Conversa Wikipedia:Lista de artigos que a Galipedia debería ter

Último comentário: hai 10 anos de Piquito no tópico propostas de artigos bos / de calidade

Falta moita xente importante: onde vai Amancio ?¿?¿?, Acuña. etc. Só hai música folk-pop (quen se vai acordar da nosa música culta: Reveriano Soutullo, Pascual Veiga, Andrés Gaos, Marcial del Adalid, Macías, etc., e aínda máis atrás ???). Alguén ten que revisar esa lista

Lista de parroquias editar

Para evitar ambigüidades, propoño que a lista de parroquias se faga cos topónimos oficiais do Nomenclátor de Galicia e que se escriban tal como aparecen alí, é dicir, primeiro co topónimo da parroquia e inmediatamente a seguir, entre parénteses, o santo patrón correspondente. Por exemplo: "Dexo (Santa María)", ou "Liáns (Santaia)".

Nalgúns casos, o nome do patrón non se separa nunca do topónimo ou é o topónimo en si mesmo; neses casos, tamén propoño seguir o criterio o Nomenclátor. Por exemplo: "San Pedro de Nós (San Pedro)", "San Pantaleón das Viñas (San Pantaleón)", "San Salvador de Padreiro (San Salvador)".

Noutros casos, o topónimo é o nome dun santo, pero o patrón é un santo diferente. Nese caso: "Santa Comba (San Pedro)", "Santa Sabiña (San Xulián)", "San Sadurniño (Santa María)".

En topónimos con artigo, o artigo aparece despois dunha coma e non interfire na orde alfabética da lista: "Ponte Ulla, A (Santa María Madanela)", "Ciadella, A (Santa María)".

O que non teño moi claro é se as entradas da Galipedia deben chamarse tamén así ou se deben chamarse coa orde normal de palabras, tipo: Santa María de Dexo, Santaia de Liáns, Santa María da Ciadella, etc. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Vilachan (conversacontribucións)

Xa existe unha política sobre os títulos de parroquias e lugares. Os títulos das parroquias teñen o seguinte formato parroquia, concello co nome simple sen o paréntese, os títulos dos lugares deste xeito lugar, parroquia, concello. Podes ver exemplos en Parroquias de Galicia e Lugares de Galicia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:44, 11 maio 2007 (UTC)
Perfecto, grazas. Isto pásame por non mirar esas cousas con calma.--vilachan 17:36, 14 maio 2007 (UTC)

Criterios e razón de ser destas listas editar

Boto en falta nesta listaxe (e mais na lista irmá Wikipedia:Lista de artigos que toda Wikipedia debera ter) dun criterio que xustifique a inclusión ou non dun elemento novo. Primeiro ¿que entendemos por "debe ter"? Para min que pretendía ser unha listaxe do contido mínimo que debería (no significado de obriga) encher unha enciclopedia, artigos básicos e imprescindibles para que teña un mínimo de calidade. Pero estase a converter nun taboleiro de anuncios de artigos que un bota en falta, de artigos que non temos e que alguén propón que outro escriba. Eu, persoalmente, creo que hai items que non teñen entidade de abondo como para que "deban" estar (quero dicir: se están, ben, pero se non existen, a Galipedia segue a ser digna de máis).

No primeiro caso, habería que consensuar esa lista e debater se tal o cal artista, filósofo, deportista ou concepto calquera é necesario para unha enciclopedia digna; e ese debate pode levarnos a discusións eternas. No segundo, habería que eliminar todos aqueles que xa contan con artigo propio e deixar só as ligazóns vermellas.

Cando distinguimos entre "lista de artigos da Galipedia" e "lista de artigos da wikipedia" quérese dicir que na primeira lista só terían cabida conceptos relacionados con Galicia. Iso é o que deduzo polo contido da lista. Pero ¿non vai iso en contra da filosofía de estarmos nunha enciclopedia "en galego" e non nunha enciclopedia "galega"?

Quizais estas listas se crearon cando a Galipedia estaba nacendo, como un recordatorio para os usuarios dos artigos que se debían crear para dignificar a Galipedia. Pero agora, con 50.000 artigos ¿seguen sendo necesarias estas listas? ¿Que pasou con aquela lista dos 100 artigos fundamentais que se estaba deseñando?

Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:27, 3 agosto 2009 (UTC)

Entrei aquí todo cheo para soltar unha réstea de argumentos que defenden a inconveniencia de que esta listaxe exista, pero polo que vexo xa Lameiro se me adiantou hai meses. Concordo con el en que isto debeu de ter sentido nos tempos dos primeiros pais da patria, cando era preciso explicitar unha declaración de principios, organizar as cabezas e retroalimentar os ánimos dicindo "vámolo conseguir, rapaces". Hoxe, ao meu aviso, está obsoleta. Propoño incluíla na categoría Wikiarqueoloxía ou matala dignamente. --Xoacas(Góstache o pemento?) 19:39, 21 febreiro 2010 (UTC)
Eu o que no entendo é, se se chama "Lista de artigos que a Galipedia debera ter", ¿por qué está chea de artigos que a Galipedia xa ten? ¿Non deberían deixarse só os enlaces en vermello? --Savig (conversa) 24 de outubro de 2013 ás 09:45 (UTC)Responder
Os artigos que xa están creados deben estar na lista para poder unha visión de tódolos artigos que a compoñen, para poder facer un seguimento de todos eles e tamén para ter unha visión conxunta dos artigos importantes da Galipedia. O que está claro é que a lista necesitaría unha revisión profunda para poder ter algunha utilidade, agora mesmo coa cantidade de "trapallada" que ten non é útil. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de outubro de 2013 ás 15:42 (UTC)Responder

Redefinición da lista editar

Penso que deberiamos facer con esta lista algo parecido so feito coa dos 1.000 artigos que toda Wikipedia debería ter, explícome: deberiamos empregar esta lista para darlle prioridade a estes artigos á hora de mellorar e ampliar os artigos sobre Galiza, e deberiamos propoñernos que todos os artigos da lista sexan artigos longos (+30 kb) e traballar para que sexan artigos de calidade. Tamén opino que deberiamos ter uns criterios claros para incluir artigos á lista e eliminar algúns, por exemplo: na sección de música atopeime con que todos os artigos fan referencia á música moderna ou tradicional e non incluía nomes tan relevantes como Manuel Quiroga Losada (un dos mellores violinistas do mundo na súa época), compositores de gran importancia como Carlos López García-Picos, Reveriano Soutullo (gran figura da zarzuela) ou Rogelio Groba Groba, nin sequera Carlos Núñez; aparecendo personalidades que dende o meu punto de vista son menos relevantes a nivel internacional Juan Pardo. Un saúdo!! Piquito (conversa) 2 de xuño de 2013 ás 11:40 (UTC)Responder

Cantos artigos hai nesta lista? editar

Neste momento conto: 315 de concellos + 53 de comarcas + 50 do día das letras galegas + 343 dos demais temas = 761 artigos ligados (refírome tanto en azul coma en vermello). --. HombreDHojalata.conversa 2 de xuño de 2013 ás 22:48 (UTC)Responder

propostas de artigos bos / de calidade editar

Deixo aquí algúns artigos relacionados con Galicia que penso deberían ser bos. Deles, creo que 69 deberían cumprir os criterios de calidade. É benvida calquera achega ao debate para chegar a 100 artigos de calidade relacionados con Galicia. --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de decembro de 2013 ás 11:18 (UTC)Responder



Isto está ben. Hai artigos da lista que cómpre mellorar si ou si. Por exemplo Alfonso X o Sabio. Porén, esta conversa non iría mellor na Conversa Wikipedia:Lista de artigos que a Galipedia debera ter? --. HombreDHojalata.conversa 6 de decembro de 2013 ás 12:12 (UTC)Responder
Eu tamén penso que esa información debería trasladarse a esa lista xa que é máis axeitada alí, esta lista penso que debería ter os 100 artigos xerais ó estilo da Wikipedia:Lista de artigos que toda Wikipedia debera ter. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de decembro de 2013 ás 01:06 (UTC)Responder
  Feito!; lista movida ao lugar adecuado. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de decembro de 2013 ás 12:55 (UTC)Responder

Copio o meu comentario da Taberna: A min a lista de artigos que presenta Estevoaei paréceme unha boa base para traballar, mais penso que deberiamos seleccionar, porque non todos os concellos galegos son de importancia vital para que unha Wikipedia sexa completa sobre Galiza (sen menospreciar a ningún, pero hai moitos que non teñen relevancia nin histórica nin por poboación), tampouco creo que a teñan todos os escritores aos que se lles adicou o día das letras galegas (creo que todos concordamos en que internacionalmente -e a nivel galego tamén- non son comparables Rosalía de Castro e Roberto Vidal Bolaño). A lista que propón Estevoaei presenta moitas biografías, mais non fala de empresas (por poñer un exemplo), a min fáltanme personalidades importantes da música como Quiroga (menos dúas todas son de música moderna ou folk), eu engadiría moitos máis artigos de historia Reino de Galicia, Reino Suevo, cultura castrexa, Primeira República Galega ou os Irmandiños, tamén me faltan artigos de montes, serras, ríos, cabos, etc... Total, que creo que hai moito do que falar. Tamén hei de engadir que deberiamos refacer a lista coa intención de que todos os artigos da lista chegaran a ser de calidade. Piquito (conversa) 13 de decembro de 2013 ás 13:00 (UTC)Responder

Eu proporía como concellos que deberan aparecer na lista: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela, Vigo, Mondoñedo, Tui, Betanzos, Ribadavia, Monforte de Lemos, incluiría Ponferrada por ser a maior cidade galegofalante (parcialmente) fóra de Galiza, Allariz, Pontedeume. Habería que tentar equilibrar para poñer o mesmo número de concellos de cada provincia, se cadra engadiría algún máis dos 20 concellos máis poboados (ou mesmo todos). De accidentes xeográficos sinalaría: Cabo Fisterra, Cabo Touriñán, Río Miño, Río Sil, Río Támega, Rías Altas, Rías Baixas, Illas Cíes, Illa de Ons, Estaca de Bares, Serra dos Ancares, Serra do Courel, Pena Trevinca, Monte Pindo, Canóns do Sil, Golfo Ártabro, Río Eume, Fragas do Eume, Serra do Eixo, Monte de Cabeza de Manzaneda, Pena Survia, Serra da Capelada, Vixía de Herbeira. De especies animais eu sinalaría as domésticas: can de palleiro, porco celta, cabalo de pura raza galega, galiña de Mos, rubia galega, ovella galega, cabra galega, cachena, caldelá, frieiresa, vianesa, limiá, perdigueiro galego, podengo galego, guicho. De animais salvaxes non sei cáles son as especies autóctonas máis destacadas. Esto é o que se me ocorre, poderiamos facer unha páxina onde discutir e poñer as propostas, Piquito (conversa) 17 de decembro de 2013 ás 23:47 (UTC)Responder

Mès dates editar

Para incluír máis, a Andrés do Barro, a Luar na Lubre ou Rosa Cedrón. E como sempre, para ser avogado demónico, boto en falta a visión non humanista: u-la industria (sobre todo na que somos innovadores: Zeltia, Televés, Pescanova, Fenosa, Inditex, Castromil, Castrosúa, Autocares Barreiro, Lignitos de Meirama, Alúmina aluminio, mina de Corcoesto, aeroxeneración, acuicultura), comercio (Inditex, Gadis, Banco Pastor, Fundación Barrié, Caixa Galicia, Caixanova), as institucións (Xunta de Galicia, Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Seminario de Estudios Galegos, Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Parque Nacional das Illas Atlánticas), investigación (Joaquín Loriga, Padre Feijoo, Padre Sarmiento, Padre Sobreira, Cruz Gallástegui Unamuno, Roberto Novoa Santos, Doutor Carracido, outro matemático Categoría:Matemáticos galegos e outros Científicos de Galicia que agora non lembro: astrónomo -Ramón María Aller Ulloa- e outros biólogos (Baltasar Merino y Román, o museo da USC e o barco oceanográfico do Vigo) e cartógrafos Domingo Fontán e xeólogos (Romarís) e botánicos (Castroviejo, Colmeiro) e zoólogos (Seoane) e lamentablemente o que nos dá fama internacional, ultimamente de xeito especial á capital: accidente de Angrois, Códex Calixtinus, Operación Pokémon, Mariano Rajoy, José Blanco, Ignacio Fernández Toxo, Francisco Franco, Manuel Fraga, Fidel Castro, Julio Iglesias, Juan Pardo. E uns cantos científicos máis: Concepción Arenal, Jimena Fernández de la Vega, María Wonenburger, Tarsy Carballas, María Barbeito, Eduardo Chao. E Fernando Castro. ※ Sobreira ►〓 parlez 13 de decembro de 2013 ás 12:56 (UTC)Responder

Volver á páxina do proxecto "Lista de artigos que a Galipedia debería ter".