Abrir o menú principal

Guillermo Muñoz Muñoz, alcumado Hallulla, nado en San Felipe de Aconcagua (Valparaíso) o 25 de xaneiro de 1953 e finado o 11 de abril de 2016, foi un futbolista chileno. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección chilena.

Hallulla
Información persoal
Nome completo Guillermo Muñoz Muñoz
Nacemento 25 de xaneiro de 1953 (66 anos)
  Chile
Falecemento 11 de abril de 2016
  Valparaíso
Nacionalidade Chile
Altura 1,76 m.
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1970–1973 Santiago Wanderers
1973–1978 Deportivo da Coruña 66 (21)
Santiago Wanderers
Universidad Católica
Unión San Felipe
Selección nacional
1973–? Chile

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Na tempada 1973–74 fichou polo Deportivo da Coruña, en Segunda División. Debutou na oitava xornada, nun empate en Riazor fronte o Hércules CF (1–1) e logrando o seu primeiro tanto como branquiazul dúas xornadas despois, nunha vitoria fronte o Linares CF (3–0), anotando Muñoz o segundo tanto. Ese ano o club branquiazul descendeu a Terceira División, por única vez na súa historia. Permaneceu no club coruñés até a tempada 1977–78, de novo en Segunda División, mais sen xogar ningún partido nas últimas tres campañas por mor dunha lesión.

O 12 de abril de 2016 o Deportivo lamentou o seu pasamento, acontecido o día anterior.[1]

NotasEditar

  1. "Fallece en Chile el exdeportivista 'Hallulla' Muñoz". Deportivo da Coruña. 12 de abril de 2016.  (en castelán)

Véxase taménEditar