Cabra galega

raza de cabra de Galicia

A cabra galega é unha raza de cabras de orixe galega. No ano 2017, o número total de exemplares era de 1013 (778 femias e 62 machos) distribuídos en 59 explotacións gandeiras.[1] Son animais moi adaptados ó medio e, segundo o Invesaga (Investigación en Sanidade Animal de Galicia) presentan máis resistencia ás infeccións que outras razas caprinas, como o parasito do verme hepático.[2]

Cabra galega
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Caprinae
Xénero: Capra
Orixe da raza
Orixe da raza

Orixe da raza

Distribución xeográfica editar

En xeral, os exemplares da raza caprina galega atópanse dispersos nas zonas de montaña, principalmente, das provincias de Lugo e Ourense.

Morfoloxía editar

As cabras galegas son animais de perfil recto ou subcóncavo, eumétricos, e de gran dimorfismo sexual. A súa capa é uniforme, de cor caoba ou rubia con distintas tonalidades, e considérase descalificante para a raza a presenza de manchas brancas. A forma dos cornos das femias son de arco cara a atrás. Nacen separados e médranlles paralelos. Nos machos son en forma de caracol, alongados e de maior tamaño que os das femias.

Os machos teñen barba ou perilla, e en ocasións tamén aparece de forma rudimentaria nas femias. Os machos son meirandes que as femias, acadando estes primeiros unha altura ata a cruz de 75 cm e pesando 70 quilos de media. As femias teñen unha altura de 65 cm e pesan arredor de 55 quilos.

Evolución da poboación editar

Ano Femias Machos Total Ganderías
2010 271 24 295 43
2011 410 55 465 59
2012 514 108 622 64
2013 645 114 759 68
2014 704 110 814 68
2015 775 109 884 66
2016 929 146 1 075 69
2017 914 99 1 013 59
2018 1 047 114 1 161 58
2019 1 108 131 1 239 60
2020 1 161 166 1 327 60
2021 1 156 173 1 329 60
2022 1 163 179 1 342 55
Gráfica de evolución demográfica da cabra galega entre 2010 e 2022
Datos segundo a aplicación ARCA do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.[3]

Notas editar

  1. Censo da raza de cabra galega no 2017.
  2. Mandiá, Diana. Gciencia, ed. "A cabra galega é máis resistente ao parasito do verme hepático". Consultado o 29 de decembro de 2015. 
  3. "Aplicación ARCA". servicio.mapa.gob.es/arca. Consultado o 30 de agosto de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar