Sitta solangiae é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae cun característico peteiro amarelo.

Distribución e hábitat editar

Esta especie é nativa de Vietnam, Laos e o sueste da China.[2]

O seu hábitat natural son os bosques húmidos de terras baixas tropicais ou subtropicais e os bosques de montaña húmidos tropicais ou subtropicais. Está amenzado pola destrución do seu hábitat.

Taxonomía editar

O seu nome conmemora a princesa Solange La Rochefoucauld-Estissac, muller de Paul Murat.

Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional[2] e Alan P. Peterson,[3] existen tres subespecies:

  • S. s. solangiae (Delacour e Jabouille, 1930), no norte de Vietnam;
  • S. s. fortior Delacour e Greenway, 1939, no sueste de Laos, centro e sur de Vietnam; e,
  • S. s. chienfengensis Cheng, Ting e Wang, 1964, en Hainan (no sueste da China).

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.