Estadio Nuevo Los Cármenes

O Estadio Nuevo Los Cármenes é un estadio de fútbol español da cidade de Granada. Serve de localía ao Granada Club de Fútbol e ten capacidade para 22.524 espectadores.

Estadio Nuevo Los Cármenes

Tipoestadio de fútbol Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 37°09′11″N 3°35′45″O / 37.153, -3.5957
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Granada
ConcelloGranada Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónGranada, España
Datas
Fundación16 de maio de 1995 Editar o valor en Wikidata
Inauguración16 de maio de 1995
Dimensións
Capacidade22.524
Tipo superficieCéspede
Persoas e organizacións
Propietario/aConcello de Granada
Operador/aGranada Editar o valor en Wikidata
OcupanteGranada CF Editar o valor en Wikidata
Deporte
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LocalíaGranada CF
Wikidata ]

Toma o nome do antigo campo do Granada CF, o Estadio Los Cármenes, que estaba situado na Avenida de Madrid e foi vendido polo club para ser substituído por unha urbanización residencial.

Inaugurouse o 16 de maio de 1995, celebrándose o primeiro partido oficial o 6 de xuño de 1995. O partido inaugural, de carácter amigable, enfrontou ao Real Madrid contra o Bayer Leverkusen, e acabou coa vitoria por 1-0 do club español. O primeiro gol oficial marcado no estadio foi obra de Óscar nun España - Armenia en categoría Sub-21, que terminou coa vitoria española por 4 a 0. Os outros tres goles de España anotáronos Roberto, Morales e Raúl.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar