Sítidos

Familia de paxaros da orde dos paseriformes
(Redirección desde «Sitta»)

Os sítidos (Sittidae) son unha familia de aves paseriformes que comprende un único xénero, Sitta, formado por 28 especies. Reciben vulgarmente o nome de gabeadores, aínda que este nome tamén se lles dá aos Certhia e Tichodroma, que non están directamente relacionados. En Galicia vive a especie Sitta europaea (gabeador azul[3] ou piquelo azul[4]).

Un gabeador azul (S. europaea caesia) en pleno voo. Esta especie presenta a maioría das características comúns dos gabeadores, como un peteiro longo e bicudo, partes superiores de cor azul agrisada e partes inferiores claras. Obsérvase tamén o menor tamaño lonxitudinal da primeira pluma remeira primaria.

Caracterízanse por ter a cabeza grande, a cola curta, o peteiro bicudo e as patas fortes. A maioría das especies teñen as partes dorsais grises ou azuladas, e unha lista ocular negra, que contrastan coas partes inferiores claras, aínda que algunhas especies do sueste asiático, como S. formosa, teñen plumaxes máis complexas e coloridas. A deda externa destas aves está unida na súa base á deda media, grazas ao cal poden gabear pola codia das árbores doadamente, igual que os petos.

A maioría dos gabeadores habita en bosques temperados ou de montaña das rexións holártica e indomalaia, mais dúas das súas especies adaptáronse a ambientes rochosos de zonas máis cálidas e secas de Eurasia. Porén, a maior diversidade encóntrase no sur de Asia, e as semellanzas entre especies fan difícil a identificación. A maioría son aves sedentarias e viven na mesma zona todo o ano; porén, a especie norteamericana S. canadensis migra cara a climas temperados durante o inverno. Algunhas especies teñen distribución restrinxida e están ameazadas pola deforestación.

Son paxaros omnívoros: aínda que se alimentan principalmente de insectos, complementan a súa dieta con noces e sementes, especialmente en inverno. Buscan insectos ocultos entre a codia das árbores gabeando polos troncos e pólas, ás veces boca abaixo, e rara vez pousan en matogueiras ou no chan. Adoitan alimentarse en solitario no seu territorio durante a tempada de reprodución e cría, sinalándoo con fortes gritos e cantos sinxelos; mais poden unirse a bandadas mixtas para conseguir alimento durante o resto do ano. Teñen o costume de almacenar alimento entre as fírgoas da codia das árbores.

Viven e aniñan en buratos ou gretas; as especies máis pequenas poden escavar o seu propio burato nas árbores, pero as demais reutilizan de forma sistemática as cavidades xa existentes. Moitos gabeadores estreitan a entrada do seu niño con barro, co propósito de reducir o diámetro e limitar a depredación ou a competencia.

Descrición editar

 
Grazas ás súas fortes garras poden gabear e permanecer colgados, como este Sitta carolinensis en Ontario, Canadá.

Os gabeadores forman unha familia relativamente homoxénea morfoloxicamente. Son aves repoludas con ás curtas arredondadas e cola curta, cadrada e con doce plumas.[5][6] Cada á ten dez plumas primarias, a primeira delas máis curta.[7] O peteiro é robusto, longo e bicudo;[8] as patas son curtas e con dedas con disposición anisodáctila, que posúen garras fortes.[6] En xeral, as súas partes superiores son de cor azul cincenta, aínda que algunhas especies asiáticas teñen a plumaxe azul violácea (estas especies teñen peteiros amarelos ou avermellados). En cambio, as súas partes inferiores son de coloracións claras e cálidas, que varían desde unha cor abrancazada a diversos tons beiges, amarelos, laranxa, vermello ou lila, especialmente vivos na zona peitoral.[5] Estas cores contrastan cos tons verdes e castaños predominantes nos bosques, pero a súa plumaxe dorsal é dabondo escura como para que estes paxaros pasen desapercibidos.[5][9]

Os patróns da cabeza varían segundo a especie. Na súa maioría consisten nunha longa lista ocular negra e un píleo total ou parcialmente escuro que contrasta cunha lista superciliar case sempre presente.[5][8] Apenas presentan dimorfismo sexual, pero machos e femias poden diferir na cor da zona inferior, sobre todo nos flancos e debaixo da cola. En especies con lista ocular ou píleo escuros, os machos adoitan ser máis pálidos e claros que as femias.[10] Os exemplares novos ou aves de menos dun ano son case indistinguibles dos adultos.[11] Todas as especies realizan, polo menos, unha muda despois da tempada de reprodución e algúns incluso unha muda prenupcial. Os individuos máis novos experimentan durante o verán a súa primeira muda posxuvenil, agás a das plumas de voo.[10]

O tamaño varía entre as distintas especies e subespecies, aínda que todas son aves pequenas.[12][11][13] Os gabeadores que habitan nos bosques de coníferas adoitan ser máis pequenos (como tendencia xeral); un exemplo é o reducido tamaño das subespecies asiáticas do gabeador azul (S. europaea) en comparación coa subespecie nominal.[14] A especie S. magna, que é a máis grande do xénero, alcanza os 19,5 cm de lonxitude e pesa entre 36 e 47 g.[15][16] Noutro extremo están S. canadensis, S. pusilla e S. pygmaea, que chegan a medir só 10 cm de longo e pesar arredor de 10 g.[17][18][19][20] A lonxitude da á varía entre 60 e 120 mm dentro de cada especie, pero cunha variabilidade xeográfica significativa e con moitas semellanzas entre elas. Por exemplo, para especies que non se parecen, como S. tephronota e S. neumayer, as ás teñen a mesma lonxitude, de pouco máis de 80 mm, pero a primeira especie é de maior tamaño que a segunda, aínda que son simpátricas.[14][21]

Ecoloxía e comportamento editar

Vocalizacións editar

Son aves ruidosas e emiten diferentes tipos de asubíos, trilos e alaridos nas súas chamadas.[23] Os cantos de cortexo adoitan ser idénticos ás súas chamadas de contacto aínda que máis prolongados.[11] Algunhas especies defenden o seu territorio durante a tempada de reprodución con cantos e chamadas fortes, con tons de tipo desafiante ou de preparación para o combate.[24] En América do Norte, o gabeador canadense (S. canadensis), que comparte en gran medida a súa área de distribución co paxaro Poecile atricapillus, pode recoñecer os gritos deste último.[18][25] O Poecile emite sutís variacións nas súas chamadas de alarma que informan sobre o risco e tamaño de posibles depredadores. Aínda que a maioría das aves recoñecen as chamadas de alarma doutras especies, o gabeador pode interpretar tales variacións nos gritos dos Poecile e responder axeitadamente.[18][26]

Considérase que o canto do gabeador azul é o máis variado e audible da familia, e consiste nunha serie de asubíos claros, lentos e lixeiramente ascendentes ou descendentes.[27][28] Describiuse como «vuih, vuih, vuih, vuih… ou viiu, viiu, viiu, viiu… ou en variacións rápidas, vivivivivivivi, con clara sonoridade».[27] En 1996 publicáronse algúns sonogramas de chamadas e cantos de S. e. arctica,[29] e neles a voz foi descrita como «significativamente diferente» á do gabeador azul, pero non se realizou unha investigación definitiva do tema.[30][31]

Reprodución editar

 
Un S. carolinensis alimentando os seus pitiños desde a entrada do niño no oco dunha árbore.
 
Corte transversal do niño dun S. neumayer nun cantil, no que se observa a parede (parte máis escura) feita con lama.

Todos os sítidos constrúen o seu niño nas cavidades das árbores, coa excepción de dous que aniñan en ambientes rochosos —o S. neumayer e o S. tephronota—,[21] e fan os seus niños en covas preexistentes ou ocos de petos (Dendrocopos major) en árbores vellas.[32] Un simple burato recheo con materiais moles pode acomodar a posta. Algunhas especies incorporan ao seu niño musgo, herba, pelos e plumas, como fan o resto dos paseriformes; outros, en cambio, utilizan cachos de codias e cascas de sementes.[33][34]

Os membros da superespecie S. canadensis furan os seus propios buratos nas árbores, mais a maioría dos sítidos utilizan orificios naturais ou vellos niños de petos.[35][18][36] Varias especies recobren con lama as cavidades, selando as gretas e reducindo o tamaño da entrada do burato; isto evitaría que os competidores entren na cavidade.[37] O gabeador canadense asegura a entrada do niño cun material composto que elabora a partir de resinas pegañosas de coníferas e barro; o macho aplícaa no exterior e a femia no interior.[37] Esta resina serviría para disuadir os depredadores ou competidores, e os doños do niño evítana internándose directamente polo orificio de entrada.[18][38] A especie S. carolinensis espalla a esencia de meloidos (coleópteros) arredor da entrada do seu niño, cuxo cheiro desagradable pode disuadir os esquíos, que son os que na natureza compiten con eles polas cavidades naturais.[39][40][41]

S. neumayer constrúe un niño con forma de cabazo usando barro, feces e pelos (ou plumas), e decora o exterior e pecha gretas próximas con plumas e ás de insectos. Os niños encóntranse en gretas de rochas, covas e debaixo de saíntes en cantís ou edificios.[42] S. tephronota constrúe unha estrutura similar, pero menos complexa e situada na entrada dunha cavidade. Os niños poden ser pequenos en tamaño pero chegan a pesar ata 32 kg. Esta especie tamén aniña ocasionalmente en marxes escarpadas ou ocos de árbores e pode agrandar o burato se a cavidade é demasiado pequena.[43][32] Porén, estes métodos de protección non son plenamente efectivos: en Asia viuse un Acridotheres tristis ocupando un niño dun gabeador indio cuxas paredes non estaban completamente terminadas; nun caso similar, o Acridotheres intentara derrubar sen éxito ditas paredes.[44]

 
Un ovo de S. europaea.

Os sítidos son monógamos. Os ovos que poñen son de cor branca, con manchas avermelladas ou amarelas. O tamaño da posta varía dunha especie a outra e adoita ser maior nas especies que habitan en latitudes máis setentrionais.[36] Chocan os ovos durante de 12 a 18 días e isto realízao só a femia ou ambos os proxenitores, segundo a especie. Os pitiños son altriciais (espidos e dependentes) e a crianza dura de 21 a 27 días.[43][45][46][47] O macho e a femia coidan da súa alimentación e só nas dúas especies máis pequenas de América do Norte —S. pygmaea e S. pusilla— os machos da niñada anterior poden incluso axudar os pais coa alimentación.[48][49][17]

Demografía e predadores editar

 
O peto real (Dendrocopos major), que proporciona ocos para a nidación aos sítidos, tamén pode ser un importante depredador de niños dalgunhas especies, como o gabeador azul ou o gabeador corso.[50]

Para algunhas especies das que se dispón de datos, a media da duración da vida dun sítido varía de dous a tres anos e medio, aínda que se informou de espécimes de máis de dez anos.[48][51] A taxa de supervivencia anual (o cociente entre o número de individuos vivos ao rematar o ano e o número de individuos vivos ao comezo)[a] varía segundo a especie e rexión: mentres que é o 61,6 % para os machos de S. whiteheadi, no caso de S. carolinensis oscila entre o 35 % en Maryland e o 12 % en Arizona;[53] en S. europaea é do 42 a 47 % en Suecia, 51-59 % en Bélxica, 67 % en Siberia,[54] e 53 % a nivel xeral.[55]

Comparten depredadores co resto de aves dos bosques: os falcóns, os bufos, os esquíos e os petos. Un estudo estadounidense relacionou a estratexia reprodutiva da especie co seu comportamento fronte aos depredadores. O obxectivo era analizar a disposición dos machos gabeadores a alimentar as femias no período de incubación, en función da presenza nas proximidades da ave rapaz gabián americano (depredador de individuos, pero non de ovos) ou do paseriforme Troglodytes aedon (depredador de crías pero non de adultos). A especie S. carolinensis, que ten unha esperanza de vida máis curta que S. canadensis pero cun maior número de crías, reaccionaba con maior rapidez perante a presenza de depredadores de ovos, mentres a especie canadense, que vive máis tempo, estaba máis estresada en presenza de aves rapaces. Este resultado confirma a teoría de que as especies con esperanza de vida longa se benefician das taxas de supervivencia dos adultos, mentres que as aves con vida máis curta invisten máis na supervivencia das súas amplas niñadas.[56]

O frío pode ser un problema para as pequenas aves sedentarias. Varias especies de sítidos forman grupos onde os individuos se arrexuntan uns contra outros para descansar. Por exemplo, os S. pygmaea poden formar grupos de ata 170 individuos; tamén poden reducir a temperatura corporal e aproveitar deste modo a hipotermia e o metabolismo lento como recursos para conservar a enerxía.[48]

Alimentación editar

 
Un gabeador azul alimentándose de sementes de xirasol en Polonia.
 
Un S. carolinensis sacando unha semente do comedeiro.

Teñen un nicho ecolóxico moi similar ao dos petos: procuran alimento dos troncos e pólas das árbores e transportan a comida nos seus bicos como faría un peto. Porén, a diferenza dos petos e dos Certhiidae, non utilizan as súas colas para manter o equilibrio, senón que dependen das súas fortes patas e dedas para moverse dando pequenos saltos.[47][57] Os sítidos poden descender cabeza abaixo polos troncos e pendurarse das pólas. Os que viven en ambientes rochosos —S. neumayer e S. tephronota— contan con métodos similares de exploración forestal aos dos demais sítidos, mais aliméntanse nas superficies rochosas e en ocasións en edificios.[21][58] Durante a tempada de reprodución as parellas adoitan alimentarse unicamente dentro do seu territorio, pero fóra deste período poden unirse aos ferreiriños ou formaren bandadas mixtas de alimentación.[11][46][59] Por outra parte, o biólogo alemán Hans Löhrl sinalou que na maioría dos casos son aves asociais.[60][b]

A súa dieta componse principalmente de insectos e outros invertebrados, especialmente na tempada de cría, durante a cal estes paxaros se alimentan case exclusivamente de presas vivas.[51] A maioría das especies consomen sementes en inverno, cando os invertebrados son máis escasos. Os gabeadores poden agochar metendo nas gretas das árbores os alimentos de maior tamaño (como insectos grandes, caracois, landras e sementes) para así golpealas cos seus fortes bicos e poder abrilos.[11] A especie S. pusilla pode usar un cacho de codia a modo de panca para levantar outros cachos do tronco e atopar comida. Pode transportar esta frramenta de árbore en árbore ou utilizala para cubrir un escondedoiro de sementes.[48] Administran almacéns de alimentos, principalmente de sementes, situados nas gretas das árbores, no chan, debaixo de pedras pequenas ou detrás de anacos de codia. Poden lembrar estes escondedoiros durante 30 días.[33][34][62] Os sítidos de zonas rochosas (troglodítidos) tamén poden usar escondedoiros e almacenar caracois nas gretas, por exemplo.[42][43] No caso de S. europaea, as aves observadas evitaron sacar alimento dos seus escondedoiros en condicións relativamente benignas, preferindo reservalos para épocas máis adversas.[63] Tamén se observou que o gabeador canadense almacena alimento durante a noite, o que o convertería no único da familia cunha considerable actividade nocturna.[64]

Distribución e hábitat editar

Distribución editar

Os sítidos están presentes en gran parte do hemisferio norte: América do Norte e América Central setentrional, a maior parte de Europa e en Asia ata chegar á liña de Wallace. A maior diversidade encóntrase nas rexións montañosas de Asia Central e do Sur, onde existen unhas vinte especies.[65] Hai cinco especies en Europa e en América do Norte hai catro. En África, só existen dúas especies con poboación extremadamente limitada: unha subespecie do gabeador azul (S. europaea hispaniensis)[66] nos bosques de cedros do Rif marroquí[67] e do gabeador de Cabilia (S. ledanti), endémico dalgunhas pequenas áreas de Cabilia (Alxeria).[68] O xénero está ausente en América do Sur e Oceanía.[65][69]

A maioría das especies son sedentarias e residentes anuais,[70] e o único que realiza unha migración dabondo notable é o gabeador canadense (S. canadensis), que inverna en América do Norte, pero abandona as partes máis setentrionais da súa distribución, é dicir, algunhas zonas de reprodución no Canadá.[35][18] Encontráronse individuos erráticos desta especie nas Bermudas, Islandia e Inglaterra.[71][72] Documentouse tamén que algunhas subespecies de S. europaea en Siberia percorren a franxa de bosque boreal euroasiático ata Finlandia e Suecia; Löhrl supón que esta migración interna se debe á superpoboación.[67]

 
Mapa ilustrativo da abundancia dos sítidos, de acordo con Matthysen (1998):[7]      Unha especie.      Dúas ou tres especies.      Catro especies ou máis.
 
As zonas de reprodución de S. europaea esténdense polo hemisferio norte, ao longo das zonas temperadas de Eurasia, desde as illas británicas (agás Irlanda) ata Xapón.[73]
Subespecies do gabeador azul en Asia:
     S. arctica.      S. e. europaea.      S. e. asiatica.      S. e. albifrons.      S. e. amurensis.      S. e. amurensis, anteriormente «S. e. hondoensis».

Hábitat editar

S. neumayer é unha das dúas especies de sítidos que habitan en ambientes rochosos.
Os bosques abertos de Pinus ponderosa son o hábitat predilecto de Sitta pygmaea.

Normalmente a maioría dos sítidos son forestais e habitan bosques temperados de montaña, pero dúas especies —S. neumayer e S. tephronota— adaptáronse a hábitats rochosos das rexións máis áridas de Eurasia:[74][58] pasan o inverno en zonas boscosas, pero aniñan en ladeiras ou cantís rochosos.[21][45][75] As diferentes especies de sítidos teñen preferencias ecolóxicas diferentes con respecto aos tipos de bosque. Por exemplo, o gabeador corso (S. whiteheadi) está fortemente asociado con bosques de piñeiro corso (Pinus nigra var. corsicana),[76] mentres que o gabeador azul (S. europaea) habita en todo tipo de bosques caducifolios ou mixtos, e aniña en bosques de coníferas na parte máis setentrional da súa área de distribución.[66] Nalgunhas partes de Asia, onde coexisten moitas especies na mesma zona xeográfica, invariablemente existe unha separación altitudinal das especies segundo o seu hábitat óptimo.[77][78][79]

As especies encóntranse especialmente en climas temperados. As especies máis setentrionais viven en altitudes próximas ao nivel do mar mentres que as de máis ao sur buscan altitudes con temperaturas máis frescas. Por exemplo, S. europaea e S. canadensis viven en altitudes baixas no norte da súa área de distribución, pero aniñan en zonas montañosas cara ao sur. O gabeador azul do norte de Europa aniña ao nivel do mar cando a temperatura está entre 16 e 27 °C no mes de xullo, pero en altitudes de entre 1.750 e 1.850 m en Marrocos.[66] S. frontalis é a única especie da familia que habita en bosques tropicais de altitudes baixas.[80][81]

Taxonomía e sistemática editar

Historia taxonómica editar

 
Detalle da obsoleta familia Tenuirostres (ou Leptoramphes) dos paseriformes, onde os gabeadores foran anteriormente clasificados pola forma do bico.[82]

O xénero Sitta foi descrito en 1758 polo naturalista sueco Carl von Linné no seu Systema Naturae.[83][84] Linné só describiu unha especie, o gabeador azul,[85] e situouno en «Picae», como fixera cos papagaios, petos, martiños peixeiros e colibrís, entre outros. O nome do xénero deriva do grego antigo σίττη (síttē),[86] unha palabra que se encontra na Historia dos animais de Aristóteles.[87][88][89][90][91] Atendendo ás distintas publicacións sobre a súa clasificación, o xénero colocouse en grupos diferentes dentro dos paseriformes. Estas clasificacións baseábanse esencialmente na forma do bico. Así, por exemplo, André Marie Constant Duméril colocou os gabeadores na familia Tenuirostres,[82] e, máis tarde, Georges Cuvier entre os Conirostres.[92]

A familia Sittidae foi descrita como tal por René Primevère Lesson en 1828.[93] En 1950, Charles Vaurie identificou dúas subfamilias: Sittinae, que agrupaba os gabeadores, e Tichodromadinae, unicamente conformada polo Tichodroma muraria. De feito, Vaurie considerou esta última especie como intermedia entre gabeadores e Certhia, pero a textura da súa plumaxe, a forma e os motivos da súa cola son máis próximos aos sítidos.[94] Porén, o Tichodroma pasou a unha familia separada, Tichodromadidae.[95][96][c] Outros grupos de aves con similitudes morfolóxicas foron situados algún tempo en Sittidae, pero en 1951 Ernst Mayr e Dean Amadon cualificaron a familia de «vertedoiro», por agrupar aves con trazos superficiais similares aos dos gabeadores sen afinidades filoxenéticas claras.[99] Estes grupos inclúen, ademais dos Daphoenositta (Neosittidae) de Australasia, o vanga gabeador (Hypositta corallirostris) da familia Vangidae,[100] os Climacteridae de Australasia, os Rhabdornis filipinos da familia Sturnidae[101] ou dúas especies do xénero Salpornis (que normalmente son colocadas en Certhiidae) de África e a India.[99]

Todos estes grupos sufriron unha evolución converxente no mesmo nicho ecolóxico,[11] pero non están directamente relacionados cos Sitta, polo que xa foron retirados da familia Sittidae, de modo que na familia só quedou o xénero Sitta,[102] aínda que Salpornis é incluído ocasionalmente.[103] En virtude das similitudes morfolóxicas, o nome común «gabeador» ou, nalgúns idiomas, «sitela», tamén se outorgou a aves non relacionadas: ese é o caso de Hypositta corallirostris (chamado «vanga gabeador») e do macrosfénido Sylvietta brachyura.[d]

Posible filoxenia de Certhioidea[103]
Certhioidea

Tichodromidae

Sittidae

Certhiidae

Polioptilidae

Troglodytidae

Desde hai moito tempo, os taxónomos tiveron problemas para definir o status da familia,[104], xa que os Sitta e Tichodroma se situaron preto dos Certhiidae e os Paridae nas clasificacións.[105] Autores como Peters (1967), Voous (1977) e Mayr e Amadon (1951) apoiaron a tese da agrupación Sittidae-Paridae.[104] En 1957, o ornitólogo francoestadounidense Charles Vaurie chegou a agrupar os gabeadores e páridos co Tichodroma, dentro da mesma familia,[97] ou como unha subfamilia (chamada «Sittinae») dentro de Paridae (nunha publicación de 1959).[104] A diferenza dos anteriores, Wolters, na súa obra Die Vogelarten der Erde: Eine systematische Liste mit Verbreitungsangaben sowie deutschen und englischen Namen (1975-1982), separou os gabeadores dos páridos e moitas outras familias relacionadas con estes dous, e refutou calquera outra relación entre eles; porén, cambiou a súa postura en Die Vögel Europas im System der Vögel: eine Übersicht (1983), ao aproximar un pouco ambas as familias.[104]

En 1990, Charles Sibley e Jon Ahlquist aproximaron os gabeadores aos cértidos na súa clasificación, pero consideraron que a diverxencia dos páridos se producira moito antes.[106] Os estudos etolóxicos de ambas as familias foron infrutuosos, así como os resultados da observación da capacidade de escalar e procurar alimento na codia das árbores.[37]

En 2006, investigadores suecos sacaron os gabeadores e afíns da superfamilia Sylvioidea.[107]

Os gabeadores clasifícanse agora nas superfamilias Certhioidea —como a definiron Cracraft et al. en 2004 sobre a base de indicadores nucleares e mitocondriais[93] ou Muscicapoidea —por autores que non recoñecen a teoría dos Certhioidea—.[103] As relacións entre os grupos dentro da superfamilia Certhioidea seguen sendo bastante imprecisas, como a posición exacta de Certhia na superfamilia,[108] ou que Salpornis, que polo xeral se clasifica en Certhiidae, podería ser máis próximo aos gabeadores.[109]

Clasificación editar

Especies actuais editar

 
Segundo recentes estudos, S. frontalis podería, xunto con S. solangiae e S. oenochlamys, situarse nun xénero separado.

O límite entre as distintas especies é difícil de definir. S. canadensis, S. whiteheadi e S. villosa teñen áreas de distribución separadas miles de quilómetros, mais as súas preferencias ecolóxicas, morfoloxías e cantos son similares.[110] En ocasións son considerados como unha soa especie, e un estudo do citocromo b indica unha proximidade filoxenética;[111] este grupo tamén forma unha superespecie con S. krueperi e S. ledanti. Porén, para facilitar a estabilidade taxonómica, todos manteñen o seu status como especies separadas.[112] Da mesma maneira, S. europaea, S. arctica, S. nagaensis, S. cashmirensis, S. castanea, S. cinnamoventris e S. neglecta tamén forman unha superespecie cuxas especies compoñentes se substitúen xeograficamente entre si a través de Eurasia.[33] Aínda que estas sete especies son recoñecidas por autoridades como o Congreso Ornitolóxico Internacional,[102] non sempre foron aceptadas. Á súa vez S. cinnamoventris e S. neglecta foron colocadas como unha subespecie do gabeador indio «verdadeiro» (S. castanea).[113][e] No caso de S. europaea —considerado unha vez como unha subespecie setentrional—[114] agora é tratado como especie separada desde 2006.[115][31][f] Ademais, o grupo de subespecies «caesia» habita gran parte de Europa ata Oriente Medio,[116] e mesmo se considera como un grupo denominado europaea separado (que vive desde Escandinavia ata Rusia) cunha gran zona híbrida desde o Báltico ata o mar Negro.[117]

As relacións con outros grupos de especies tampouco están ben definidas. En 2006, o ornitólogo Edward C. Dickinson propuxo unha revisión dos gabeadores asiáticos escindidos do xénero Sitta. Propuxo colocar determinados gabeadores do sur de Asia con bicos amarelos —S. frontalis, S. solangiae e S. oenochlamys— nun só xénero, crear un terceiro xénero para S. azurea e, posiblemente, un cuarto para S. formosa.[118][119] En 2012, un equipo estadounidense demostrou que S. carolinensis, que á súa vez conta con sete subespecies, en realidade está composta por polo menos catro liñas sen fluxo xenético entre eles, distinguibles pola súa morfoloxía e canto, e, por tanto, podería conter moitas especies sen clasificar.[120] Do mesmo modo que hai especies con estado flutuante, Sitta przewalskii tamén é considerado unha subespecie con distribución moi disxunta da de S. leucopsis.[g]

Unha observación interesante feita nunha expedición entomolóxica en 2006 foi a dunha parella de gabeadores no Altai, preto do punto divisorio entre a China, Casaquistán, Mongolia e Rusia, nun bosque puro de lárices (Larix sp.). O macho tiña o píleo de cor negra, pero a femia carecía del, e ambos os dous tiñan unha liña ocular escura cuberta por unha lista superciliar branca. A especie máis próxima xeograficamente que puidese axustarse a esta descrición é o gabeador chinés S. villosa, que estaría lonxe da súa distribución coñecida, aínda que o dorso é máis pardo que o dos exemplares observados. Este informe podería indicar unha distribución moito máis ampla da especie chinesa, ou ben a ave podería ser unha especie non descrita relacionada con S. whiteheadi e S. villosa. De feito, os autores lembran que as dúas especies da máis recente descrición das aves do Paleártico occidental eran gabeadores (S. whiteheadi e S. ledanti).[123][124]

De acordo coa versión 6.4 do Congreso Ornitolóxico Internacional[102] e o ornitólogo británico Alan P. Peterson,[125] o xénero posúe as 28 especies que figuran na seguinte táboa por orde sistemática:

