Joaquín Loriga

aviador e militar galego

Joaquín Loriga Taboada, nado en Prado (Lalín) o 23 de setembro de 1895 e finado no aeródromo de Cuatro Vientos o 18 de xullo de 1927, foi un aviador e militar galego. Participou, xunto con outros dous pilotos e tres mecánicos, no voo Madrid-Manila da escuadrilla Elcano.

Modelo:BiografíaJoaquín Loriga

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalJoaquín Loriga Taboada
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1895 Editar o valor en Wikidata
Prado, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xullo de 1927 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Aeroporto de Madrid-Cuatro Vientos, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de aviación Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia de Artillaría de Segovia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaviador, militar Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiEliseo Loriga Parra Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1292660 BUSC: loriga-taboada-joaquin-1895-1927

Traxectoria

editar
 
Joaquín Loriga.

Fillo de Eliseo Loriga Parra e Esperanza Taboada Bugallo, que pertencía a unha familia de tradición militar, os Taboada, cuxa casa era o pazo de Liñares. En 1912 ingresou na Academia de Artillería de Segovia, realizando posteriormente o curso de habilitación para piloto na promoción 1920-1921. Participou na guerra do Rif, incorporándose en 1921 ao servizo da aviación militar, logo de ser ascendido a capitán. Destinado en Melilla, como xefe da terceira escuadrilla, coñeceu a Eduardo González Gallarza, que anos despois o acompañaría no voo Madrid-Manila. Polas súas accións na guerra do Rif recibiu a Medalla Militar en setembro de 1923 xunto a outros aviadores distinguidos, como Ramón Franco, Juan de Ortiz e o seu compañeiro Gallarza.

En 1924 foi destinado á Península, concretamente ao aeródromo de Cuatro Vientos, nos arrabaldes de Madrid, como xefe da escuadrilla de clasificación. Alí, en 1926, Loriga pilotou o autoxiro de Juan de la Cierva na súa proba inaugural ata Xetafe.

O mesmo ano, en medio dunha grande expectación, o 5 de abril iniciou, cos capitáns Esteve e Gallarza o raid de Madrid a Manila a bordo dos seus respectivos Breguet XIX, aparatos biprazas de cabinas abertas en tándem, a cada un dos cales acompañaba un mecánico. Tratábase da escuadrilla Elcano. A xustificación do raid era que Filipinas, antiga colonia, aínda mantiña lazos coa antiga metrópole, e había moita poboación española ou de orixe española, ademais de que os tempos da colonia lembrábanse como máis benignos que os da ocupación estadounidense.

 
Eduardo González Gallarza e Joaquín Loriga nunha escala en Yangon.

Os 18.900 quilómetros de percorrido estiveron cheos de contratempos e, divididos en 17 xornadas, foron cubertos en trinta e tres días. Durante a etapa Trípoli-O Cairo, Esteve tivo que dirixirse a Tunisia debido a unha avaría no motor. Na etapa Hanoi-Macau, Loriga tivo que realizar un aterraxe de emerxencia en Macau, debido a unha avaría, polo que finalmente el e Gallarza tiveron que seguir camiño no único aparato dispoñible ata Aparri, primeira escala en Filipinas, onde foron clamorosamente recibidos. Aeroplanos do exército dos Estados Unidos acompañáronnos na última escala, entre Aparri e Manila, onde os agardaba un recibimento multitudinario. Foron nomeados "Fillos Adoptivos" de Manila e recibiron innumerábeis homenaxes nos trece días de estadía no país, que terían a súa culminación días despois, ao regreso a España.

Homenaxes

editar

En 1927 recibiu xunto a Ramón Franco, Ruíz de Alda e Gallarza a Medalla da Liga Internacional de Aviadores, e atendendo a petición dos seus paisanos, viaxou a Galicia. O 23 de xuño de 1927 aterrou co seu avión no Monte do Toxo (Lalín), onde unha multitude acudiu a recibilo. Os organizadores da homenaxe proxectaban iniciar unha subscrición popular para mercarlle un aeroplano. Pouco despois de regresar a Madrid, morreu no aeródromo de Cuatro Vientos, ao estrelarse o avión que pilotaba.

Coa súa morte, ao non ter reunido o diñeiro para adquirir o aeroplano, os seus paisanos decidiron destinar os fondos a erguer un monumento na súa memoria, solicitando a colaboración de institucións e particulares. A estatua, obra do escultor Francisco Asorey foi inaugurada o 27 de agosto de 1933 no parque de Lalín. A obra reproduce un avión espetado na terra, que simboliza unha cruz, que preside o aviador. Na base, as palabras "España-Filipinas".[1]

 
Monumento a Joaquín Loriga en Lalín. Obra de Francisco Asorey.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar