Alphonse Milne-Edwards
Alphonse Milne-Edwards, nado o 13 de outubro de 1835 en París, e finado o 21 de abril de 1900 na mesma cidade, foi un médico, naturalista, botánico, zoólogo (especializado en ornitoloxía e en carcinoloxía) e paleontólogo francés. Era fillo do tamén médico e zoólogo Henri Milne Edwards.
Traxectoria
editarObtivo o doutoramento en medicina en 1859, en en 1865 foi profesor na Escola de Farmacia en 1865.
Publicou numerosas obras en ornitoloxía, entre as que cómpre destacar Recherches anatomiques et paléontologiques pour servir à l'histoire des oiseaux fossiles de la France (en catro volumes, 1867-1872) e Recherches sur la faune ornithologique éteinte des îles Mascareignes et de Madagascar (1866-1874).
Tamén realizou investigacións sobre os mamíferos de Madagascar e da Asia Central.
A. Milne-Edwards foi profesor de ornitoloxía e mastozooloxía no Museo Nacional de Historia Natural de Francia desde 1876, do que foi director desde 1891.
Foi elixido membro da Academia de Ciencias de Francia en 1879. Foi tamén membro do consello de administración da Société Nationale d'Acclimatation de France de 1873 a 1900, ano do seu falecemento.
En 1881 dirixiu unha misión de exploración cienífica no golfo de Biscaia. Máis tarde esta estenderíase ás illas Canarias, ás de Cabo Verde e ás Azores. Este traballo foi recompensado coa medalla de ouro da Royal Geographical Society. En 1876 foi nomeado membro estranxeiro da Zoological Society of London.
Alphonse Milne-Edwards recibiu fondos do goberno francés para organizar o Primeiro Congreso Internacional de Zooloxía en 1889, no momento da Exposición Universal de París de 1889. Para a organización deste evento foi nomeado presidente da Société zoologique de France.
Sucedeu ao seu pai Henri Milne Edwards na cadeira de vertebrados do Museo cando seu pai se xubilou.
Principais obras
editar- Histoire naturelle des animaux. Masson, París 1897
- Notice sur quelques espèces d'oiseaux actuellement éteintes qui se trouvent représentées dans les collections du Muséum d'Histoire naturelle. París 1893
- Crustacés. Gauthier-Villars, París 1891
- Expéditions scientifiques du Travailleur et du Talisman pendant les années 1880, 1881, 1882, 1883. Masson, París 1888–1906
- Eléments de l'Histoire naturelle des Animaux. Masson, París 1882
- Notice sur les travaux scientifiques. Martinet, París 1879
- Recherches pour servir à l'histoire naturelle des mammifères. Masson, París 1868–74
- Recherches anatomiques et paléontologiques pour servir à l'histoire des oiseaux fossiles de la France. Massons, París 1867–71
- Recherches sur la faune ornithologique éteinte des iles Mascareignes et de Madagascar. Masson, París 1866–73
- Recherches anatomiques, zoologiques et paléontologiques sur la famille des Chevrotains. Martinet, París 1864
- Monographie des crustacés de la famille cancériens. Annales des sciences naturelles, zoologie, Series 4, 18 (1862) : 31-85 ; 20 (1863) : 273-324 ; Séries 5, 1 (1864) : 31-88 ; 3 (1865) : 297-351. 1862-1865
- Histoire des crustacés podophthalmaires fossiles. Annales des Sciences Naturelles, Séries 4, Zoologie, 14 : 129-294, pls. 1-10. 1860
- Rapport sur la production et l'emploi du sel en Angleterre... París 1850
Recoñecementos
editarEntre outros, recibiu os seguintes recoñecementos:
- Medalla de ouro da Royal Geographical Society.
- Membro da Zoological Society of London.
- Comendador da Lexión de Honor francesa.[1]
Abreviaturas
editar- A breviatura A. Milne-Edwards emprégase para recoñecer a Alphonse Milne-Edwards como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
- A abreviatura Milne-Edw. emprégase para recoñecer a Alphonse Milne-Edwards como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
Notas
editar- ↑ Condecoracíón mencionada na súa acta de ddefunción Arquivado 12 de maio de 2016 en Wayback Machine., consultada no sitio dos archives de Paris Arquivado 03 de xuño de 2016 en Wayback Machine..
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alphonse Milne-Edwards |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Alphonse Milne-Edwards |