Dani Iglesias
Daniel Iglesias Gago, nado en Santiago de Compostela o 18 de agosto de 1995, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no ŠKF Sereď de Eslovaquia.
Dani Iglesias | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Daniel Iglesias Gago | ||
Nacemento | 18 de agosto de 1995 (28 anos) | ||
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela | ||
Altura | 1.73 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | ŠKF Sereď | ||
Número | 20 | ||
Carreira xuvenil | |||
2007–2013 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2012–2015 | Fabril | 80 | (25) |
2013 | Deportivo da Coruña | 1 | (0) |
2015–2019 | Alavés B | 51 | (9) |
2015–2016 | → Guadalajara (cedido) | 33 | (7) |
2018–2019 | → Istra 1961 (cedido) | 22 | (1) |
2019–2021 | Rijeka | 12 | (0) |
2021 | → Spartak Trnava (cedido) | 11 | (0) |
2021– | ŠKF Sereď | 24 | (0) |
Selección nacional | |||
2011 | España sub-16 | 3 | (4) |
2012 | España sub-17 | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 8 de xullo de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Ingresou na canteira do Deportivo da Coruña en 2007, con 12 anos.[1] Avanzou polas diferentes categorías do club e na tempada 2012/13 debutou co filial, o Fabril, na Terceira División, alternando co equipo xuvenil. Esa campaña participou en 14 partidos co filial e logrou 5 goles.
Na tempada 2013/14 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña en Segunda División, no encontro da segunda xornada en Riazor ante o Córdoba (0–1), substituíndo a Álex Bergantiños. Xogou outros dous partidos esa tempada co equipo adestrado por Fernando Vázquez, correspondentes á Copa do Rei.
Continuou no Fabril ata o final da tempada 2014/15, acumulando un total de 80 partidos e 24 goles. O 31 de xullo de 2015 anunciouse a rescisión do seu contrato co Deportivo da Coruña, despois de oito anos na estrutura do club.[2]
Días máis tarde firmou por catro temporadas co Deportivo Alavés, de Segunda División.[3] Na súa primeira tempada foi cedido CD Guadalajara de Segunda División B,[4] co que disputou 33 partidos e anotou 7 goles. Nas dúas seguintes tempadas xogou co filial do equipo vasco, o Alavés B, na Terceira División, e na 2018/19 foi cedido ao Istra 1961 de Croacia, xunto a Adrián Fuentes, Einar Galilea e Ioritz Landeta.[5] Disputou 22 partidos na Prva HNL, 2 deles na fase de permanencia na que o equipo salvou a categoría ante o Šibenik.
En 2019 foi traspasado ao Rijeka, co que xogou un total de 14 partidos durante a súa primeira tempada, rematando a liga na terceira posición, por detrás do Dinamo Zagreb e do Lokomotiva.[5] Co equipo croata debutou na Europa League, nun partido ante o Aberdeen, e disputou tres partidos na competición europea. Comezou a seguinte tempada en Rijeka pero ante a falta de minutos, foi cedido en febreiro ao Spartak Trnava eslovaco, co que xogou ata o final da campaña, disputando 10 partidos da liga eslovaca (rematando cuarto) e dous da Copa.[6]
En 2021 foi traspasado ao ŠKF Sereď, tamén de Eslovaquia, co que rematou a liga na quinta posición, pero o club foi descendido dúas categorías administrativamente.
Notas editar
- ↑ "Dani Iglesias deja el Deportivo" (en castelán). 1 de agosto de 2015. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "El Deportivo y Dani Iglesias llegan a un acuerdo para la rescisión de su contrato". Deportivo da Coruña (en castelán). 31 de xullo de 2015. Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ "Dani Iglesias jugará en el Alavés". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-08-11. Consultado o 2020-02-06.
- ↑ "Dani Iglesias se marcha cedido al CD Guadalajara". deportivoalaves.com (en castelán). 01 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ 5,0 5,1 Fuentes, Luis (16 de xullo de 2019). "El Alavés traspasa a Dani Iglesias al Rijeka de Croacia". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ De la Fuente, Óscar (21 de xuño de 2021). "En busca de un nuevo desafío tras probar la locura eslovaca" (en castelán). Consultado o 8 de xullo de 2022.