Ilustración Nome binomial
Autor
Nome común Número de
subespecies
Descrición Distribución[102]
  Sitta europaea
Linnaeus, 1758[126]
Gabeador azul 21 (detalle) 14 cm de lonxitude, lista ocular negra, partes superiores de cor gris azulada, partes inferiores abrancazadas e/ou avermelladas, dependendo da subespecie.[126] Eurasia temperada. 10 millóns de exemplares[33] (só en España estimáronse 1 070 000 espécimes[127]).
  Sitta yunnanensis
Ogilvie-Grant, 1900[15]
ningunha 12 cm de lonxitude, partes superiores agrisadas e partes inferiores abrancazadas.[128] Endémica do suroeste da China[129]
  Sitta arctica
Buturlín, 1907[130]
[f] ningunha 15 cm de lonxitude, bico longo e delgado, liña ocultar negra, partes superiores de cor azul a gris, partes inferiores de cor branca pura, garras alongadas.[130] Nordeste de Siberia[114]
  Sitta canadensis[A]
Linnaeus, 1766[35][18]
ningunha 11 cm de lonxitude, partes superiores azuladas a grises, coas partes inferiores avermelladas, rostro branco cunha liña ocular negra, garganta abrancazada, bico gris recto e píleo negro.[71] Estendida por toda América do Norte.[132][133][134] 18 millóns de exemplares[71]
  Sitta nagaensis[B]
Godwin-Austen, 1874[135][136]
3 12,5 a 14 cm de lonxitude, partes superiores con tons grises pálidos, partes inferiores principalmente abrancazadas, lista ocular escura.[137] Desde o Tíbet ata o centro-sur de Vietnam[138]
  Sitta villosa
J. Verreaux, 1865[139]
3 11,5 cm de lonxitude, partes superiores agrisadas e partes inferiores de cor rosa.[140] Leste de Asia (China, sueste de Siberia, e Corea)[141]
  Sitta cashmirensis[C]
W.E. Brooks, 1871[142]
ningunha 14 cm de lonxitude, partes superiores principalmente agrisadas, partes inferiores avermelladas con gorxa e barbela máis pálidas.[143] Centro-sur indomalaio (desde o leste de Afganistán ata o oeste do Nepal)[144]
  Sitta leucopsis
Gould, 1850[122][145]
ningunha 13 cm de lonxitude, meixelas abrancazadas, barbela, gorxa e partes inferiores principalmente de cor gris escura.[146] Endémico do oeste do Himalaia[147]
  Sitta castanea
Lesson, 1830[113]
2 13 cm de lonxitude.[113][148] Norte e centro da India[149]
  Sitta przewalskii[D]
Berezowski e Bianchi, 1891[151]
ningunha 13 cm de lonxitude, meixelas, barbela, gorxa e partes inferiores abrancazadas, partes superiores maiormente de cor gris escura.[113] Sueste do Tíbet, centro-oeste da China
  Sitta cinnamoventris
Blyth, 1842[152]
4 13 cm de lonxitude, as cores poden variar entre as subespecies.[113][148] Desde o norte de Paquistán ata o norte do Sueste asiático (oeste de Yunán Tailandia)[153]
  Sitta carolinensis
Latham, 1790[22][41]
7 13 a 14 cm de lonxitude, a parte que rodea o ollo é completamente branca e as partes inferiores son abrancazadas tamén, as partes superiores son maiormente de cor azul a gris pálida.[154][155]
Faga clic para ver o vídeo
América do Norte, desde o sur do Canadá ata o norte de México[132][134][156]
  Sitta neglecta
Walden, 1870[157]
ningunha 13 cm de lonxitude.[113][148] Desde Birmania ata o sur de Vietnam[158]
  Sitta neumayer
Michahelles, 1830[159]
3 13,5 cm de lonxitude, gorxa e partes inferiores abrancazadas que se escurecen ao chegar ao ventre pálido. O ton gris das partes superiores e o contraste da liña ocular varían entre as tres subespecies.[42] Sueste de Europa e oeste de Asia (Turquía, Israel, Irán e Iraq).[160] 130 000 parellas[42]
  Sitta himalayensis[B]
Jardine e Selby, 1835[145]
ningunha 12 cm de lonxitude, bico máis pequeno que o de S. cashmirensis, partes inferiores avermelladas-alaranxadas con ou sen tons brillantes avermellados nas cobertoiras subcaudais, cobertoiras superiores abrancazadas e na cola, que o fan difícil de observar no campo.[161] Desde o Himalaia ata o noroeste de Vietnam[162]
  Sitta tephronota
Sharpe, 1872[163]
4 16 a 18 cm de lonxitude, partes superiores agrisadas e partes inferiores abrancazadas, coxas rosáceas.[43] Norte de Iraq e oeste de Irán, xusto ao leste de Asia Central.[160] 43 000 a 100 000 parellas en Europa[43]
  Sitta victoriae[E]
Rippon, 1904
ningunha 11,5 cm de lonxitude, partes superiores agrisadas e inferiores maioritariamente abrancazadas.[154] Endémico do oeste de Myanmar[164][165]
  Sitta frontalis
Swainson, 1820[81]
5 12,5 cm de lonxitude, meixelas cor lavanda con tons violáceos-azulados arriba, partes inferiores de cor beige e gorxa abrancazada, bico avermellado, mancha negra na fronte.[80] Desde a India e Sri Lanka ata Indonesia e Filipinas no Sueste asiático[166]
  Sitta pygmaea
Vigors, 1839[167][19]
6 10 cm de lonxitude, píleo agrisado, partes superiores de cor azul a gris, partes inferiores abrancazadas, mancha abrancazada na caluga.[34] Do suroeste do Canadá ata o oeste de México[132][134]
  Sitta solangiae[F]
(Delacour e Jabouille, 1930)
3 12,5 a 13,5 cm de lonxitude, partes inferiores brancas, partes superiores azuladas, bico amarelo.[168] Vietnam, Laos, sueste da China[169]
  Sitta pusilla[G]
Latham, 1790[170]
2 10,5 cm de lonxitude, píleo marrón cunha estreita liña ocular negra, barbela, ventre e meixelas abrancazadas con tons ante, ás de cor gris azulada, pequena mancha branca na base do pescozo.[20] Sueste dos Estados Unidos e Gran Bahama. 1,5 millóns de exemplares.[20]
  Sitta oenochlamys[H]
(Sharpe, 1877)[171]
6 12,5 cm de lonxitude, partes inferiores rosáceas, bico amarelo, partes superiores azuladas.[172] Endémico de Filipinas
  Sitta whiteheadi
Sharpe, 1884[173]
ningunha 12 cm de lonxitude, partes superiores de cor azul a gris e partes inferiores avermelladas. O macho ten un píleo e liña ocular negros separados por unha lista superciliar branca; a femia ten un píleo e liña ocular agrisados.[174] Endémico de Córsega.[175][176] 3.000 a 9.000 parellas[174]
  Sitta azurea
Lesson, 1830[177][178]
3 13,5 cm de lonxitude, partes superiores agrisadas e inferiores abrancazadas.[179]
Faga clic para ver un vídeo
Malaisia, Sumatra e Xava
  Sitta ledanti
Vielliard, 1976[h]
ningunha 13,5 cm de lonxitude, partes superiores de cor azul a gris e partes inferiores avermelladas. O macho ten un píleo e lista ocular negros separados por unha lista superciliar branca; a femia ten un píleo e liña ocular agrisados.[180] Endémico dalgúns macizos da Pequena Cabilia (Alxeria).[68][175] Menos de 1 000 parellas[180]
  Sitta magna
R.G.W. Ramsay, 1876[15]
2 19,5 cm de lonxitude, partes superiores agrisadas e inferiores abrancazadas.[16] Desde o centro-sur da China ata o noroeste de Tailandia[181]
  Sitta krueperi[I]
Pelzeln, 1863[182]
ningunha 11,5 a 12,5 cm de lonxitude, partes inferiores abrancazadas cunha gorxa avermellada, partes superiores maioritariamente de cor gris.[183] Desde o leste de Grecia ata Turquía.[175] 80 000 a 170 000 parellas[183]
  Sitta formosa
Blyth, 1843[184][178]
ningunha 16,5 cm de lonxitude, predominantemente negro con franxas brancas, dorso, coxas e ombros de cor azul brillante, partes inferiores alaranxadas sen brillo e rostro pálido.[185] Desde o Himalaia ata o noroeste de Vietnam[186]
Notas
  1. Os taxons euroasiáticos S. whiteheadi, S. krueperi, S. villosa e S. yunnanensis foron clasificados en diferentes publicacións como subespecies de S. canadensis.
  2. 2,0 2,1 En ocasións clasificado como subespecie de S. europaea.
  3. En ocasións, clasificado como subespecie de S. europaea e S. castanea.
  4. Taxon recentemente separado de S. leucopsis.[150]
  5. En ocasións, clasificado como subespecie de S. himalayensis.
  6. Probablemente unha subespecie de S. oenochlamys.
  7. En ocasións, clasificado como subespecie de S. pygmaea.
  8. Adoita clasificarse como subespecie de S. pygmaea, pero probablemente sexa subespecie de S. solangiae.
  9. Anteriormente clasificado como subespecie de S. canadensis e S. villosa.

Híbridos observados editar

 
Debuxo que acompaña a descrición orixinal de Sitta caesia Wolf, 1810.[116]

Moitas especies poden hibridarse cando as súas distribucións entran en contacto. En orde alfabética, observáronse os seguintes híbridos na natureza:[117]

  • Sitta (europaea) caesia × Sitta europaea europaea, onde Sitta (europaea) caesia é considerado como unha especie independente, é un híbrido común na natureza (desde o mar Báltico ata o mar Negro);[187][188][189]
  • Sitta cashmirensis × Sitta castanea, híbrido observado en cativerio por dúas especies separadas altitudinalmente;
  • Sitta cashmirensis × Sitta (europaea) sinensis,[190] híbrido observado en cativerio por dúas especies con distribucións solapadas;
  • Sitta castanea × Sitta (europaea) sinensis, híbrido observado en cativerio por dúas especies con distribucións solapadas;
  • Sitta europaea europaea × Sitta (europaea) sinensis, onde Sitta (europaea) sinensis foi considerada como unha especie independente,[191][187][190] híbrido común na natureza (nordeste da China) e que corresponde posiblemente á subespecie Sitta europaea amurensis; e,
  • Sitta nagaensis × Sitta (europaea) sinensis, suposto híbrido, pero probablemente común (sur da China) e que corresponde posiblemente á subespecie Sitta nagaensis montium.[187][192][191]

Especies fósiles editar

 
Fósil descrito coa denominación «Sitta senogalliensis».

