Edward Blyth

Zoólogo e químico británico

Edward Blyth, nado o 23 de decembro de 1810 en Londres e finado o 27 de decembro de 1873, foi un zoólogo e químico británico coñecido por un dos fundadores da zooloxía da India e precursor da teoría da selección natural.

Infotaula de personaEdward Blyth

Edward Blyth
Biografía
Nacemento23 de decembro de 1810
Londres
Morte27 de decembro de 1873
Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda
Lugar de sepulturacemiterio de Highgate Editar o valor em Wikidata
Cargos
Conservador do Museo da Royal Asiatic Society of Bengal, Calcuta
Datos persoais
País de nacionalidadeBritánica
Coñecido porCatalogue of the Birds of the Asiatic Society (1849)
The natural history of the Cranes (1881)
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor em Wikidata
OcupaciónZoólogo
Membro de
MovementoEvolucionismo
LinguaInglés
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaBlyth Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Edward Blyth nacen en Londres en 1810. Nesa cidade licenciouse en Química En 1841 viaxou á India para ocupar o cargo de consrevador (comisario) do museo da Real Sociedade Asiática Real de Bengala, en Calcuta. Alí actualizou os catálogos do museo.

Como zoólogo especializado en ornitoloxía, en 1849 publicou un Catálogo das aves da Sociedade Asiática (Catalogue of the Birds of the Asiatic Society). O seu traballo no museo impidiulle facer moito traballo de campo, pero recibiu e describiu espécimes de aves que lle remitirosn de A. O. Hume, Samuel Tickell, Robert Swinhoe e outros. Permaneceu como conservador do museo até 1862, cando a súa mala saúde obrigouno a regresar a Inglaterra. A súa Historia natural dos grous (The natural history of the Cranes) publicouse postumamente en 1881.[1][2]

Selección natural editar

Edward Blyth escribiu tres artigos sobre a variación animal, discutindo os efectos da selección artificial, nos que describe o proceso na natureza (máis tarde chamada selección natural), pero entendido como unha especie de restauración dos organismos da natureza ao seu propio arquetipo (en lugar da formación de novas especies). Porén, nunca chegou a utilizar o termo "selección natural". Estes artigos foron publicados entre 1835 e 1837. Charles Darwin recorreu aos seus consellos como experto, e Blyth foi un dos primeiros en recoñecer a importancia da teoría da selección natural de Wallace.

Outros traballos editar

Aínda que Blyth paso a maior parte da súa vida no museo de Calcuta, estaba interesado no estudo das aves na natureza. Antes de ir á India realizou algúns experimentos para comprobar se os ovos do cuco (ou, máis xeralmente, ovos estraños) eran detectados e eliminados polos hospedeiro ao colocar ovos dunha especie nos niños doutras. En 1835 escribiu que encontrara experimentalmente pinzas para quitar un ovo estraño cando se colocaba na súa niñada. Tamén suxiriu a idea de substituír a niñada orixinal por outra, pero cun só ovo estraño e afirmou, baseándose nos seus propios resultados, que os ovos estraños eran descartados, ou que as aves abandonaban o niño.[3][4] Blyth tamén examinou os patróns de cambio de coloración estacional en varios grupos de aves.[5]

Así mesmo, Blyth editou a sección sobre "Mamíferos, Aves e Réptiles" na edición inglesa do Reino Animal de Georges Cuvier publicado en 1840, inserindo moitas observacións, correccións e referencias propias. O seu catálogo de mamíferos e aves de Birmania foi publicado postumamente en 1875.[6][7]

Tamén traballou no campo da herpetoloxía e, entre 1853 e 1863, describiu máis de tres decenas de novas especies de réptiles,[8] e varias novas especies de anfibios.[9]

Epónimos editar

Varios autores dedicáronlle especies a Blyth, como:

Abreviatura editar

A abreviatura Blyth emprégase para recoñecer a Edward Blyth como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. Blyth, Edward (1881). The natural history of the cranes. R. H. Porter. 
  2. "Cranes and Pheasants (with a review of The Natural History of the Cranes)". Saturday Review of Politics, Literature, Science and Art 52 (1342): 81–82. 16 de xullo de 1881. 
  3. Sealy, Spencer G. (2009). "Cuckoos and their fosterers: uncovering details of Edward Blyth's field experiments". Archives of Natural History 36 (1): 129–135. doi:10.3366/E0260954108000685. 
  4. Blyth, Edward (1835). "Observations on the cuckoo". Magazine of Natural History 8: 325–340. 
  5. Blyth, Edward (1837). "On the reconciliation of certain apparent discrepancies observable in the mode in which the seasonal and progressive changes of colour are effected in the fur of mammalians and feathers of birds 300-311". Magazine of Natural History 10. 
  6. Brandon-Jones, Christine (1997): "Edward Blyth, Charles Darwin, and the Animal Trade in Nineteenth-Century India and Britain" Journal of the History of Biology 30 (2): 145–178.
  7. Blyth, Edward (1810–1873), zoologist by Christine Brandon-Jones in Dictionary of National Biography online. Consulado o 28 de outubro de 2018.
  8. The Reptile Database.
  9. Amphibian Species of the World 5.5, an Online Reference.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar