Madriles
futbolista español
Rogelio Rodríguez Milo, coñecido como Madriles, nado en Monforte de Lemos o 22 de novembro de 1934 e finado en Xixón o 8 de setembro de 2015, foi un futbolista galego. Xogaba de porteiro.
Nome orixinal | Rogelio Rodríguez Milo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 22 de novembro de 1934 Monforte de Lemos, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 8 de setembro de 2015 (80 anos) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Galicia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Porteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNa tempada 1956–57 debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División. Nesa campaña xogou 2 encontros de liga e 3 de copa, facendo o seu debut o 13 de xaneiro de 1947, nunha derrota en Riazor contra o UD Las Palmas (1–2). O seu papel no equipo coruñés foi moi secundario, pois por diante tiña o porteiro titular, Juan Otero e o suplente, Bernabé Marzoa. Ese ano o Deportivo descendeu a Segunda División.
Faleceu o 8 de setembro de 2015 en Xixón, aos 80 anos.[1]
Notas
editar- ↑ "Fallece Madriles, exportero del RC Deportivo". Deportivo da Coruña. 8 de setembro de 2015. (en castelán)