Los Suaves
Los Suaves é un grupo galego de rock and roll con orixe en Ourense a finais dos anos setenta. Foi fundado polos irmáns Carlos, Javier e Yosi Domínguez, que desempeñan o labor de baixista, guitarrista e vocalista/letrista, respectivamente.
Los Suaves | |
---|---|
Yosi, vocalista do grupo | |
Orixe | Ourense, ![]() |
Período | 1980—presente |
Xénero(s) | Rock & roll |
Selo(s) discográfico(s) | Edigal Locomotive Universal PolyGram Legacy |
Membros | Yosi Domínguez Alberto Cereijo Fernado Calvo Charly Domínguez Tino Mojón |
Antigos membros | Ramón Costoya Ángel "Gelo" Barrio Hermes Alogo Mebuy Javier Domínguez |
Páxina web | lossuaves.net |
TraxectoriaEditar
A banda nace no ano 1979 en Ourense, formada polos irmáns Domínguez (Yosi, Charly e Javier), aínda que os que conformaron a banda durante case toda a súa traxectoria foron Yosi e Charly. Nestes primeiros anos, a formación da mesma varía bastante, ata que se asenta coa incorporación de Ramón Costoya "Moncho" e Hermes Alogo como guitarristas e o batería Ángel Barrio, "Gelo".
Tiveron a súa primeira gran oportunidade en 1981, cando foron abreconcertos de The Ramones na Coruña, con tal éxito que conseguiron asinar coa discográfica independente galega Edigal, coa que editan os seus dous primeiros discos, o titulado Esta vida me va a matar en 1982, no que se atopan cancións como "Peligrosa María" ou "Viene el tren", e Frankenstein en 1984, actualmente reeditados en compact disc. Froito daquel concerto como abreconcertos de Os Ramones empezaron a utilizar un gato como símbolo do grupo, a imaxe e semellanza da aguia que representa aos Ramones. Co tempo a imaxe do "gato dos Suaves" converteuse nunha icona do rock nacional. Pasaron épocas difíciles ata chegar ao terceiro disco que lles lanzou ao éxito Ese día piensa en mí (1988), onde a banda comeza a ser recoñecida a nivel estatal, o que se plasmou no disco en directo Suave es la noche (1989).
O guitarrista Hermes Alogo tivo que abandonar Los Suaves, e é substituído por Alberto Cereijo, quen achega un son máis agresivo na guitarra, o que leva a unha evolución do son Suaves coincidindo co cambio de década. Así, os discos editados estes anos Maldita sea mi suerte (1991) que foi disco de ouro, e Malas noticias (1993), disco que gravan cunha compañía multinacional. O seu seguinte disco, Santa Compaña (1994), obtivo o disco de platino e concertos multitudinarios. Esta xira deu pé á gravación do disco en directo ¿Hay alguien ahí?, o cal estaba formado por dous discos gravados nun concerto en Santoña (Cantabria), e un terceiro disco composto por 6 temas tocados en directo nun estudo ante un público exclusivo, o cal só acompañou aos outros dous na primeira edición do directo.
A banda continúa a súa traxectoria cos seguintes discos, San Francisco Express (1997), Víspera de todos los santos (2000), Si yo fuera Dios (2003) e El jardín de las delicias (2005).
Cabe sinalar tamén que actuaron como grupo invitado dos Rolling Stones no ano 1999, en Santiago de Compostela.
En febreiro de 2007, a través da páxina web de Alberto Cereijo, anunciouse que a dese ano sería a última xira coa actual formación da banda, malia o cal a banda non planea abandonar a escena do rock & roll estatal. Con todo, en outubro de 2007, Alberto Cereijo anunciou que daba marcha atrás nos seus plans de saír do grupo e decidiu xunto a Tino Mojón (batería) compaxinar Los Suaves coa súa nova banda chamada ECO. De feito os primeiros concertos de ECO tiveron lugar durante os meses de novembro e decembro de 2007 como abreconcertos dos Suaves.
En xaneiro do 2010 publican o que ata agora é o seu último disco Adiós, adiós baixo o selo Legacy.
MembrosEditar
* | Yosi Domínguez | Voz, guitarra |
* | Alberto Cereijo | Guitarra |
* | Fernando Calvo | Guitarra rítmica |
* | Charly Domínguez | Baixo |
* | Tino Mojón | Batería |
Membros anterioresEditar
* | Hermes Alogo Mebuy | Guitarra solista | |
* | Ramón "Moncho" Costoya | Guitarra rítmica | |
* | Javier Domínguez | Batería | |
* | Ángel "Gelo" Barrio | Batería |
CronoloxíaEditar

DiscografíaEditar
Álbums de estudioEditar
- Esta vida me va a matar (1982)
- Frankenstein (1984)
- Ese día piensa en mí (1987)
- Maldita sea mi suerte (1991)
- Malas noticias (1993)
- Santa Compaña (1994)
- San Francisco Express (1997)
- Víspera de todos los santos (2000)
- Si yo fuera Dios (2003)
- El jardín de las delicias (2005)
- Adiós, adiós (2010)
Álbums en directoEditar
- Suave es la noche (1989)
- Diez años de rock (1992)
- ¿Hay alguien ahí? (1995)
- Especial acústico Cadena 100 (1995)
- Lo mejor de ¿Hay alguien ahí? (1996)
- 29 años, 9 meses y 1 día (2010)
- Gira de los mil conciertos (2013)
RecompilatoriosEditar
- Con el corazón (1996)
- Un paso atrás en el tiempo (2002)
- Todo Suaves (2007)
- No puedo dejar el rock (2013)
CuriosidadesEditar
As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |