Abrir o menú principal

Álex Bergantiños

futbolista español

Alejandro "Álex" Bergantiños García, nado na Coruña o 7 de xuño de 1985, é un futbolista galego. Xoga de mediocentro defensivo e o seu actual equipo é o Deportivo da Coruña.

Álex Bergantiños
Alex Bergantiños Alcorcón-RSG 2017-18.jpg
Álex Bergantiños en agosto de 2017.
Información persoal
Nome completo Alejandro Bergantiños García
Nacemento 7 de xuño de 1985 (34 anos)
  A Coruña
Nacionalidade España
Altura 1,77 m.
Posición Mediocentro defensivo
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 4
Carreira xuvenil
1993–2002 Imperátor
2002–2004 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2008 Deportivo B 97 (10)
2008– Deportivo da Coruña 187 (7)
2008–2010Xerez (cedido) 57 (0)
2010–2011Granada (cedido) 6 (0)
2011Nàstic (cedido) 22 (1)
2017–2018Sporting de Gijón (cedido) 36 (1)
Selección nacional
2008– Galicia 3 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 16 de decembro de 2018
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 20 de maio de 2016

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Natural do barrio coruñés da Sagrada Familia, formouse nas categorías inferiores do Deportivo e entre 2004 e 2008 xogou no Deportivo B. En abril do 2005, mentres militaba no Fabril, Javier Irureta convocouno para un partido do primeiro equipo do Deportivo fronte ao Levante.[1] As súas boas intervencións co filial abríronlle as portas para asinar un contrato profesional co Deportivo. Na tempada 2008–09 foi cedido ao Xerez CD de Segunda División, facendo unha boa campaña e logrando o ascenso a Primeira División. Ese ano xogou un total de 548 minutos distribuídos en 19 partidos.

Na tempada 2009–10 foi cedido novamente ao Xerez, debutando en Primeira División o 30 de agosto de 2009, xogando os derradeiros 30 minutos dun partido que enfrontaba ao Xerez co RCD Mallorca e que rematou con derrota (2–0). Facendo unha mala campaña, o Xerez foi descendido a Segunda División quedando na última posición da táboa. Tras rematar a súa cesión no Xerez, o 14 de xullo de 2010 anunciouse unha nova cesión, esta vez ao Granada CF.[2]

O 10 de xaneiro de 2011 anunciouse unha nova cesión, esta vez ao Gimnàstic de Tarragona, até a fin da tempada 2010–11.[3]

Na tempada 2011-2012 e tras o descenso do Deportivo á Liga Adelante, regresa ao club da súa cidade. Ese ano rende a un gran nivel, consegue xogar os 42 partidos de liga[4] e ademais o equipo acaba campión con récord de puntos.[5]

O 11 de xullo de 2017 o Deportivo anunciou a renovación de Bergantiños até 2019, así como a súa saída cedido por unha temporada ao Sporting de Gijón, en Segunda División.[6]

O 16 de xuño de 2018 o Deportivo da Coruña anunciou a reincorporación do xogador.[7]

Selección galegaEditar

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Irán disputado no estadio de Riazor o 27 de decembro de 2008, que finalizou con vitoria para os irmandiños (3–2). Repetiu convocatoria para o partido contra Venezuela disputado tamén no estadio de Riazor o 20 de maio de 2016, que finalizou con empate (1–1).[8]

EstatísticasEditar

Actualizado a 10 de outubro de 2019.

Club Div Tempada Liga Copa do Rei Comp. Europea Total
Part. Goles Part. Goles Part. Goles Part. Goles
Deportivo B 2007–08 38 3 38 3
Xerez 2008–09 30 0 0 0 30 0
2009–10 27 0 2 0 29 0
Granada 2010–11 6 0 1 0 7 0
Gimnàstic 2010–11 22 1 0 0 22 1
Deportivo da Coruña 2011–12 42 3 1 0 43 3
2012-13 29 1 0 0 29 1
2013–14 37 0 1 0 38 0
2014-15 33 0 1 0 34 0
2015-16 22 2 2 0 24 2
2016-17 8 1 1 0 9 1
Sporting de Xixón 2017-18 36 1 2 0 38 1
Deportivo da Coruña 2018-19 35 1 0 0 35 1
2019-20 10 0 0 0 - - 10 0

PalmarésEditar

Outras actividadesEditar

Dende 2013[9] organiza todos os anos no concello de Vilasantar, de onde é nativa a súa familia, un campus de fútbol base para nenos.[10]

NotasEditar

  1. "Entrevista". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de abril de 2005. p. 42. 
  2. "Álex Bergantiños se va cedido al Granada"
  3. "El Dépor autoriza al Granada a ceder a Alex al Nastic hasta final de Liga"
  4. "Álex Bergantiños confía en sus posibilidades" (en castelán). 15 de xuño de 2012. Consultado o 14 de maio de 2018. 
  5. "O Deportivo remata a liga con récord de puntos en Segunda". 4 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2012. Consultado o 14 de maio de 2015. 
  6. "O Deportivo e Álex amplían un ano a súa vinculación e acordan a cesión ao Sporting a próxima temporada". Deportivo da Coruña. 11 de xullo de 2017. 
  7. "Álex volve a casa". Deportivo da Coruña. 16 de xuño de 2018. 
  8. Pardo, Miguel (21 de maio de 2016). "Galicia brilla e promete continuidade na festa do fútbol da terra". Praza.gal. Consultado o 22 de maio de 2016. 
  9. "Alex Bergantiños presentó esta mañana en Vilasantar la segunda edición de su Campus de fútbol base" (en castelán). 20 de xuño de 2014. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  10. "VII CAMPUS FÚTBOL ALEX BERGANTIÑOS". www.vilasantar.gal. Consultado o 10 de outubro de 2019. 

Véxase taménEditar