Karl Michahelles
Karl Georg Christian Wilhelm Michahelles, nado o 5 de maio de 1807 en Núremberg, e finado o 15 de agosto de 1834 en Nauplia, Grecia, foi un médico e zoólogo alemán, especializado en ornitoloxía e herpetoloxía.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1807 ![]() Núremberg, Alemaña ![]() |
Morte | 1834 ![]() Náuplia, Grecia (pt) ![]() ![]() |
Educación | Universidade de Múnic ![]() |
Actividade | |
Ocupación | ornitólogo, médico, coleccionista de animais, zoólogo, herpetólogo ![]() |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Michahelles ![]() |
Traxectoria
editarDesde 1827 estudou medicina na Universidade de Múnic, onde coñeceu ao naturalista Lorenz Oken.
En 1831 recibiu o seu doutoramento en Medicina e Cirurxía coa tese "Das Malo Di Scarlievo in Historischer Und Pathologischer Hinsicht".[1]
Michahelles viaxou moito a Dalmacia, Iliria e Croacia e contribuíu de forma moi importante ao coñecemento da fauna aviaria destas rexións.
Entre as especies mediterráneas que identificou, pódense citar a Sitta neumayer, especie de paseriforme da familia dos sítidos[2] e o urodelo Pleurodeles waltl, da familia dos salamándridos.[3]
Faleceu a causa dunha disentería, á idade de 27 anos, en Nauplia, Grecia, cidade onde practicou a medicina e estudou a vida salvaxe.[1]
Algunhas publicacións
editarEspecie dedicada
editarUnha especie de gaivota, Larus michahellis foille dedicada en 1840 por Johann Friedrich Naumann.[6]
Abreviatura
editarA abreviatura Michaelles emprégase para recoñecer a Karl Michahelles como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Saecular-Feier der Naturhistorischen Gesellschaft in Nürnberg 1801-1901 Google Books by Naturhistorische Gesellschaft Nürnberg.
- ↑ GBIF Sitta neumayer Michahelles, 1830.
- ↑ GBIF Pleurodeles waltl Michahelles, 1830.
- ↑ Bibliotheca historico-naturalis: Verzeichniss der Bücher ... por Wilhelm Engelmann.
- ↑ Bibliotheca historico-naturalis: Verzeichniss der Bücher ... por Wilhelm Engelmann.
- ↑ Larus michaellis en oiseaux-birds.com (en francés), (en inglés).