William Robert Ogilvie-Grant

ornitólogo escocés

William Robert Ogilvie-Grant, nado o 25 de marzo de 1863 en Easter Elchies, Moray, Escocia, e finado o 26 de xullo de 1924 en Farley Cottage, Reading, Inglaterra, foi un ornitólogo escocés.

Infotaula de personaWilliam Robert Ogilvie-Grant
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1863
Easter Elchies, Moray, Escocia
Morte26 de xullo de 1924
Farley Cottage, Reading, Inglaterra
Datos persoais
ResidenciaLondres Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadebritánica
Formación profesionalAnatomía, Zooloxía
EducaciónFettes College, Edimburgo
Actividade
Ocupaciónornitólogo
EmpregadorMuseo de Historia Natural de Londres, assistant curator (en) Traducir (1913–1916)
Museo de Historia Natural de Londres, axudante (1882–1913) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
1895Salvage Islands Expedition 1895 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaOgilvie-Grant Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaud Louisa Pechell (en) Traducir (1890–) Editar o valor em Wikidata
FillosEleanora Ogilvy-Grant (en) Traducir, Alison Jean Ogilvy-Grant (en) Traducir, Marjorie Elspeth Ogilvy-Grant (en) Traducir, Mark Ogilvie-Grant (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGeorge Ogilvy-Grant (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Eleanora Gordon-Cumming (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webbritishbirds.co.uk… Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

William Robert Ogilvie-Grant foi o segundo fillo do capitán dos 42 Highlanders George Henry Essex Ogilvie-Grant, de Easter Elchies, Craigellachie, Escocia, que, á súa vez, fora o sexto fillo de Francis Ogilvy-Grant, sexto conde de Seafield.[1]

Fixo os seus primeiros estudos na Escola Preparatoria Cargilfield, e despois pasou ao Fettes College, en Edimburgo, onde estudou Zooloxía e Anatomía.

Labor científica editar

En 1882 foi asistente do Museo de Historia Natural de Londres. Alí estudou ictioloxía baixo a supervisión de Albert Günther.

En 1885 foi nomeado temporalmente xefe da sección ornitolóxica durante a viaxe de Richard Bowdler Sharpe á India. Despois permaneceu nese departamento, no que chegou a ser conservador de aves entre 1909 e 1918.

Ogilvie-Grant sucedeu a Bowdler Sharpe como editor do Bulletin of the British Ornithologists' Club, posto que ocupou desde 1904 até 1914.

Ogilvie-Grant realizou moitas viaxes para recolectar espécimes, especialmente a Socotra, Madeira e Canarias.

Vida persoal editar

Ogilvie-Grant casou con Maud Louisa Pechell, filla do almirante Mark Robert Pechell. A parella tivo un fillo e tres fillas. O seu fillo, Mark Ogilvie-Grant, foi diplomático e botánico. A súa filla máis vella, Eleanora (1892-1956), foi a avoa materna de Jane Beuttler, esposa do político Alan Clark.[1][2]

Obras editar

  • The Expedition to Sokotra. IV Descriptions of three new species of butterflies – Liverpool: Bulletin of the Liverpool Museums, 1899.
  • Arthropoda. Insecta: Lepidoptera - I. Rhopalocera. In: HO Forbes: Natural history of Sokotra and Abd-el-Kuri: Being the report upon the results of the conjoint expedition to these islands in 1898-9, by Mr. W.R. Ogilvie-Grant, of the British Museum, and Dr. H.O. Forbes, of the Liverpool Museums, together with information from other available sources. Forming a monogragh of the islands – Liverpool: Bulletin of the Liverpool Museums, 1903.
  • Exhibition and description of a new subspecies of Grosbeak, Rhynchostruthus percivali yemenensis, from the mountains of S. Yemen – Bulletin of the British Ornithologists' Club, 1913.
  • Report of a new race of Palm Dove – Bulletin of the British Ornithologists' Club, 1914.

Epónimos editar

Na honra de Ogilvie-Grant déuselle o nome científico Hemidactylus granti a unha especie de xecónido endémica de Socotra.[3]

Abreviatura editar

A abreviatura Ogilvie-Grant emprégase para recoñecer a William Robert Ogilvie-Grant como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Debrett's Peerage and Baronetage, 146th edition, ed. Charles Kidd, David Williamson, Debrett's Peerage Ltd, 2000, p. 1494.
  2. Burke's Peerage, Baronetage and Knightage, 107th edition, 2003, vol. 3, p. 3551
  3. Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Grant, W. R. O.", p. 106).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Mullens, William Herbert & Harry K. Swann (1923): A Bibliography of British Ornithology. Cornell University. Wheldon & Wesley.