Sistelo, Arcos de Valdevez

freguesía de Arcos de Valdevez

Sistelo é unha freguesía portuguesa do concello de Arcos de Valdevez, con 26,23 km² de superficie e 199 habitantes (censo 2021).[1] A súa densidade de poboación é de 7,59 hab./km² .

Modelo:Xeografía políticaSistelo, Arcos de Valdevez
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°58′24″N 8°22′29″O / 41.9733, -8.3747Coordenadas: 41°58′24″N 8°22′29″O / 41.9733, -8.3747
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Viana do Castelo
ConcelloArcos de Valdevez Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie26,23 km² Editar o valor em Wikidata
Monumento Nacional (pt) Traducir
Identificador9109744

Atópase na Serra da Peneda, presentando un terreo accidentado, con altitudes que oscilan entre os 180 metros e os 1360 metros.[2]

A Orde de Malta tiña importantes bens na zona desta freguesía. Razón pola que o escudo da freguesía leva, en xefe, a cruz octogonal daquela antiga Orde Relixiosa e Militar.[3]

Monumento Nacional da Paisaxe Cultural de Sistelo editar

O presidente da República Marcelo Rebelo de Sousa promulgou, o 28 de decembro de 2017, a clasificación como Monumento Nacional da Paisaxe Cultural de Sistelo, que gañou recentemente o sobrenome de "Pequeno Tíbet Portugués".[4]

A clasificación foi aprobada polo Consello de Ministros do 7 de decembro de 2017, que estableceu “restricións para a protección e salvagarda da aldea de Sistelo e da paisaxe circundante”.

Esta foi a primeira paisaxe do país clasificada como Monumento Nacional, título que antes se atribuía ao patrimonio construído.[5]

Lugares editar

A freguesía consta de 5 pequenos lugares:

 
Igrexa de Sistelo.
  • Igreja
  • Estrica
  • Quebrada
  • Padrão
  • Porto Cova

Clima e hidroloxía editar

O clima desta rexión é mediterráneo marítimo, cunha temperatura media anual de 13 °C e unha precipitación media anual de 2093 mm. A zona está atravesada por unha densa rede hidrográfica. Entre os diversos ríos e regatos que atravesan a freguesía destaca o río Vez, principal afluente do río Limia.[6]

Demografía editar

A poboación rexistrada nos censos era: [1]

Gráfica de evolución demográfica de Sistelo entre 1864 e 2021
Distribución da poboación por grupos de idade
Ano 0-14 anos 15-24 anos 25-64 anos > 65 anos
2001 32 20 157 132
2011 16 15 101 141
2021 7 12 65 115

Economía editar

 
Vaca de raza cachena en Sistelo.

Sistelo é unha comunidade rural perfectamente adaptada ao territorio de montaña. Na base da economía local está a actividade agraria e gandeira cun uso diversificado do territorio. A agricultura de subsistencia realízase nos socalcos, producindo millo rexional, xudías e patacas e forraxes e pastos para a alimentación animal. O gando vacún constitúe unha das principais fontes de ingresos, concretamente as razas autóctonas barrosã e cachena.

Patrimonio editar

 
Socalcos en Sistelo.
  • Socalcos
  • Rego tradicional
  • Muíños
  • Hórreos vinculados ao cultivo do millo
  • Camiños
  • Calzadas de montaña
  • Razas autóctonas de gando e cultivos
  • Cortes
  • Vivendas de granito
  • Castelo de Sistelo

Castelo de Sistelo editar

 
Castelo de Sistelo.

O castelo de Sistelo, ou casa de Sistelo, é un palaciño construído por Manuel António Gonçalves Roque (Sistelo, 14 de xuño de 1834Río de Xaneiro, 19 de outubro de 1886).

Manuel Antonio Gonçalves Roque editar

Era o irmán máis novo de Boaventura Gonçalves Roque (Sistelo, 22 de abril de 1822Estoril, 14 de xuño de 1894), os cales ambos foron moi novos ao Brasil, onde acadaron fortuna como comerciantes.

Manuel António Gonçalves Roque regresou a Portugal cara a 1880, ano no que foi nomeado I Vizconde de Sistelo, recoñecéndoo como mecenas das iniciativas sociais e artísticas do Brasil e Portugal. Foi homenaxeado, entre outros, pola asociación de Arquitectos e Arqueólogos Portugués e o Gabinete Portugués para a Lectura de Río de Xaneiro. Na freguesía de Sistelo tamén financiou a construción da fonte, o cruceiro, o colexio e o sepulcro onde está soterrada a familia.

Casou en 1970 en Río de Xaneiro coa súa sobriña, Júlia Labourdonnay Gonçalves Roque (1853 - 1932), vinte anos menor que el, que chegou a ser Vizcondesa de Sistelo.

Julie de Cistello editar

Júlia Labourdonnay Gonçalves Roque foi unha recoñecida pintora naturalista a finais do século XIX e principios do XX, sendo pioneira no acceso das mulleres á educación artística e na participación das mulleres luso-brasileiras nos Salóns parisienses anuais. Foi coñecida internacionalmente como Julie de Cistello .

Non tiveron fillos e Júlia quedou viúva en 1886, con 32 anos. Precisamente a partir de aí a súa carreira terá un gran desenvolvemento, tendo ela mesma financiada os seus estudos artísticos na Academia Juliana de París, onde se matriculou en 1892 e de novo en 1900. Foi unha das primeiras mulleres artistas luso-brasileiras en expoñer nos Salóns de París a partir de 1897. Participou en numerosas exposicións en París, entre elas o Pavillón de Portugal na Exposición Universal de París de 1990, expuxo no Salón organizado polas artistas feministas da Union des femmes peintres et sculpteurs (1906, 1910) ou en 1908 na Exposición Nacional. en Río de Janeiro. Morreu en 1932 aos 69 anos.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Instituto Nacional de Estatística (23 de novembro de 2022). "Censos 2021 - resultados definitivos". 
  2. Pereira et al (2010). Ecossistemas e Bem-Estar Humano: Resultados da Avaliação para Portugal do Millennium Ecosystem Assessment, páx. 589.
  3. PINHO, António Brandão de (2017). A Cruz da Ordem de Malta nos Brasões Autárquicos Portugueses. Lisboa. p. 426. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 27 de marzo de 2023. 
  4. Diário da República n.º 10/2018, Série I de 2018-01-15, páxinas 395 - 396
  5. "Marcelo Rebelo de Sousa promulga classificação de Sistelo como Monumento Nacional". 
  6. Pereira et al (2010). Ecossistemas e Bem-Estar Humano: Resultados da Avaliação para Portugal do Millennium Ecosystem Assessment, páx. 589.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar