportivo Mirandés.
Anduva | |
---|---|
Ambiente na bancada de Anduva | |
Datos | |
Coordenadas | 42°40′51″N 2°56′08″O / 42.680833, -2.935556 |
Localización | Miranda de Ebro, Burgos España |
Construción | |
Inauguración | 22 de xaneiro de 1950 |
Estadio | |
Superficie | Céspede natural |
Dimensións | 105 x 69 |
Capacidade | 6.000 |
Propietario | Concello de Miranda de Ebro |
Localía | Club Deportivo Mirandés |
Eventos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO Estadio de Anduva inaugurouse oficialmente o 22 de xaneiro de 1950, aínda que se celebrou o primeiro partido oficial o 18 de setembro de 1949 con motivo do inicio da liga. O partido inaugural, de terceira división, enfrontou ao CD Mirandés co Club Deportivo Logroñés, e o resultado foi de 0:1 a favor dos visitantes.
Dotouse ao recinto dunha capacidade para 6.000 espectadores, algúns sentados pero maioritariamente de pé, e unhas dimensións do terreo de xogo de 105 × 69 metros de céspede natural. O seu prezo ascendeu ás 693.000 pesetas.
Cos anos o estadio sufriu unha serie de modificacións como a construción de novos vestiarios, novas cubertas nos chanzos ou a construción dun campo anexo de adestramentos. No verán de 2010 o estadio sufriu unha ampliación ao construír unha bancada no fondo sur. Xunto á bancada lateral de tribuna, son os únicos espazos onde os espectadores están sentados.
En de Anduva pasaron ao longo da historia diferentes equipos de entidade como o Betis, Real Sociedade, Real Zaragoza ou Valencia CF entre outros, pero o acontecemento de maior relevancia ocorreu o 28 de febreiro de 2006, cando se celebrou o único encontro internacional que o estadio albergou. O partido enfrontou á selección de fútbol de España sub-21 contra a selección de fútbol de Polonia sub-21 e cuxo resultado final foi de 0-1 para os visitantes.[1] Aínda que non foi oficial, a selección de fútbol de Guinea Ecuatorial tamén xogou en Anduva o 8 de agosto de 2006 nun triangular contra o Club Deportivo Numancia e o Club Deportivo Mirandés.
Partidos da selección
editarEspaña | 0 - 1 | Polonia | 28 de febreiro de 2006 – Estadio de Anduva, Miranda de Ebro Asistencia: 4.000 Árbitro: Paulo Manuel Gomes Costa (Portugal) |
Informe |
Piszczek' 23' | ||
Notas
editar- ↑ "España tropeza ante Polonia (0-1) na súa preparación para a clasificación para o Europeo". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2009.