Sitta cinnamoventris

Sitta cinnamoventris
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sittidae
Xénero: Sitta
Especie: S. cinnamoventris
Nome binomial
Sitta cinnamoventris
(Blyth, 1842)

Sitta cinnamoventris é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae nativa do subcontinente indio, concretamente de Bután, a India, Nepal e o Tíbet.[2]

Descrición e hábitat editar

 
Espécime macho en Uttarakhand.

O seu hábitat natural son os bosques secos tropicais ou subtropicais, bosques húmidos de terras baixas tropicais ou subtropicais, e bosques de montaña húmidos tropicais ou subtropicais.

Esta especie foi dividida por Rasmussen e Anderton (2005)[3] nas especies S. castanea e S. neglecta.

S. cinnamoventris é un gabeador moi similar aos anteriores pero cun peteiro máis pesado, o píleo e o ventre teñen os mesmos tons. As marcas das ás e da cola contrastan co prateado das puntas das plumas primarias, as cobertoiras inferiores son anegradas e a cola ten grandes manchas brancas baixo ela. A cor branca das cobertoiras do oído non se estende ata o queixo, ao contrario que nas anteriores. A raza almorae do Nepal e S. himalayensis teñen partes inferiores máis claras; a femia da raza koelzi do Himalaia oriental é máis escura que a doutras razas. Vive nos montes Murree nos límites do Uttaranchal, esténdese ata oval de Assam, e Arunachal Pradesh nos outeiros de Lushai.

Taxonomía editar

Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional[2] e Alan P. Peterson,[4] existen catro subespecies:

  • S. c. almorae Kinnear e Whistler, 1930, nas altitudes baixas e oeste do centro do Himalaia;
  • S. c. cinnamoventris Blyth, 1842, nas altitudes máis baixas da cordilleira do Himalaia oriental ata o sur da China e o nordeste de Birmania;
  • S. c. koelzi Vaurie, 1950, no nordeste da India e o oeste de Birmania; e,
  • S. c. tonkinensis Kinnear, 1936, no sur da China e norte de Indochina.

Notas editar

  1. BirdLife International (2012). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 27 de xaneiro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 Sitta cinnamoventris Blyth, 1842 da orde Passeriformes polo Congreso Ornitolóxico Internacional (en inglés).
  3. Rasmussen, PC; Anderton, J (2005). The Birds of South Asia:The Ripley Guide. Smithsonian Institution & Lynx Edicions.
  4. Peterson, Alan P. «Sitta cinnamoventris dos Passeriformes» (en inglés).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar