Cachena
Cachena | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Descrición da vaca cachena | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
|
A cachena é unha raza de vacún de grande rusticidade, perfectamente adaptada ó medio no que se desenvolve onde aproveita uns recursos naturais para pacer que dificilmente serían aproveitados por outras razas bovinas. É un tipo de vaca galleira,[1] cos cornos longos cara a arriba e abertos para os lados.
As cachenas son animais de pequeno tamaño e cornos de grandes proporcións. A súa área de orixe sitúase nas zonas montañosas dos concellos incluídos no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés, especialmente na aldea de Olelas, e nos contrafortes montañosas do homólogo parque nacional portugués de Peneda-Gerés.
Evolución da poboaciónEditar
Ano | Femias | Machos | Total | Ganderías |
---|---|---|---|---|
2009 | 3418 | 734 | 4152 | 157 |
2010 | 3936 | 891 | 4827 | 167 |
2011 | 4118 | 944 | 5062 | 174 |
2012 | 4122 | 927 | 5049 | 164 |
2013 | 3900 | 830 | 4730 | 164 |
2014[2] | 3430 | 629 | 4059 | 146 |
Galería de imaxesEditar
Vacas cachenas en Samos.
Vaca cachena en Coles
Cachena en Sistelo, Arcos de Valdevez.
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galleiro.
- ↑ Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (ed.). "Aplicación ARCA". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 22 de maio de 2015.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cachena |
BibliografíaEditar
- Sánchez Belda, Antonio: Razas Bovinas Españolas. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Madrid 1984, ISBN 84-341-0371-0.
- Schumann, Andreas: Das Cachena-Rind – Ein in vergessenes Kleinod aus der Gebirgsregion Galiziens. (PDF-Datei; 205 kB) In: Arche Nova. Heft 3, 17. setembro de 2002, 286062-4, S. 10–11.