Luis Fernández Teijeiro

futbolista español

Luis Fernández Teijeiro, nado en Burela o 27 de setembro de 1993, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Lechia Gdańsk da I liga polaca.

Luis Fernández
Información persoal
Nome Luis Fernández Teijeiro
Nacemento 27 de setembro de 1993 (30 anos)
Lugar de nacemento Burela
Altura 1,75 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Lechia Gdańsk
Número 10
Carreira xuvenil
2008–2009 Ural
2009–2011 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011–2013 Deportivo B 46 (32)
2013–2016 Deportivo da Coruña 28 (5)
2014–2015Lugo (cedido) 25 (5)
2015–2016Huesca (cedido) 28 (4)
2016 Alcorcón 4 (0)
2017 UCAM Murcia 5 (0)
2017–2018 Fabril 14 (5)
2019–2021 Asteras Tripolis 45 (17)
2021 Khor Fakkan 2 (0)
2022–2023 Wisła Kraków 39 (23)
2023– Lechia Gdańsk 11 (6)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 1 de xaneiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Burela, na Mariña, Luis Fernández chegou ao Deportivo da Coruña no ano 2009, no paso de cadete a xuvenil, despois de destacar como goleador nas categorías inferiores do Ural CF.[1] Desde entón o burelao progresou até chegar ao primeiro equipo. Na tempada 2011/12, sendo aínda xuvenil, debutou co filial coruñés na Terceira División. En febreiro viviu un auténtico pesadelo, xa que sufriu unha rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo dereito no campo do Ordes.[2] A lesión deixouno sen poder xogar durante oito meses, chegando a pensar en deixar o fútbol, porén, regresou aos terreos de xogo en outubro de 2012.[1]

Despois de recuperarse da lesión, converteuse no home gol do Fabril, marcando 21 goles en 25 partidos de liga e 7 nos 6 partidos do play off de ascenso, incluíndo un triplete na ida da final polo ascenso ante El Palo.[3] A pesar diso, o Deportivo B non puido lograr o ascenso despois dun partido de volta polémico no campo de San Ignacio. O seu bo labor no filial valeulle para facer a pretempada co primeiro equipo, debutando e marcando tres goles o 18 de xullo nun amigable contra o Lemos, de Preferente. O seu debut oficial foi o 18 de agosto, saíndo como titular na primeira xornada da Segunda División, ante a UD Las Palmas no Estadio de Gran Canaria.

O seu primeiro gol oficial logrouno no seu primeiro partido na Copa do Rei, o 12 de setembro de 2013 no Nuevo Arcángel ante o Córdoba, mentres que o seu primeiro gol en Liga chegou o 3 de novembro ante o Real Madrid Castilla. Rematou a tempada cun total de 6 goles en 30 partidos, acadando finalmente o ascenso á Primeira División.

Para a tempada 2014/15, o club coruñés chegou a un acordo de cesión co Lugo, da Segunda División.[4] No equipo de Quique Setién xogou un total de 26 partidos, nos que marcou 5 goles, conseguindo o obxectivo da permanencia. O 7 de agosto de 2015 anunciouse unha nova cesión do futbolista, esta vez ao Huesca, tamén de Segunda.[5] No equipo aragonés disputou 29 partidos, 19 deles como titular, e volveu repetir a cifra de cinco goles.

O 21 de xullo de 2016 anunciouse a rescisión do seu contrato co Deportivo da Coruña, incorporándose á disciplina do Alcorcón.[6] No club madrileño viviu unha mala experiencia e no mercado invernal foi traspasado ao UCAM Murcia, despois de ter disputado só cinco partidos.[7][8] Tampouco tivo sorte no equipo murciano, onde sufriu unha grave lesión de xeonllo, ao romper o ligamento cruzado.[9] Xogou só cinco encontros e o equipo acabou descendendo a Segunda B.

O 1 de setembro de 2017 firmou por unha temporada co Deportivo Fabril, volvendo así á disciplina branquiazul.[10] No filial coruñés xogou un ano, disputando 14 partidos nos que marcou 5 goles. Para a tempada seguinte regresou ao UCAM Murcia, desta vez en propiedade. Ás ordes de Munitis primeiro e Merino ao final, disputou 17 encontros na categoría de bronce e marcou 9 goles, quedando só a tres de Juanma, máximo goleador do grupo 4.

