Abrir o menú principal

Ivan Rakitić

futbolista croata

Ivan Rakitić, nado en Rheinfelden[1] (Suíza) o 10 de marzo de 1988, é un futbolista profesional que xoga de centrocampista e o seu club actual é o FC Barcelona da Liga BBVA. Ademais, é internacional na selección de Croacia. Malia haber xogado coas categorías inferiores de Suíza, Rakitić decidiu xogar internacionalmente con Croacia debido á nacionalidade dos seus pais.

Ivan Rakitić
IvanRakitic.jpg
Rakitić xogando co Sevilla FC en 2014
Información persoal
Nome completo Ivan Rakitić
Nacemento 10 de marzo de 1988 (31 anos)
  Rheinfelden
Nacionalidade Suíza
Altura 1,84 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Barcelona
Número 4
Carreira xuvenil
1992–1995 FC Möhlin-Riburg
1995–2005 Basel
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2007 Basel 34 (11)
2007–2011 Schalke 04 97 (12)
2011–2014 Sevilla 117 (27)
2014– Barcelona 0 (0)
Selección nacional
2006–2007 Suíza sub-21 4 (1)
2009 Croacia sub-21 4 (2)
2007– Croacia 65 (9)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 16 de xuño de 2014.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 23 de xuño de 2014.

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

ClubEditar

Tras pasar uns anos nas categorías inferiores do FC Basel, Rakitić fixo o seu debut co primeiro equipo o 29 de setembro de 2005, nun partido da Copa da UEFA contra o Široki Brijeg.

O 22 de xuño de 2007, fichou polo FC Schalke 04 alemán por 5 millóns de euros.

O 28 de xaneiro de 2011, asinou un contrato de catro anos e medio co Sevilla FC, a cambio de 2.5 millóns de euros.[2]

O 16 de xuño de 2014, Rakitić asinou un contrato de cinco anos co FC Barcelona, efectivo dende o día 1 de xullo.[3]

Rakitić xogou coa selección croata dende 2007, incluíndo participacións nas Eurocopas de 2008 e de 2012, e no Mundial de 2014.

PalmarésEditar

ClubEditar

FC Basel
2006–07
Sevilla
2013–14

NotasEditar

  1. "Ivan Rakitic". FC Barcelona. Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  2. "Rakitić opts for Sevilla, Medel to follow". UEFA. 28 de xaneiro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2011. 
  3. "Agreement for Ivan Rakitic to join FC Barcelona". FC Barcelona. Consultado o 16 de xuño de 2014. 

Véxase taménEditar