Luís Carlos Correia Pinto

futbolista portugués

Luís Carlos Correia Pinto, coñecido como Luisinho, nado en Porto o 5 de maio de 1985, é un futbolista portugués. Xoga de lateral esquerdo e o seu equipo actual é o Leixões SC.

Modelo:BiografíaLuís Carlos Correia Pinto

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de maio de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Porto, Portugal Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Número deportivo16 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2004–2005 Sport Clube Vila Real
2006–2007 cesión Moreirense Futebol Clube 25(2)
2007–2007 cesión Rio Ave Futebol Clube 6(0)
2008–2009 Moreirense Futebol Clube 38(6)
2009–2011 Clube Desportivo das Aves 51(5)
2011–2012 Futebol Clube Paços de Ferreira 28(1)
2012–2013 Sport Lisboa e Benfica 5(1)
2013–   Deportivo da Coruña

Traxectoria

editar

O 19 de agosto de 2013 fichou polo Deportivo da Coruña, acabado de descender a Segunda División, procedente do Benfica.[1] Fixo o seu debut na xornada 3, nunha vitoria fronte o Sabadell a domicilio (0–3), chegando o seu primeiro gol na xornada 14, nunha vitoria fronte o RCD Mallorca en Riazor (3–1). Ese ano o club coruñés ascendeu a Primeira División, participando Luisinho en 31 partidos e anotando 3 goles.

O 4 de decembro de 2014 renovou co club coruñés até xuño de 2018.[2] O 9 de outubro de 2017 anunciouse a súa renovación, ampliando o seu contrato até xuño de 2020.[3]

O 15 de xuño de 2018, o Deportivo e o SD Huesca, ascendido por primeira vez na súa historia a Primeira División, chegaron a un acordo para o traspaso de Luisinho tras cinco tempadas na Coruña.[4]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar