Andoni Iraola
Andoni Iraola Sagarna, nado en Usurbil (Guipúscoa) o 22 de xuño de 1982, é un exfutbolista e adestrador vasco. Xogaba de defensa lateral dereito e desenvolveu case toda a súa carreira no Athletic de Bilbao, co que disputou máis de 500 partidos. Dende 2020 adestra o Rayo Vallecano.
Andoni Iraola | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Andoni Iraola Sagarna | ||
Nacemento | 22 de xuño de 1982 | ||
Lugar de nacemento | Aginaga | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | New York City | ||
Número | 51 | ||
Carreira xuvenil | |||
1998–1999 | Antiguoko | ||
1999–2000 | Athletic Club | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2000–2001 | Baskonia | 35 | (4) |
2001–2003 | Bilbao Athletic | 75 | (15) |
2003–2015 | Athletic Club | 406 | (33) |
2015–2016 | New York City | 38 | (0) |
Selección nacional | |||
2001 | España sub-18 | 1 | (0) |
2003 | España sub-21 | 1 | (0) |
2003–2013 | Euskadi | 9 | (0) |
2008–2011 | España | 7 | (0) |
Adestrador | |||
2018–2019 | AEK Larnaca | ||
2019–2020 | Mirandés | ||
2020– | Rayo Vallecano | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 29 de agosto de 2015. Selección: actualizado a 29 de decembro de 2012.[ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Formouse nas categorías inferiores do Antiguoko donostiarra ata que chegou a Lezama en virtude do convenio entre o Athletic Club e o Antiguoko. No club guipuscoano foi compañeiro de xogadores de talle internacional como Xabi Alonso e Mikel Arteta. En 2003 pasou a formar parte do primeiro persoal do Athletic Club.
Debutou na Primeira división o 30 de agosto de 2003, nun partido contra o FC Barcelona, gañado 0-1 polos culés. Na súa primeira tempada xogou 31 partidos de liga e marcou cinco goles.
En 2005 renovou o seu contrato co Athletic ata o ano 2010, a pesar de ser seguido por equipos como o Valencia CF ou o Liverpool FC. Converteuse en só dúas tempadas nun dos mellores pasadores do equipo xunto a Fran Yeste. Destacaba pola súa capacidade de desprazar a pelota manténdoa moi preto do pé e driblando xogadores contrarios con facilidade.
En total disputou 510 partidos oficiais co equipo bilbaíno e marcou 38 goles.
Selección nacionalEditar
O 20 de agosto de 2008, Vicente del Bosque, no seu primeiro partido como seleccionador de España, fixo debutar a Iraola como absoluto, nun partido amigábel contra Dinamarca.[1] O 11 de outubro de 2008 disputa o seu primeiro partido oficial coa selección, ante Estonia, substituíndo a Sergio Ramos.
Tamén disputou varios partidos internacionais de carácter amigable coa Selección de Euskadi.
PalmarésEditar
Campionatos nacionaisEditar
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Subcampión da Copa do Rei | Athletic Club | España | 2009 |
Subcampión da Supercopa de España | Athletic Club | España | 2009 |