Universidade da Columbia Británica
A Universidade da Columbia Británica (en inglés : University of British Columbia, de aí o acrónimo UBC, en francés : Université de la Colombie-Britannique) é unha universidade pública canadense.
Universidade da Columbia Británica | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia Editar
Fundada en 1908 [1], a UBC é a institución de ensino superior máis antiga da provincia da Columbia Británica .
Estrutura Editar
Campus Editar
A Universidade da Columbia Británica consta de dous campus diferentes: o principal, situado en Vancouver (en inglés: University of British Columbia, Vancouver - UBCV ) e o secundario (en inglés: University of British Columbia, Okanagan - UBCO ) situado en Kelowna. O campus está situado aproximadamente a dez quilómetros ao oeste do centro de Vancouver, ao que está conectado por unha extensa rede de transporte público.
Colexios Editar
Hai dous colexios universitarios no campus de Vancouver, Green College e St. John's College.
TRIUMF Editar
A súa parte sur alberga TRIUMF, o Laboratorio Nacional de Física de Partículas e Física Nuclear de Canadá. TRIUMF é o fogar do ciclotrón máis grande do mundo [2], tamén usado para a produción de isótopos con fins médicos.
Bibliotecas Editar
O sistema de bibliotecas da universidade é unha das maiores coleccións do Canadá, aloxada en vinte e unha bibliotecas e salas de lectura[3].
Outros edificios Editar
Outras instalacións importantes da universidade son o teatro Chan Center for the Performing Arts, o Xardín Botánico da UBC e o Museo de Antropoloxía da Universidade da Columbia Británica.
Comunicacións Editar
A universidade publica o semanario The Ubyssey [4], fundado en 1918 e editado por estudantes; tamén conta cunha emisora de radio, CITR-FM, activa desde 1937[5].
Notas Editar
- ↑ "Early Days of UBC Mirrored Province’s Boom and Bust Cycles" (en inglés). 2008-06-05. Consultado o 24 de abril de 2022.
- ↑ "TRIUMF Backgrounder". www.triumf.ca/home/about-triumf/about-us/faq-about-triumf (en inglés). Consultado o 24-4-2022.
- ↑ "About-us ; overview". collections.library.ubc.ca (en inglés).
- ↑ "about". www.ubyssey.ca. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2020. Consultado o 24 de abril de 2022.
- ↑ "Icecast Streaming Media Server". www.citr.ca. Consultado o 2022-04-24.
Véxase tamén Editar
- Museo de Antropoloxía da Universidade da Columbia Británica
- Green College, Universidade da Columbia Británica
- Universidades no Canadá
- Columbia Británica
Outros proxectos Editar
- Wikimedia Commons contén imaxes e outros arquivos sobre a Universidade da Columbia Britannica