Charles Sibley
Charles Gald Sibley, nado o 7 de agosto de 1917 en Fresno (California) e finado o 12 de abril de 1998 en Santa Rosa (condado de Sonoma, no mesmo estado), foi un biólogo molecular e ornitólogo estadounidense.
Nome orixinal | (en) Charles Gald Sibley |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de agosto de 1917 Fresno, Estados Unidos de América |
Morte | 12 de abril de 1998 (80 anos) Santa Rosa, Estados Unidos, Estados Unidos de América |
Residencia | Santa Rosa, Estados Unidos (1993–1998) |
Educación | Universidade de California, Berkeley - zooloxía (1946–1948) |
Actividade | |
Ocupación | biólogo molecular, zoólogo, ornitólogo, profesor universitario |
Empregador | Universidade Cornell Universidade Estatal de San Francisco Sonoma State University (en) |
Membro de | |
Alumnos | Fred C. Sibley (en) |
Obra | |
Doutorando | Paul Johnsgard (pt) |
Abreviatura do autor en zooloxía | Sibley |
Premios | |
|
Tivo unha grande influencia na clasificación científica das aves e os seus traballos foron moi importantes para a comprensión da evolución das aves.
Traxectoria
editarFormado en California, na Universidade de California en Berkeley (A.B.. 1940; Ph.D. en zooloxía en 1948), realizou os seus primeiros traballos de campo en México en 1939 e 1941, e despois no arquipélago Bismarck, illas Salomón, Nova Guinea e Filipinas durante a segunda guerra mundial, antes de volver aos Estados Unidos.
O seu primeiro traballo despois da universidade foi como instrutor en zooloxía de 1948 a 1949 e conservador de aves na Universidade de Kansas e, a partir de 1949 e até 1953, foi profesor de zooloxía da Universidade Estatal de San José. De 1953 a 1965 foi profesor asociado e despois titular de zooloxía e director do Laboratorio de Ornitoloxía da Universidade Cornell e conservador do Peabody Museum da Universidade Yale. De 1986 a 1992 foi profesor de ciencias e de bioloxía na Universidade Estatal de San Francisco e, desde 1993 até a súa morte, foi profesor adxunto de bioloxía na Universidade Estatal de Sonoma.
Sibley interesouse pola hibridación ADN-ADN e as súas implicacións na evolución e a taxonomía e, a prinicios dos anos 1960 comezou a centrarse en estudos de bioloxía molecular, primeiro das proteínas do sangue e despois sobre a electroforese das proteínas da clara do ovo.
A principios dos anos 1970, Sibley foi un pioneiro nos estudos da hibridación de ADN-ADN, co propósito de descubrir as relacións entre as ordes modernas de aves. Durante os anos 70, Sibley foi unha figura controvertida no campo da ornitoloxía, por motivos tanto persoais como profesionais.
A mediados dos 80 a súa revisión da filoxenia das aves actuais de acordo cos estudos de ADN, publicados entre 1986 e 1993, foi á vez moi controvertida e influente.
En 1990 Sibley foi elixido Presidente do Congreso Internacional de Ornitoloxía. As súas obras, Phylogeny and Classification of Birds (escrito xunto con Jon Edward Ahlquist, e onde estableceron a chamada taxonomía de Sibley-Ahlquist), e Distribution and Taxonomy of Birds of the World (con Burt Monroe) encóntranse entre os traballos máis citados no campo da ornitoloxía.
As secuencias de Sibley foron aceptadas en gran medida pola American Ornithologists' Union, e aínda que outros organismos similares doutros países non as adoptaron na súa totalidade si que se foron influídos por estas.
Honores
editarEn 1988, conxuntamente co seu colega, amigo e estreito colaborador Jon Edward Ahlquist, foi galardoado pola National Academy of Sciences dos Estados Unidos coa Medalla Daniel Giraud Elliot, pola aplicación de técnicas de hibridación do ADN para a clasificación das aves, que revolucionou a taxonomía ao mostrar como distinguir as relacións evolutivas das similitudes converxentes.[1]
Abreviatura
editarA abreviatura Sibley emprégase para recoñecer a Charles Sibley como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Charles Sibley |
Bibliografía
editar- Ahlquist, Jon E. (1999): "Charles G. Sibley: A commentary on 30 years of collaboration". The Auk 116 (3): 856-860.
- Payne, Robert B.(1998): "Charles Gald Sibley (1917–1998)". Ibis 140 (4): 697-699.
- Schodde, Richard (2000): "Obituary: Charles G. Sibley, 1911-1998". Emu 100 (1): 75-76.