En xuño de 2019 saíu ao estranxeiro, asinando como novo xogador do Asteras Tripolis grego, onde relanzou a súa carreira con boas actuacións.[11] Xogou un total de 48 partidos repartidos en dúas tempadas e marcou 18 goles. Na primeira tempada rematou entre os nove máximos anotadores da Super Liga, mentres que na seguinte disputou os play-offs polo título.

En xullo de 2021, pouco despois de casar e de viaxar de lúa de mel a Dubai, acabou por mudarse nos propios Emiratos Árabes Unidos, aceptando unha oferta do Khor Fakkan.[12][13] Instalado no emirato de Fujairah debido ás leis relixiosas menos restritivas que as de Sharjah, sede do equipo, disputou só dous partidos oficiais, antes de que a súa licenza federativa lle fose retirada, do mesmo xeito que ao seu compañeiro berciano Borja Valle.[12]

En xaneiro de 2022 regresou ao fútbol europeo, fichando polo Wisła Kraków da Ekstraklasa, a máxima categoría do fútbol de Polonia. No histórico club de Cracovia coincidiu co tamén galego Miki Villar e con outros cinco futbolistas españois.[14] Pechou a súa primeira media tempada no club polaco co descenso á I Liga. Na tempada 2022/23 marcou 20 goles, sendo o segundo máximo goleador do campionato, cun menos que o primeiro, Karol Czubak. Disputou a promoción de ascenso, pero o seu equipo caeu eliminado contra o Puszcza Niepołomice.[15]

No verán de 2023 asinou polo Lechia Gdańsk, da mesma categoría, debutando cun triplete ante o Chrobry Głogów na primeira xornada de liga.[16]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Fariña, Jacobo (17 de xaneiro de 2013). "Luis Fernández: "Todo niño que juega en Coruña sueña con llegar algún día al Dépor"". riazor.org (en castelán). Consultado o 13 de marzo de 2023. 
  2. Aguiar, Iván (17 de marzo de 2013). riazor.org, ed. "Luis Fernández, el hombre gol del Fabril" (en castelán). Consultado o 18 de xullo de 2014. 
  3. Chas, Leticia G. (24 de xuño de 2013). Deportivo da Coruña, ed. "Más cerca de Segunda B" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 18 de xullo de 2014. 
  4. Fernández, Xurxo (18 de xullo de 2014). La Voz de Galicia, ed. "Luis Fernández xogará cedido no Lugo". 
  5. "Luis Fernández, cedido una temporada a la SD Huesca". Deportivo da Coruña. 7 de agosto de 2015.  (en castelán)
  6. "El RC Deportivo y Luis Fernández llegan a un acuerdo para finalizar su vinculación contractual". Deportivo da Coruña. 21 de xullo de 2016.  (en castelán)
  7. López, Antón (14 de abril de 2017). "Entrevista. Luis Fernández: "Soy un deportivista más"" (en castelán). Consultado o 13 de marzo de 2023. 
  8. "Luis Fernández, nuevo jugador del UCAM Murcia CF". UCAM Murcia. 11 de xaneiro de 2017.  (en castelán)
  9. Centeno, Alexandre (2 de setembro de 2017). "Luis Fernández regresa para reforzar al Fabril en Segunda B". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de marzo de 2023. 
  10. "Luís Fernández xogará a Temporada 2017-2018 no Fabril". Deportivo da Coruña. 1 de setembro de 2017. 
  11. "Luis Fernández vuelve a cambiar de equipo y regresa a Europa" (en castelán). 11 de xaneiro de 2022. Consultado o 13 de marzo de 2023. 
  12. 12,0 12,1 ""Vivimos moi ben, pero non me deixan xogar"". El Progreso. 26 de outubro de 2021. Consultado o 14 de marzo de 2023. 
  13. "El gallego Luis Fernández se marcha al Khorfakkan FC de Emiratos Árabes" (en castelán). 25 de xullo de 2021. Consultado o 14 de marzo de 2023. 
  14. R. Barbero, Alberto; Rivero, Ángel (11 de marzo de 2023). "Wisla y los siete". Marca (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2023. 
  15. "Wisła Kraków 1-4 Puszcza Niepołomice". 90minut.pl (en polaco). Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  16. Sobrino, Adrián (24 de xullo de 2023). "Luis Fernández inicia la temporada con un hat-trick" (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar