Club Deportivo Mirandés
O Club Deportivo Mirandés é un club de fútbol con sede na cidade de Miranda de Ebro, na provincia de Burgos, España. Foi fundado o 3 de maio de 1927 que xoga na Segunda División Española. O club exerce de local no Estadio Municipal de Anduva, que conta cunha capacidade aproximada de 6.500 espectadores.
Mirandés | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Mirandés | ||
Alcume(s) | Rojillos, Jabatos | ||
Fundación | 3 de maio de 1927 | ||
Estadio | Municipal de Anduva, Miranda de Ebro, España | ||
Inauguración | 1950 | ||
Capacidade | 6.500 | ||
Presidente | Ramiro Revuelta | ||
Adestrador | Andoni Iraola | ||
Liga | Segunda División | ||
2018–19 | 3º (2ªB – Grupo 2) | ||
Vestimenta | Bemiser | ||
Patrocinador | Caja de Burgos | ||
Na rede | |||
http://www.cdmirandes.com/ | |||
| |||
Nas súas vitrinas constan un título de liga de Segunda B, catro de Terceira División, unha Copa de Castela e León e o Trofeo invicto Don Balón entre outros premios. Entre os clubs que existe unha rivalidade especial atópase o Burgos CF, Deportivo Alavés e Haro Deportivo. Durante a tempada 2011-12, o orzamento ascende aos 1 200 500 € e o número de socios aos 3.500.
Na tempada 2011-12 fai historia converténdose no segundo equipo de Segunda B que chega ás semifinais da Copa do Rei.[1] Logo de eliminar a Villarreal CF, Racing de Santander e RCD Espanyol, tres equipos de Primeira a dobre partido, quedou a un paso da final logo de perder contra o Athletic Club. Esa mesma tempada consegue o primeiro ascenso da súa historia á Segunda División.[2]
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón negro e medias vermellas.
- Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias vermellas.
- Terceiro uniforme: Camiseta dourada, pantalón negro e medias vermellas.
Estadio
editar- Artigo principal: Estadio Municipal de Anduva.
O estadio do Mirandés é o Estadio Municipal de Anduva, propiedade do concello de Miranda de Ebro. Foi inaugurado o 22 de xaneiro de 1950, aínda que xa fora estreado en setembro de 1949 con motivo do inicio de liga. Posúe unha capacidade para 6.000 espectadores, algúns sentados pero maioritariamente de pé, e unhas dimensións de 105 x 69 metros. O terreo de xogo é de céspede natural.
O partido inaugural, de Terceira División, enfrontou ao Mirandés co CD Logroñés (0-1). O Estadio de Anduva alberga de forma regular os partidos de liga do Mirandés, pero tamén foi escenario doutros acontecementos deportivos, entre os que destaca o encontro das seleccións de fútbol sub-21 de España e Polonia en 2006 (0-1).
Anterior a este estadio, o club rojillo disputou os seus encontros noutros escenarios. Durante o primeiro ano de vida, o Club Deportivo Mirandés xogou no Campo de Kronne. Ao ano seguinte o equipo trasladouse a outro campo, e o 26 de maio de 1928 disputouse o primeiro partido no Campo da Estación. O partido inaugural deste campo enfrontou ao CD Mirandés contra o Club Ciclista, outro equipo local, e saldouse cunha vitoria mirandesista por 7 goles a 1. O club permaneceu no Campo da Estación ata a inauguración do Estadio de Anduva en 1950.
Datos do club
editar- Socios: 3.523
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 6 (Incluída a 2019/20)
- Tempadas en 2ªB: 15
- Tempadas en 3ª: 50
- Mellor posto na Copa do Rei: Semifinais (2011-12)
- Promocións de ascenso a Segunda: 5 (2 ascenso)
- Promocións de ascenso a Segunda B: 8 (2 ascensos)
- Máxima puntuación en liga: 95 puntos (2007–08)
- Máximo goleador: Pablo Infante
Xogadores
editarCadro actual
editar
|
|
Palmarés
editarTorneos nacionais
editar- Semifinalista da Copa do Rei (1): 2011-12
- Segunda División B de España (1): 2011-12
- Subcampión de Segunda División B (1): 2010-11
- Terceira División de España (4): 1988-89, 2002-03, 2006-07, 2007-08
- Subcampión de Terceira División (4): 1957-58, 2000-01, 2005-06, 2008-09
Torneos rexionais
editar- Copa de Castela e León (1): 2011-12
Torneos amigables
editar- Trofeo Ciudad de Briviesca (1): 1982
- Trofeo Ciudad de Miranda (1): 1980
- Trofeo Kali Garrido (1): 2010
- Torneo Pacopin (1): 2011
- Torneo Asociación Bodegas Rioja Alavesa (1): 2011
Premios
editar- Trofeo invicto Don Balón (1): 2002-03
- Premio "Juego Limpio" 2ªb (1): 2010-11
- Medalla do Concello de Miranda de Ebro: 2002
Notas
editar- ↑ "O Mirandés, segundo equipo de Segunda B que accede a semifinais". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 06 de marzo de 2012.
- ↑ O Mirandés xa é de Segunda
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Club Deportivo Mirandés |