En 1852, Paul Gervais describiu un fósil do Eoceno superior en Montmartre, baixo o nome de «Sitta? cuvieri» sen estar seguro da composición do xénero, pero ao encontrar o bico e as patas indicou que se parecían ás dos gabeadores.[193][194] Este taxon foi desprazado posteriormente de Sitta a un novo xénero, Palaegithalus, por Alphonse Milne-Edwards;[195][196] en 1933 considerouse como pertencente á familia Paridae por Kálmán Lambrecht[197] e a Motacillidae por Jean Brunet en 1970.[198] Finalmente, en 1998 Gerald Mayr suxeriu que a proximidde de Sylviornis con Sitta cuvieri demostraría que son sinónimos;[199] eses taxons mantéñense en incertae sedis.[200]

En 1888, Alessandro Portis describiu Sitta senogalliensis baseándose en restos fósiles atopados en Senigallia (Italia), que datan de finai do Mioceno.[69][201] Porén, a permanencia deste fósil na familia púxose en dúbida e a especie considérase tamén incertae sedis desde 2002.[200]

En 2008, encontrouse o fósil dun tarsometatarso dereito en Baviera e foi descrito co nome Certhiops rummeli. Datado no Mioceno, probablemente pertenza a un paxaro gabeador da superfamilia Certhioidea, aínda que a posición exacta neste grupo non se determinou.[202]

Subfamilias e subxéneros editar

 
Buturlín tivo en conta diferenzas morfolóxicas entre as subespecies do gabeador azul (como por exemplo a forma do bico) para elevar S. e. arctica á categoría de especie.[203]

En 1916, o ornitólogo ruso Serguei Aleksandrovich Buturlín publicou unha revisión da familia, como resultado de dez anos de traballo. Describiu especialmente tres novas subespecies, pero sobre todo varias subfamilias, xéneros e subxéneros, aínda que daquela o xénero era considerado moi homoxéneo. Ofreceu a seguinte disposición:[204]

Hoxe en día a maioría dos autores modernos recoñecen que este xénero agrupa todos os gabeadores, coa notable excepción de Hans Wolters Edmund, quen, no seu libro Die Vogelarten der Erde (publicado entre 1975 e 1982), presentou unha división en catro xéneros e varios subxéneros, e incluíu unha serie de taxons de Buturlín. Porén, os dous gabeadores pequenos —S. pygmaea e S. pusilla— non foron colocados en ningún subxénero, pero, en 1993, o zoólogo suízo Urs Noel Glutz von Blotzheim reutilizou o subxénero Sitta (Mesositta) de Buturlín para agregar nel as dúas especies asiáticas. O resultado foi unha división en subxéneros, pouco utilizada, que inclúe as especies en sete subxéneros e compostos:[208]

Filoxenia editar

Os gabeadores posiblemente son orixinarios do sueste de Asia, onde hoxe en día se observa a maior diversidade de especies do xénero.[101] Pouco despois da descrición do S. ledanti, Jacques Vielliard propuxo en 1978 unha filoxenia xeral dos gabeadores.[209] En 2010, Erik Matthysen explicou que a única filoxenia molecular existente era un estudo de Éric Pasquet feito en 1998, no que se examinaron dez especies e incluía cinco dos seis grupos «canadensis» correspondentes ao subxénero Micrositta, agás S. yunnanensis.[111][208] Esta filoxenia invalidou, polo menos en parte, a proposta de Vielliard. En 2014, Éric Pasquet et al. publicaron unha filoxenia baseada no ADN nuclear e mitocondrial de 21 especies de gabeadores.[210] As poucas especies que non foron incluídas no estudo non supoñen grandes gretas na reconstrución da filoxenia: S. castanea, S. cinnamoventris, S. neglecta e S. arctica, que son probablemente próximos ao gabeador azul; S. victoriae é probablemente próximo a S. himalayensis; S. leucopsis é próximo a S. przewalskii, e S. solangiae é próximo a S. frontalis e a S. oenochlamys.

Vielliard (1978):[209] Pasquet (1998):[111] Pasquet et al. (2014):[210]
Sitta

Sitta villosa

Sitta senogalliensis?

grupo de «as sitas mesoxenéricas»

Sitta ledanti

Sitta krueperi

Sitta whiteheadi

Sitta pusilla/Sitta pygmaea

Sitta leucopsis/Sitta carolinensis

Sitta canadensis

Sitta yunnanensis

Sitta himalayensis/Sitta victoriae

Sitta castanea

Sitta cashmirensis

Sitta europaea/Sitta nagaensis

Sitta neumayer/Sitta tephronota

Sitta magna

Sitta azurea

Sitta formosa

Sitta frontalis/Sitta solangiae

Sitta frontalis

Sitta pygmaea

«grupo canadensis»

Sitta canadensis

Sitta whiteheadi

Sitta villosa

Sitta krueperi

Sitta ledanti

Sitta europaea

Sitta carolinensis

Sitta europaea

Sitta himalayensis

Sitta

Sitta carolinensis

Sitta magna

Sitta pusilla

Sitta pygmaea

Sitta yunnanensis

Sitta canadensis

Sitta whiteheadi

Sitta villosa

Sitta ledanti

Sitta krueperi

Sitta azurea

Sitta frontalis

Sitta oenochlamys

Sitta formosa

Sitta tephronota

Sitta neumayer

Sitta cashmirensis

Sitta nagaensis

Sitta europaea

Sitta himalayensis

Sitta przewalskii

Estatisticamente, pequenos nodos de soporte foron substituídos por politomías.

Historia evolutiva editar

Segundo Pasquet et al. (2014) a orixe da familia data de principios do Mioceno e en diverxencias antigas que ocorreron hai arredor de 15 millóns de anos. Hai once millóns de anos, producíronse dúas colonizacións independentes do continente americano procedentes de Asia, por unha parte a rama do S. magna e S. carolinensis, e por outra a rama do grupo canadensis e o grupo composto por S. pygmaea e S. pusilla.[210] A historia paleoxeográfica do grupo «canadensis» sería a seguinte: a diverxencia entre os dous clados principais (S. canadensis-S. whiteheadi-S. villosa por unha parte, e S. krueperi-S. ledanti pola outra) parece abranguer máis de cinco millóns de anos, ao final do Mioceno, cando o clado de krueperi e ledanti se instalou na cunca do Mediterráneo durante a crise salina do Messinense. As dúas especies constituíntes separáronse hai 1 750 000 anos. O outro clado dividiuse á súa vez en tres, con poboacións illadas no leste de Asia e dando lugar ao S. canadensis norteamericano, e hai aproximadamente un millón de anos desde o oeste, o que marcou a separación entre o gabeador corso (S. whiteheadi) e o chinés (S. villosa).[111] S. pygmaea e S. pusilla escindíronse hai seis millóns de anos. O clado dos dous gabeadores rupestres (S. neumayer e S. tephronota) separouse do grupo europaea hai aproximadamente trece millóns de anos, e ambas as especies separáronse hai catro millóns de anos. A situación de S. formosa no grupo é estatisticamente débil, e a súa relación é cuestionable, mais representa unha antiga liñaxe de hai probablemente catorce millóns de anos.[210]

Para un naturalista, calquera encontro cunha especie inesperada é obxecto de asombro e entusiasmo. Ao principio pensei que se trataba do gabeador corso (ou dunha variedade desta especie), o que tería sido un poco más banal pero seguiría sendo moi sorprendente. Non imaxinei que isto puidese ser un descubrimento, [xa que estaba] convencido de que quizais eu estaba mal informado ou mal documentado.
Pour un naturaliste, toute rencontre avec une espèce inattendue est sujet d'étonnement et d'enthousiasme. J'ai d'abord cru avoir affaire à la Sittelle corse (ou à une variété de cette espèce), ce qui aurait été plus banal qu'une espèce inconnue mais fort étonnant quand même. Je ne m'imaginais pas que cela puisse être une découverte, convaincu que j'étais d'être sous-informé ou sous-documenté.
Jean-Paul Ledant[h]

Relación co ser humano editar

Na cultura popular editar

 
Pedra tallada de Ramsund do século XI en Suecia, que representa como Sigurd (ou Siegfried) aprendeu a linguaxe dos paxaros, tal como aparece na Edda poética e a Saga Völsunga. No punto 2º, os paxaros dinlle a Sigurd que Regin non manterá a súa promesa de reconciliación e intentará asasinalo, e isto provoca que Sigurd lle corte a cabeza ao seu pai adoptivo.
Segundo o Cantar dos nibelungos ditos paxaros eran gabeadores.[214]

Segundo as crezas dalgunhas tribos indíxenas de América do Norte, un tótem coa figura deste paxaro podía transmitir as súas cualidades aos seres humanos. Os seres humanos que foran capaces de comunicarse cos gabeadores adquirían máis confianza neles mesmos (un paxaro que se despraza boca abaixo nas árbores representa esa cualidade).[215] Na colección de poemas do século XIII Edda poética da mitoloxía nórdica, un poema conta a historia dun mozo aventureiro, chamado Sigurd (ou Siegfried), quen xunto co anano Regin (o seu pai adoptivo), matou o dragón Fafner. Bebeu un pouco de sangue do dragón e empezou a entender a linguaxe dos gabeadores que o rodeaban. Estes avisárono da traizón do anano, que quería matalo para apoderarse dos tesouros do dragón. Sigurd, guiado polos gabeadores, matou a Regin e dirixiuse á corte do reino co tesouro, onde casou cunha bela princesa.[214][215]

Plinio o Vello cría que os niños de certas aves feitos nos cantís, como os dos gabeadores rupestres ou as andoriñas, inspiraron o ser humano a construír casas con ladrillos de arxila.[216] O naturalista francés Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon informou e comentou na súa Histoire naturelle unha interpretación de Pierre Belon sobre as relacións entre as parellas do gabeador azul:[217]

«Os agricultores observaron —di Belon— que o macho golpea a femia cando a encontra logo de que esta se separou del, e teñen un proverbio: quen sabiamente dirixe un fogar parece un gabeador azul», pero aínda que sexa unha analoxía á sabeduría marital, non creo que se aplique neste caso particular, xa que o gabeador non ten intención de golpear a súa parella; creo, máis ben, que esta femia que se fai desexar tanto tempo antes da posta dos ovos, é a primeira en irse logo da educación da súa familia, e que cando se reúne co macho despois dunha ausencia un pouco longa, este acóllea cos agarimos más vívidos, mesmo un pouco bruscos, e que as persoas que non o ven de preto supoñerán que é un maltrato.
« Les paysans ont observé, dit Belon, que le mâle bat sa femelle quand il la trouve lorsqu'elle s'est départie de lui, dont ils ont fait un proverbe pour un qui se conduit sagement en ménage, qu'il ressemble au torche-pot » mais quoi qu'il en soit de la sagesse des maris, je ne crois point que, dans ce cas particulier, celui-ci ait la moindre intention de battre sa femme; je croirais bien plutôt que cette femelle, qui se fait désirer si long-temps avant la ponte, est la première à se retirer après l'éducation de sa famille, et que lorsque le mâle la rencontre après une absence un peu longue, il l'accueille par des caresses d'autant plus vives, même un peu brusques, et que des gens qui n'y regardent pas de si près, auront prises pour de mauvais traitements.

Ameazas e estado de conservación editar

 
Parella de S. whiteheadi ilustrada por John Gerrard Keulemans. Esta é unha das cinco especies de gabeadores en perigo de extinción.

En 2016, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) recoñeceu 29 especies no xénero Sitta, aínda que o Congreso Ornitolóxico Internacional e a British Ornithologists' Union só recoñecen 28 .[218] A subespecie insularis de S. pusilla agora é considerada especie independente. A UICN estima que dezaoito especies teñen poboacións en declive e só tres están en aumento.[219] Porén, a maioría das 29 non están ameazadas: 21 teñen a clasificación de "menos preocupante" e dous de "case ameazadas".[i] Algunhas especies, como o gabeador azul ou os gabeadores norteamericanos, teñen distribucións moi extensas e grandes poboacións, polo que teñen escasos problemas na súa conservación, aínda que poden verse afectadas localmente pola fragmentación do hábitat.[79][50][220][j]

A UICN considera que seis especies están ameazadas e prognostica redución de poboacións. Dúas especies son "vulnerables" —S. whiteheadi e S. formosa— e catro están "en perigo de extinción": S. magna, S. victoriae, S. ledanti e o «gabeador das Bahamas» (considerado anteriormente como a subespecie insularis de S. pusilla).[219] S. magna anteriormente era considerado "vulnerable", pero as investigacións levadas a cabo en 2012 e 2013 indican que a súa poboación é moito máis limitada que a estimada na década de 2000, o seu hábitat está sendo destruído e aumenta a fragmentación.[224] S. victoriae encóntrase no monte Vitoria (tamén chamado Nat Ma Taung) no oeste de Birmania, onde o bosque foi arrasado ata os 2 000 metros sobre o nivel do mar, e os hábitats restantes entre os 2 000 e 2 500 metros están moi degradados. Preto de 12 000 espécimes viven no Parque nacional de Nat Ma Taung, e as trampas e incendios agravan as ameazas sobre a especie. A poboación, estimada en varios miles de individuos, está en declive e non se están a aplicar medidas de protección para evitar tal destrución do seu hábitat.[225][165][226] Á súa vez, S. ledanti encóntrase unicamente nalgunhas pequenas áreas de Cabilia en Alxeria e a súa poboación podería non ser superior a 1 000 espécimes. Está ameazada pola destrución do hábitat por incendios, a erosión do solo, o pastoreo e a deforestación ilegal, incluso no Parque nacional de Taza.[227][228][229] Pola súa parte, a poboación do «gabeador das Bahamas» é moi pequena (uns 1 200 individuos maduros segundo unha estimación) e só vive nos bosques de piñeiros Pinus caribaea, un dos hábitats máis ameazados das Antillas Menores.[230]

A deforestación é responsable do descenso na poboación de S. yunnanensis e S. solangiae. A primeira especie enfróntase a unha destrución inminente das árbores, concretamente os bosques abertos de piñeiros; é común a escala local, aínda que desapareceu de moitos lugares onde se contaban por miles ao principio do século XX.[231] S. solangiae está particularmente ameazado en Hainan, onde perdeu máis do 70 % dos bosques entre 1949 e 1991 debido á agricultura itinerante e o uso da madeira como combustible durante o programa de recolonización do goberno chinés.[232] S. krueperi está ameazado pola urbanización e o desenvolvemento en e arredor dos bosques de coníferas, principalmente nas costas do Mediterráneo, onde a especie algunha vez prosperou.[183] En Turquía, unha lei de 2003 que promove o desenvolvemento do turismo agudizou as ameazas ás aves: reduce a burocracia e fai que sexa máis doado construír instalacións turísticas e casas de veraneo na zona costeira, onde a perda dos bosques é un problema cada vez maior para os gabeadores.[233][234]

