Sitta himalayensis
Sitta himalayensis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Sitta himalayensis (Jardine e Selby, 1835) |
Sitta himalayensis é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae, que vive en Asia.
A súa distribución abrangue as rexións norte e nordeste do subcontinente indio, principalmente nos Himalaias baixos a medios, así como en serras asociadas. Encóntrase en Bután, India, Laos, Birmania, Nepal, Tíbet, Tailandia e o noroeste de Vietnam.[2]
Descrición e ecoloxía
editarEsta especie diferénciase do gabeador de Caxemira (Sitta cashmirensis) por ter a bigoteira máis escura e un peteiro máis pequeno. A cor branca das plumas superiores da cola fano difícil de ver no campo. Ten un peteeiro e partes inferiores laranxa avermelladas con coberteiras claras subcaudais.
Vive na rexión do subhimalaia desde Himachal Pradesh ata Arunachal Pradesh e nos montes do sur de Assam (montes Lushai). Reprodúcese entre marzo e maio en bosques latifolios e mixtos.[3]
O seu hábitat natural son os bosques de terras baixas húmidas subtropicais ou tropicais e os bosques de montaña húmidos tropicais ou subtropicais.
Taxonomía
editarSegundo o Congreso Ornitolóxico Internacional e Alan P. Peterson non se distingue ningunha subespecie dentro desta especie.[2][4] S. victoriae foi historicamente considerada unha subespecie de S. himalayensis, pero despois foi separada como especie propia.[5]
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2012). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 25 de xaneiro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 Sitta himalayensis Jardine & Selby, 1835 da orde Passeriformes polo Congreso Ornitolóxico Internacional (en inglés).
- ↑ Rasmussen, P.C.; Anderton, J.C. (2005). Birds of South Asia. The Ripley Guide. Smithsonian Institution & Lynx Edicions.
- ↑ Peterson, Alan P. «Sitta himalayensis dos Passeriformes» (en inglés).
- ↑ Harrap 1996, p. 126
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sitta himalayensis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Sitta himalayensis |
Bibliografía
editar- Harrap, Simon (1996). Christopher Helm, ed. Tits, Nuthatches and Treecreepers (en inglés). David Quinn (ilustrador). p. 464. ISBN 0-7136-3964-4.
Ligazóns externas
editar- Sitta himalayensis e a súa distribución en Avibase.
- Ficha na UICN (en inglés).
- Sitta himalayensis Jardine & Selby, 1835 Arquivado 25 de setembro de 2015 en Wayback Machine. en Catalogue of Life (en inglés).
- Ficha en Animal Diversity Web (en inglés).
- Ficha do Centro Nacional para a Información Biotecnolóxica (en inglés).
- Sitta himalayensis Jardine & Selby, 1835 en uBio (en inglés).