Abrir o menú principal

Borja Valle

futbolista español

Borja Valle Balonga, nado en Ponferrada o 9 de xullo de 1992, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Deportivo da Coruña.

Borja Valle
BorjaValle.png
Información persoal
Nome completo Borja Valle Balonga
Nacemento 9 de xullo de 1992 (27 anos)
  Ponferrada
Nacionalidade España
Altura 1,80 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 7
Carreira xuvenil
Ponferradina
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2011 Ponferradina B
2010–2013 Ponferradina 18 (1)
2012Celta B (cedido) 13 (1)
2012–2013Ourense (cedido) 32 (4)
2013–2014 Ourense 32 (6)
2014–2016 Oviedo 54 (15)
2016– Deportivo da Coruña 39 (8)
2017Elche (cedido) 17 (4)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 10 de febreiro de 2019
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Formouse nas categorías inferiores da SD Ponferradina facendo o seu debut co equipo filial na tempada 2009-10. O 9 de maio de 2010 debuta co primeiro equipo xogando os últimos 19 minutos como visitante contra o Zamora CF perdendo 1-0[1] pero ascendendo co equipo á Segunda División ao final da tempada.

O 29 de xaneiro da seguinte tempada, Valle fai o seu debut profesional coa Deportiva, saíndo como substituto de Yuri no minuto 89 no partido disputado contra a SD Huesca perdendo 1-0, gol marcado xustamente despois do seu debut (no minuto 91).[2] O seu primeiro gol na competición produciuse o 12 de marzo, anotando o gol gañador contra o Albacete Balompié (2-1).[3]

O 26 de xaneiro de 2012 Valle foi cedido ao Celta de Vigo B, da Segunda División B.[4] Ao comezo da tempada seguinte volve ser cedido, nesta ocasión ao CD Ourense,[5] quedándose no club galego ao final da tempada, fichando o 6 de xuño de 2013.[6]

O 21 de maio de 2014 Valle ficha polo Real Oviedo,[7] sendo unha peza clave no ascenso do equipo asturiano á Segunda División ao final da tempada, referendado pola renovación cos carbayones o 24 de xuño de 2015.[8]

O 21 de xuño de 2016 confírmase a fichaxe do berciano polo Deportivo da Coruña para as seguintes 3 tempadas.[9]

NotasEditar

  1. Zamora–Ponferradina (1–0); La Opinión de Zamora, 9 de maio de 2010
  2. Camacho osixena ao Huesca; Marca, 29 de xaneiro de 2011
  3. A Ponferradina volve a gañar 17 xornadas despois; Marca, 12 de marzo de 2011
  4. Borja Valle vaise cedido ao Celta B a petición propia; Diario de León, 26 de xaneiro de 2012
  5. "Borja Valle cedido al CD Ourense"
  6. Oficial: Ourense, Borja Valle firma a título definitivo Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.; Web Todo Mercado, 6 de xuño de 2013
  7. O Oviedo ficha a Borja Valle; La Nueva España, 21 de maio de 2014
  8. Borja Valle renova o seu compromiso co Real Oviedo; Diario La Nueva España, 25 de xuño de 2015
  9. Borja Valle, novo xogador do Deportivo; Diario Marca, 22 de xuño de 2016

Véxase taménEditar