Notas editar

  1.  
    «Se o intervalo de tempo é dun ano, cando se desenvolva a fórmula obterase unha taxa de supervivencia anual finita. As taxas de supervivencia finitas poden variar de 0 a 1, e sempre se aplican a un período de tempo específico.».[52]
  2. Por outra parte, Löhrl considerou o gabeador anano (S. pygmaea) como «o máis social dos gabeadores».[61]
  3. As razóns foron as diferenzas anatómicas entre os dous xéneros.[97][98]
  4. No libro compáranse varios sistemas para clasificar as aves. No método do conde de Lacépède, por exemplo, descríbese o xénero Sitta así:
    45. Sittelle, sitta. Bico delgado; lingua dentada, curta e dobrada ao final; cola composta de plumas moi ríxidas.
    45. Sittelle, sitta. Le bec allongé; la langue dentelée, courte et cornée à l'extrémité; la queue composée de pennes très roides.
    Lesson 1828, p. 26
  5. As especies presentes no Indostán teñen certas semellanzas que dificultan a súa diferenciación. Por exemplo, nas clasificacións do xénero publicadas no século XIX, S. castaneoventris (Franklin, 1831) era considerado unha especie independente (Jerdon 1862, p. 386; Hellmayr 1903, pp. 183-184; Stuart Baker, Oates & Blanford 1922, pp. 123-127); perdeu dito status en posteriores revisións e catalogouse como sinónimo da subespecie tipo de S. castanea Lesson, 1830 (Greenway Jr. et al. 1967, pp. 132-133).
  6. 6,0 6,1 O taxon está considerado como unha subespecie de Sitta [europaea ou arctica] (sensu lato) por algúns autores.[96][131]
  7. Cando foi traducido ao inglés do ruso en 1899, tras examinar unha mostra en 1884 ou 1885, Berezovski describiu a ave como «moi próxima a Sitta leucopsis, e as súas diferenzas, ao parecer, eran pequenas e teñen case a mesma tonalidade das partes inferiores cunha forte cor avermellada.».[121][122]
  8. 8,0 8,1 O 5 de outubro de 1975, Jean-Paul Ledant —agrónomo belga afeccionado á ornitoloxía— descubriu o gabeador de Cabilia (S. ledanti) nas súas observacións en Alxeria.[211][212] Considérase o gabeador o achado máis recente, ao fixar a súa separación de S. whiteheadi e S. krueperi.[112][209][213]
  9. A UICN recomenda que se tomen precaucións para evitar clasificar as especies con "datos insuficientes" cando a ausencia de rexistros podería indicar realmente o seu perigoso descenso:
    Se se sospeita que a distribución dun taxón está relativamente circunscrita, se transcorreu un período considerable de tempo desde o último rexistro dun taxon, ou se existen posibilidades razoables de enquisas non declaradas nas que non se encontrou o taxon, ou que a perda de hábitat tivo un impacto desfavorable, o estado de ameazado pode estar ben xustificado.
    If the range of a taxon is suspected to be relatively circumscribed, if a considerable period of time has elapsed since the last record of a taxon, or if there are reasonable chances of unreported surveys in which the taxon has not been found, or that habitat loss has had an unfavourable impact, threatened status may well be justified.
  10. A familia está protexida por tratados internacionais sobre aves migratorias da Unión Europea (mediante o Convenio relativo á Conservación da Vida Silvestre e do Medio Natural de Europa)[221][222] e países de América do Norte.[223]
Referencias
  1. Lesson 1828, pp. 360-367.
  2. Linnæus 1758, p. 115.
  3. BUSCatermos gabeador azul, que dá como referencias: "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada." Chioglossa, 1 (1999): 121-138. Lista de las aves de España (ES-EN-CT-GL-EU). Sociedad Española de Ornitología, 2005. "Zooloxía" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009
  4. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos; Silvar, Calros (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Hellmayr 1903, pp. 169-170.
  6. 6,0 6,1 del Hoyo, Elliott & Christie
  7. 7,0 7,1 Matthysen 1998, p. 8. Capítulo 1 «Introducing the Nuthatches»
  8. 8,0 8,1 8,2 Moreno Mañas 1986, p. 80.
  9. Matthysen 1998, p. 10. Capítulo 1 «Introducing the Nuthatches»
  10. 10,0 10,1 Matthysen 1998, p. 11. Capítulo 1 «Introducing the Nuthatches»
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 Harrap 1996, pp. 16-17. Capítulo «Family Introduction»
  12. Hellmayr 1903, pp. 170-173.
  13. Dunning Jr. 2007, pp. 441-442.
  14. 14,0 14,1 Matthysen 1998, p. 9. Capítulo 1 «Introducing the Nuthatches»
  15. 15,0 15,1 15,2 Hellmayr 1903, p. 180.
  16. 16,0 16,1 Harrap 1996, pp. 169-172. Capítulo «Giant Nuthatch»
  17. 17,0 17,1 Hellmayr 1903, pp. 189-191.
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 18,5 18,6 Campbell et al. 2007, pp. 272-279.
  19. 19,0 19,1 Campbell et al. 2007, pp. 286-291.
  20. 20,0 20,1 20,2 Harrap 1996, pp. 130-133. Capítulo «Brown-headed Nuthatch»
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 Hellmayr 1903, pp. 173-175.
  22. 22,0 22,1 Hellmayr 1903, pp. 187-189.
  23. Hellmayr 1903, pp. 169-171.
  24. Löhrl 1988, pp. 71, 100, 189.
  25. "Danger in the Air". Science. Environment. Washington D. C.: Asociación Estadounidense para el Avance de la Ciencia. 19 de marzo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 21 de febreiro de 2015. 
  26. Templeton & Greene 2007
  27. 27,0 27,1 Svensson 2010, pp. 348-349.
  28. Löhrl 1988, pp. 50, 51.
  29. Leonovich, Vladímir Vladimirovich; Demina, GV; Veprintseva, Olga Dmítriyevna (1996). "Обыкновенный поползень (Sitta europaea L.) и «малые» поползни (S. villosa Verreaux, S. krueperi Pelzeln): вопросы систематики и филогении" [Sitta europaea L. y los «pequeños» trepadores S. villosa Verreaux y S. krueperi Pelzeln: problemas de taxonomía y filogenia]. бюллетень московского общества испытателей природы. отдел биологический [Boletín da Sociedade de Naturalistas de Moscú - División Bioloxía]. (en ruso) (Moscú: Sociedade de Naturalistas de Moscú) 101 (1): 37–49. ISSN 0027-1403. OCLC 6363264. Arquivado dende o orixinal (DjVu) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  30. Portenko, Leonidas Alejandróvitch (1939). Фауна Анадырского края (en ruso). Leningrado: Izd-vo Glavsevmorputi. OCLC 66267300. 
  31. 31,0 31,1 Red'kin & Konovalova 2006, pp. 248-249.
  32. 32,0 32,1 Löhrl 1988, pp. 196-197.
  33. 33,0 33,1 33,2 33,3 Harrap 1996, pp. 109-114. Capítulo «Eurasian Nuthatch»
  34. 34,0 34,1 34,2 Harrap 1996, pp. 127-130. Capítulo «Pygmy Nuthatch»
  35. 35,0 35,1 35,2 Hellmayr 1903, pp. 185-186.
  36. 36,0 36,1 Jerdon 1862, p. 384.
  37. 37,0 37,1 37,2 Löhrl 1988, p. 200.
  38. "Red-breasted Nuthatch". Bird Guide (en inglés). Cornell Laboratory of Ornithology. 
  39. Floyd 2014.
  40. Kilham 1971.
  41. 41,0 41,1 Campbell et al. 2007, pp. 280-285.
  42. 42,0 42,1 42,2 42,3 Harrap 1996, pp. 155-158. Capítulo «Western Rock Nuthatch»
  43. 43,0 43,1 43,2 43,3 43,4 Harrap 1996, pp. 158-161. Capítulo «Eastern Rock Nuthatch»
  44. Löhrl 1988, p. 195.
  45. 45,0 45,1 Snow & Perrins 1998, pp. 1406-1407. Capítulo «Rock Nuthatch»
  46. 46,0 46,1 Snow & Perrins 1998, p. 1398, capítulo «Nuthatch: Family Sittidae»
  47. 47,0 47,1 Matthysen & Löhrl 2003, pp. 536-537
  48. 48,0 48,1 48,2 48,3 Kieliszewski, Jordan. "Sitta pygmaea". Animal Diversity Web (en inglés). Museum of Zoology, Universidade de Michigan. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  49. "Brown-headed Nuthatch". Bird Guide (en inglés). Cornell Laboratory of Ornithology. 
  50. 50,0 50,1 González-Varo, López-Bao & Guitián 2008
  51. 51,0 51,1 Roof, Jennifer; Dewey, Tanya. "Sitta carolinensis". Animal Diversity Web (en inglés). Museum of Zoology, Universidade de Michigan. 
  52. Krebs, Charles J (2014). "Ecological Methodology" (en inglés) (Terceira ed.). Vancouver: Universidade da Columbia Británica. p. 656. Consultado o 13 de abril de 2015. 
  53. Thibault & Jenouvrier 2006
  54. Matthysen 1998. Capítulo 9 «Population Dynamics»
  55. "Nuthatch Sitta europaea [Linnaeus, 1758]". BTO Birdfacts (en inglés). British Trust for Ornithology. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 1 de decembro de 2008. 
  56. Ghalambor & Martin 2000
  57. Fujita et al. 2008
  58. 58,0 58,1 Löhrl 1988, pp. 154, 168-169.
  59. Robson 2004, p. 2004
  60. Löhrl 1988, pp. 9, 58, 71, 103, 141.
  61. Löhrl 1988, p. 78.
  62. Hardling, Kallander & Nilsson 1997
  63. Nilsson & Persson 1993
  64. Löhrl 1988, p. 127.
  65. 65,0 65,1 Matthysen 1998, p. 7. Capítulo 1 «Introducing the Nuthatches»
  66. 66,0 66,1 66,2 Snow & Perrins 1998, pp. 1402-1404. Capítulo «Eurasian Nuthatch»
  67. 67,0 67,1 Löhrl 1988, p. 8.
  68. 68,0 68,1 Hirschfeld, Swash & Still 2013, p. 72.
  69. 69,0 69,1 Stoner 1960, p. 85
  70. Pedrocchi Renault 1987, p. 131.
  71. 71,0 71,1 71,2 Harrap 1996, pp. 144-148. Capítulo «Red-breasted Nuthatch»
  72. Aley, Jean; Aley, Roy (1995). "Red-breasted Nuthatch in Norfolk: new to Britain and Ireland" (PDF). British Birds (en inglés) (Londres: MacMillan Jounals) 88 (3): 150–153. ISSN 0007-0335. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2015. Consultado o 11 de abril de 2015. 
  73. Red'kin & Konovalova 2006, p. 242.
  74. Matthysen 1998, pp. 3-4. Capítulo 1 «Introducing the Nuthatches»
  75. Snow & Perrins 1998, pp. 1404-1406. Capítulo «Eastern Rock Nuthatch»
  76. Snow & Perrins 1998, pp. 1399-1400. Capítulo «Corsican Nuthatch»
  77. Menon et al. 2008
  78. Ripley 1959
  79. 79,0 79,1 Hanski 1998.
  80. 80,0 80,1 Harrap 1996, pp. 161-164. Capítulo «Velvet-fronted Nuthatch»
  81. 81,0 81,1 Hellmayr 1903, pp. 193-194.
  82. 82,0 82,1 Duméril 1806, pp. 46-47.
  83. Linnæus 1758, pp. 115
  84. Linnæus & 1767-1770, pp. 177-178
  85. Matthysen 1998, p. 4. Capítulo 1 «Introducing the Nuthatches»
  86. Farieta 2001, p. 139.
  87. Saint-Hilaire 1883, p. 138: cap. II §§ 10-14
  88. Saint-Hilaire 1883, p. 187: cap. XVI §§ 21-25
  89. "La sittelle". Oiseaux de collection. Le lutin des arbres (en francés) (París: Eaglemoss International) (10): 13. 2002. 
  90. Brookes, Ian, ed. (2006). The Chambers Dictionary (en inglés) (Novena ed.). Edimburgo: Chambers. p. 1417. ISBN 0-550-10185-3. 
  91. Thompson, D'Arcy Wentworth (1895). "ΣΙʹΤΤΗ". A glossary of Greek birds (en inglés). Oxford: Clarendon Press. pp. 154–155. OCLC 811922438. doi:10.5962/bhl.title.12332. 
  92. Cuvier 1817, pp. 377, 396.
  93. 93,0 93,1 Cracraft et al. 2004, pp. 468-489
  94. Vaurie 1950
  95. Campbell & Lack 1985, pp. 638-639.
  96. 96,0 96,1 Clements, JF; Schulenberg, TS; Iliff, MJ; Roberson, D; Fredericks, TA; Sullivan, BL; Wood, CL (2014). "The eBird/Clements checklist of birds of the world: Version 6.9". The Cornell Lab of Ornithology. Ithaca: Universidade Cornell. Consultado o 11 de marzo de 2015. 
  97. 97,0 97,1 Vaurie 1957
  98. Moreno Mañas 1986, p. 79-80.
  99. 99,0 99,1 Mayr & Amadon 1951
  100. Hellmayr 1903, pp. 201-203.
  101. 101,0 101,1 Matthysen 1998, p. 5. Capítulo 1 «Introducing the Nuthatches»
  102. 102,0 102,1 102,2 102,3 Gill, F; Donsker, D, eds. (2015). «Nuthatches, Wallcreeper, treecreepers, mockingbirds, starlings & oxpeckers» IOC World Bird List (v.5.1) polo Congreso Ornitolóxico Internacional (en inglés). Consultado o 18 de maio de 2015.
  103. 103,0 103,1 103,2 Boyd, John (11 de outubro de 2013). "CERTHIOIDEA - Sittidae, Tichodromidae, Certhiidae, Polioptilidae, and Troglodytidae". TiF Checklist (en inglés). 
  104. 104,0 104,1 104,2 104,3 Löhrl 1988, p. 199.
  105. Hellmayr 1903, pp. 168-169.
  106. Sibley & Ahlquist 1990
  107. Alström et al. 2006
  108. Treplin et al. 2008
  109. Johansson, Fjeldså & Bowie 2008
  110. Harrap 1996, pp. 12-13. Capítulo «Species limits»
  111. 111,0 111,1 111,2 111,3 Pasquet 1998
  112. 112,0 112,1 Thibault, Seguin & Norris 2000, pp. 6-8
  113. 113,0 113,1 113,2 113,3 113,4 113,5 Rasmussen & Anderton 2005, p. 536
  114. 114,0 114,1 Dementev & Gladkov 1970, pp. 861-862.
  115. Zink, Drovetski & Rohwer 2006
  116. 116,0 116,1 Meyer & Wolf 1810.
  117. 117,0 117,1 McCarthy 2006, pp. 246-247
  118. Dickinson 2006
  119. Sterling, Hurley & Minh 2006, pp. 188-190.
  120. Walström, Klicka & Spellman 2012
  121. Dresser & Morgan 1899.
  122. 122,0 122,1 Hellmayr 1903, p. 186.
  123. Smit et al. 2007
  124. Blondel & Aronson 1999, p. 50.
  125. Peterson, Alan P. «Sittidae (Lesson, 1828) na orde Passeriformes» (en inglés).
  126. 126,0 126,1 Hellmayr 1903, pp. 175-176.
  127. Carrascal de la Puente, Luis María; Palomino Nantón, David (2008). "Las aves comunes reproductoras en España: Población en 2004-2006" (PDF). Seguimiento de aves. Madrid: SEO/BirdLife. p. 123. ISBN 978-8-493-64413-0. OCLC 733652354. 
  128. Harrap 1996, pp. 143-144. Capítulo «Yunnan Nuthatch»
  129. Dementev & Gladkov 1970, p. 943.
  130. 130,0 130,1 Buturlín 1907.
  131. "Siberian Nuthatch (Sitta arctica) Buturlín, 1907". avibase. Consultado o 9 de febreiro de 2015. 
  132. 132,0 132,1 132,2 Peterson & Chalif 1973, pp. 168-169.
  133. "Red-Breasted Nuthatch Sitta canadensis." (en inglés). Washington D. C.: National Geographic Society. Consultado o 21 de febreiro de 2015. 
  134. 134,0 134,1 134,2 Moreno-Contreras, Israel; Arteaga Luna, Martha Cristina; Escudero González, Eduardo (decembro de 2012). "Nuevos avistamientos de la sita canadiense (Sitta canadensis) en el norte del estado de Chihuahua, México". Huitzil. México, D. F.: Sociedad para el Estudio y Conservación de las Aves en México, A.C. pp. 137–140. ISSN 1870-7459. OCLC 5728373663. Consultado o 6 de abril de 2015. 
  135. Godwin-Austen 1874, p. 44.
  136. Hellmayr 1903, pp. 180-181.
  137. Harrap 1996, pp. 114-117. Capítulo «Chestnut-vented Nuthatch»
  138. Stuart Baker, Oates & Blanford 1922, p. 127.
  139. Hellmayr 1903, pp. 184-185.
  140. Harrap 1996, pp. 140-142. Capítulo «Chinese Nuthatch»
  141. Dementev & Gladkov 1970, p. 862.
  142. Salvin & et al. 1872, p. 417.
  143. Harrap 1996, pp. 117-119. Capítulo «Kashmir Nuthatch»
  144. Stuart Baker, Oates & Blanford 1922, p. 128.
  145. 145,0 145,1 Salvin & et al. 1872, p. 20.
  146. Harrap 1996, pp. 148-150. Capítulo «White-cheeked Nuthatch»
  147. Stuart Baker, Oates & Blanford 1922, pp. 130-131.
  148. 148,0 148,1 148,2 Harrap 1996, pp. 119-123. Capítulo «Chestnut-bellied Nuthatch»
  149. Ali 1941, pp. 11-12.
  150. Martens, Johen; Tietze, Dieter Thomas; Päckert, Martin (2012). "Phylogeny, biodiversity, and species limits of passerine birds in the Sino-Himalayan region - a critical review". Ornithological Monographs (en inglés) 70 (1): 64–94. ISSN 0078-6594. OCLC 5791592472. doi:10.1525/om.2011.70.1.64. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  151. Hellmayr 1903, pp. 186-187.
  152. Hellmayr 1903, pp. 182-183.
  153. Stuart Baker, Oates & Blanford 1922, pp. 125-126.
  154. 154,0 154,1 Harrap 1996, pp. 125-126. Capítulo «White-browed Nuthatch»
  155. Bull, John; Farrand Jr., John (1977). The Audubon Society Field Guide to North American Birds, Eastern Region (en inglés). Alfred A. Knopf, Inc. pp. 646-647. ISBN 978-0-394-41410-2. OCLC 612155910. 
  156. "White-Breasted Nuthatch Sitta carolensis." (en inglés). Washington D. C.: National Geographic Society. Consultado o 21 de febreiro de 2015. 
  157. Hellmayr 1903, p. 181.
  158. Stuart Baker, Oates & Blanford 1922, pp. 126-127.
  159. Hellmayr 1903, pp. 173-174.
  160. 160,0 160,1 Stuart Baker, Oates & Blanford 1922, pp. 129-130.
  161. Harrap 1996, pp. 123-125. Capítulo «White-tailed Nuthatch»
  162. Stuart Baker, Oates & Blanford 1922, pp. 122-123.
  163. Hellmayr 1903, p. 175.
  164. Stuart Baker, Oates & Blanford 1922, p. 123.
  165. 165,0 165,1 Hirschfeld, Swash & Still 2013, p. 146.
  166. Stuart Baker, Oates & Blanford 1922, p. 132.
  167. Hellmayr 1903, pp. 190-191.
  168. Harrap 1996, pp. 164-165. Capítulo «Yellow-billed Nuthatch»
  169. Sterling, Hurley & Minh 2006, pp. 182, 188-190, 383.
  170. Hellmayr 1903, pp. 189-190.
  171. Hellmayr 1903, pp. 194-195.
  172. Harrap 1996, pp. 165-168. Capítulo «Sulphur-billed Nuthatch»
  173. Hellmayr 1903, p. 184.
  174. 174,0 174,1 Harrap 1996, pp. 133-135. Capítulo «Corsican Nuthatch»
  175. 175,0 175,1 175,2 Blondel & Aronson 1999, pp. 47, 50.
  176. Saunders & et al. 1885, pp. 28-31.
  177. Hellmayr 1903, p. 192.
  178. 178,0 178,1 Salvin & et al. 1872, p. 21.
  179. Harrap 1996, pp. 168-169. Capítulo «Blue Nuthatch»
  180. 180,0 180,1 Harrap 1996, pp. 135-138. Capítulo «Algerian Nuthatch»
  181. Stuart Baker, Oates & Blanford 1922, pp. 128-129.
  182. Salvin & et al. 1872, p. 451.
  183. 183,0 183,1 183,2 Harrap 1996, p. 139. Capítulo «Kruper's Nuthatch»
  184. Hellmayr 1903, pp. 191-192.
  185. Harrap 1996, pp. 172-173. Capítulo «Beautiful Nuthatch»
  186. Stuart Baker, Oates & Blanford 1922, p. 131-132.
  187. 187,0 187,1 187,2 Voisin et al. 2002.
  188. Saunders & et al. 1885, p. 243.
  189. Hellmayr 1903, p. 176.
  190. 190,0 190,1 Salvin & et al. 1872, p. 465.
  191. 191,0 191,1 Hellmayr 1903, p. 179.
  192. fotolulu 2014, p. 378.
  193. Gervais & 1848-1852, pp. 228-229
  194. Salvin & et al. 1872, p. 424.
  195. Milne-Edwards & 1869-1871, p. 378
  196. Milne-Edwards 1864, p. 72.
  197. Lambrecht 1933
  198. Brunet 1970
  199. Mayr 1998
  200. 200,0 200,1 Mlíkovský 2002
  201. Portis 1888
  202. Manegold 2008
  203. Red'kin & Konovalova 2006, p. 256.
  204. Stone 1916
  205. Hellmayr 1903, p. 201.
  206. Hellmayr 1903, pp. 195-201.
  207. Stuart Baker, Oates & Blanford 1922, p. 121.
  208. 208,0 208,1 Matthysen 1998, pp. 269-270, anexo I «Scientific and Common Names of Nuthatches»
  209. 209,0 209,1 209,2 Vielliard 1978
  210. 210,0 210,1 210,2 210,3 Pasquet et al. 2014
  211. Laurence D (2007). "La sittelle kabyle (Sitta ledanti) : l'oiseau rare. Interview de J.-P. Ledant." (en francés). Monde Berbère - Association Culturelle n'Imazighen. interviewLedant. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2008. Consultado o 29 de agosto de 2013. 
  212. J.-J. B. (28 de xullo de 1976). "Un oiseau inconnu découvert en Algérie". Le Monde (en francés). París: Société éditrice du Monde, s.a. 
  213. Dubois & Nemésio 2007.
  214. 214,0 214,1 Reichert 2011, p. 213.
  215. 215,0 215,1 "La sittelle". Oiseaux de collection. Mythes et légendes (en francés) (París: Eaglemoss International) (10): 13. 2002. 
  216. Holland 1847, p. 250. Capítulo LVI «The first invertors of things in life»
  217. de Buffon 1778, pp. 460-475
  218. Sangster et al. 2012
  219. 219,0 219,1 Ficha[Ligazón morta] elaborada pola UICN (en inglés).
  220. van Langevelde 2000
  221. "Convention on the Conservation of European Wildlife and Natural Habitats" (en inglés). Berna: Consello de Europa. 19 de setembre de 1979. OCLC 6952454. Consultado o 23 de abril de 2015. 
  222. Ministerio de Asuntos Exteriores de España, ed. (1 de outubro de 1986). "Instrumento de ratificación del Convenio relativo a la conservación de la vida silvestre y del medio natural en Europa, hecho en Berna el 19 de septiembre de 1979" (PDF). Boletín Oficial del Estado (Madrid: Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado) (235): 33547–33555. BOE-A-1986-25961. Consultado o 23 de abril de 2015. 
  223. Secretaría de Relaciones Exteriores de México, ed. (7 de febreiro de 1936). "Convenio entre los Estados Unidos Mexicanos y los Estados Unidos de América para la protección de aves migratorias y de mamíferos cinegéticos" (PDF). México, D. F.: Gobierno de México. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de abril de 2015. 
  224. Ficha de Sitta magna Ramsay, 1876 na Lista vermella da UICN (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2016.
  225. Ficha de Sitta victoriae Rippon, 1904 na Lista vermella da UICN (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2013.
  226. Naing 2003
  227. Harrap 1992
  228. Isenmann, P; Monticelli, D. "Species factsheet: Algerian Nuthatch Sitta ledanti.". birdlife.org (en inglés). BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2016. Consultado o 28 de febreiro de 2013. 
  229. Hirschfeld, Swash & Still 2013, p. 95.
  230. Ficha de Sitta insularis (Bond, 1931) na Lista vermella da UICN (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2016.
  231. Ficha de Sitta yunnanensis Ogilvie-Grant, 1900 na Lista vermella da UICN (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2013.
  232. Ficha de Sitta solangiae (Delacour & Jabouille, 1930) no Lista vermella da UICN (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2013.
  233. Ficha de Sitta krueperi Pelzeln, 1863 na Lista vermella da UICN (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2013.
  234. "Turkey: briefing notes on tourism policy and institutional framework" (PDF) (en inglés). The Travel Foundation. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de febreiro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar