Gustav Hartlaub

Médico e ornitólogo alemán


Carl (ou Karel) Johan Gustav Hartlaub, nado en Bremen o 8 de novembro de 1814 e finado na mesma cidade o 29 de novembro de 1900, foi un médico e zoólogo alemán, especializado en ornitoloxía.[1]

Infotaula de personaGustav Hartlaub

Carl Johan Gustav Hartlaub
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1814
Bremen Editar o valor em Wikidata
Morte29 de novembro de 1900
Bremen
Datos persoais
ResidenciaAlemaña
País de nacionalidadealemá
EducaciónUniversidade de Gotinga
Actividade
Campo de traballomedicina, zooloxía
Lugar de traballo Estado de Bremen Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónornitólogo , médico , zoólogo , explorador Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaHartlaub Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCaroline Stachow Hartlaub
FillosClemens Hartlaub (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Membro da Leopoldina

Traxectoria editar

Gustav Hartlaub naceu en Bremen, e estudou en Bonn e en Berlín antes de graduarse en medicina na Universidade de Gotinga.

En 1840 empezou a coleccionar e estudar aves exóticas, que logo doaría ao Museo de Historia Natural de Bremen.

Describiu algunhas destas especies por primeira vez.

En 1852 fundou unha nova revista científica, o Journal für Ornithologie, xunto con Jean Cabanis.

En 1840 foi admitido como membro número 186 da Société Cuviérienne. Así mesmo, foi membro da Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina.

Algunhas especies descritas por Hartlaub editar

Entre outras especies descibiu as seguintes:

Abreviatura editar

A abreviatura Hartlaub emprégase para recoñecer a Gustav Hartlaub como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Honores editar

Eponimia editar

Algunhas aves fóronlle dedicadas e levan o seu nome, entre elas:

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar