Sitta frontalis

especia de ave paseriforme

Sitta frontalis é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae, os gabeadores. Distribúese ao longo do sur de Asia por Paquistán, a India e Sri Lanka e cara ao leste e sur da China e Indonesia.[2][3][4][5][6]

Descrición e hábitat

editar
 

É unha especie que vive en todo tipo de bosques da súa área, aínda que o bosque de folla perenne aberto é o seu hábitat óptimo.

Ten a capacidade, igual que outros gabeadores, de gabear polas árbores, incluso descendendo cabeza abaixo, a diferenza dos petos que só pode escalalos. Aliméntase activamente de insectos e arañas, e pode encontrarse alimentándose en bandadas con outros paseriformes.

A especie é un típico gabeador de cor azul con cabeza grande, cola curta e bico e pés prominentes. Chega a medir 12,5 cm de longo e é de cor azul violáceo nas partes superiores, con cara de cor lavanda, partes inferiores de cor beige e unha gorxa abrancazada. O bico é de cor vermella moi distintivo, único caso desa cor na familia, e ten unha mancha negra na fronte.

O macho ten unha lista superciliar negra, pero as femias carecen dela e teñen unha cor máis cálida na rexión inferior. Os xoves son versións máis apagadas do adulto. Hai catro variacións diferentes de sombreado das partes inferiores e a extensión do branco na gorxa tamén varía.

Os niños están en buratos ou gretas de árbores, forrados de musgo, pelame e plumas ou herbas. Ocasionalmente, este gabeador necesita agrandar o burato, pero se o burato é moi grande pode reducir o tamaño da súa entrada construíndo unha parede de barro. A femia pon de tres a seis ovos brancos, salferidos de vermello.

É un paxaro ruidoso, xa que a súa chamada consta dun repetido «sit-sit-sit».

Taxonomía

editar

Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional[2] e Alan P. Peterson,[7] existen cinco subespecies:

  • S. f. frontalis Swainson, 1820, no centro do Himalaia e da India e Indochina;
  • S. f. saturatior Hartert, 1902, na península de Malaca, norte de Sumatra e illas conexas;
  • S. f. corallipes (Sharpe, 1888), en Borneo;
  • S. f. palawana Hartert, 1905, en Palawan (Filipinas occidental); e,
  • S. f. velata Temminck, 1821, no sur de Sumatra e Xava.
  1. BirdLife International (2012). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.3 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de xaneiro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 Sitta frontalis Swainson, 1820 da orde Passeriformes polo Congreso Ornitolóxico Internacional (en inglés).
  3. J, Praveen (17 de novembro 2015). "A checklist of birds of Kerala, India". Journal of Threatened Taxa 7 (13): 7983–8009. doi:10.11609/JoTT.2001.7.13.7983-8009. 
  4. "eBird India- Kerala". eBird.org. Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 2017-10-01. 
  5. K. K., Neelakantan (2017). Keralathile Pakshikal (Birds of Kerala) (5 ed.). Kerala Sahitya Akademi. p. 511. ISBN 978-81-7690-251-9. 
  6. Grimmett, Richard; Inskipp, Tim; P.O., Nameer (2007). Birds of Southern India [Thekke Indiayile Pakshikal (Malayalam version)]. Mumbai: BNHS. 
  7. Peterson, Alan P. «Sitta frontalis dos Passeriformes» (en inglés).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar